Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Visitamos o Salón do Libro e participamos nun taller de amuletos

O pasado venres fixemos a Visita ao Salón do Libro no Pazo da Cultura de Pontevedra xunto cos nenos de 1º curso e Infantil.

Ao chegar alí separáronnos en dous grupos. A nós tocounos participar nun taller de amuletos co alumnado tamén de sexto do colexio de Campañó.

Dentro da sala unha mestra , despois de falar sobre as superticións en Galicia, tíñanos preparados materiais cos que poder elaborar os nosos propios amuletos para protexernos ou darnos máis sorte sobre o que nós quixesemos.

Ao final , algúns deles quedaron así de chulos. Por detrás tiñan o seu nome e a explicación, como por exemplo :

- protexer da mala sorte que lle daba o número sete,

- protexer dos medos da escuridade e o silencio,

- dar sorte nos exames e poder así sacar un 10!

- ou para ter sorte e marcar goles nos partidos.

Ao salir dalí unha guía levounos ata as salas acompañados por Orbil, onde nos foi explicando as diferentes partes e vemos os traballos dos demais colexios participantes.

E ,por suposto, alí tamén estaba o traballo do noso colexio. Xa que estabamos cos tenos de Campañó, explicámoslles en que consistía o taboleiro, e o traballo que fixeramos sobre as accións asociadas á boa ou mala sorte.

Coma o  ano pasado, a visita fíxesonos curta e quedamos sen tempo para disfrutar o que nós queriamos de todos os libros que teñen alí relacionados coa mala sorte e máis. Pero para iso podemos ir calquera día pola tarde durante todo este mes.

Xa de regreso, na entrada do Pazo, fixemos a foto de grupo con todos os demais.

Antes de regresar ao colexio, demos un paseo pola Illa das Esculturas ata o novo parque da Xunqueira para alí merendar e xogar.

De recollida, antes de subir ao autobús.

Que pronto chegue a próxima saída!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.