Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Traballando para o Salón do Libro

Un ano máis estivemos a preparar o noso traballo de cara o Salón do Libro deste ano.

 O título é 12+1 e vai de todas esas supersticións que se asocian coa boa ou a mala sorte. (Se queredes saber máis entrade aquí na Web do Salón do Libro 2012)

No colexio participamos os da nosa clase xunto cos nenos e nenas de Infantil e primeiro e a unitaria de Cerdeiras.

Decidimos facer un taboleiro semellante ao do xogo da Oca pero no cal as diferentes casillas serían imaxes das diferentes cousas que se asocian coa boa ou mala sorte. En lugar de ocas habería tréboles, gatos negros, espellos rotos,...

Repartímolas casillas en 5 temas: animais (casillas laranxas), amuletos(de cor violeta), obxectos ( vermellas), números(azuis) e accións ( casillas de cor amarelo). Esta última foi o tema que escollemos os de sexto.

Xa polo mes de novembro recolleramos nunha ficha todas aquelas cousas que se asociaban coa sorte, e tamén preguntaramos nas casas cales delas se facían ou evitaban. Démonos conta de que había máis das que pensabamos nun principio.

Delas escollemos as que implicaban unha acción, e así no noso traballo investigamos sobre as consecuencias positivas ou negativas de facer cada unha das seguintes accións:

-"cruzar os dedos"  e "non pisar as liñas do chan"

-"pisar caca" e " entrar co pé dereito"

-"frotar algo no ventre dunha embarazada" e "derramar o sal"

 

 -"santiguarse" e "bostezar sen poñer a man"

-"abrir o paraugas baixo teito" e "durmir cos calcetíns"

- "pasar baixo unha escaleira" e "tocar madeira"

- e a acción 12+1 que foi "durmir co pixama do revés"

 

 

Nunhas fichas recollemos a nosa acción, a teoría que  explica o por que se di que da boa ou mala sorte, o rexistro do que lle pasou a cada un dos 12+1 nenos da clase, as porcentaxes de casos de boa, mala ou nada, e a conclusión final xunto cun refrán inventado para esa acción.

 

Os resultados plasmámolos en diagramas de sectores e gráficas de barras aproveitando así para traballar dous dos temas de matemáticas: Azar, Probabilidade e Estadística.

Ao final o traballo conxunto quedou así

O próximo venres 9 de marzo temos a saída a Pontevedra para participar nas actividades que organizan para os centros escolares e así tamén ver alí o noso traballo xunto cos dos demais centros participantes.

Como non temos as fotos do resultado final, durante a visita farémoslle as fotos para que o podades ver tamén na web do centro.

Ata entón!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.