Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

O ENTROIDO NO COLEXIO

 

Este ano celebramos o Entroido con moita alegría e botando unha ollada ó ESPACIO, que foi o tema escollido polo centro.

O  ESPACIO foi o proxecto que estiveron levando a cabo as aulas de infantil do centro durante o 1º trimestre e parte do segundo.

Cada ciclo escolleu deste tema o motivo do seu disfraz, tanto foi así que ata tivemos extraterrestres...

A galiña Azul veu a acompañarnos neste día de festa e tamén os nenos e nenas de E.E.I. de Cerdeiras cunha lúas, estrelas e planetas ben bonitas:

E.E.I ían de ASTRONAUTAS con todo luxo de detalles: 

Logo os nenos e nenas de 1º ciclo que ían de soles e estrelas:

 

Os de 2º ciclo ían das fases da lúa:

3º ciclo ían de extraterrestres foron acompañados por unha espontánea que tamén se uneu á festa.

Logo do desfile polo patio fomos ó pavillón a darlle un pouco de saleiro ó corpo bailando unha "piecitas".

 

E para finalizar, fomos a comer os productos que temos neste tempo de entroido :filloas, orellas,e todo o dulce que se poida comer e nos apeteza.Mirade cómo comíamos é que todo estaba ben rico!.

Os nenos e nenas de infantil tiveron a súa propia degustación, mirade que pinta tiña todo.....

 

 

E para o ano que ven, máis e mellor. 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.