(2011-2012) Que ben o pasamos no Samaín!!
Como xa tiñamos marcado no calendario, cunha cabaciña pequena, o día 28 iamos ter a festa do Samaín no colexio.
Convertímonos en monstruos pintando sobre unha fotografía de cada un.
Damos medo verdade?
Tamén fixemos a nosa cabaza na clase
Gardamos as pepitas nun vaso para poder plantalas logo
E puxémola onda o resto de cabazas que trouxemos da casa.
Como había que ter moito coidado de non tiralas, porque romperían, algún tivo a idea de marcar no chan a liña da que non podiamos pasar para miralas.
Cando chegou o día que tiñamos marcados no calendario, os que quixemos vimos disfrazados da casa, e no cole pintámonos caras terroríficas.
Non teñades medo, que somos nos.
Participamos na votación entre as cabazas de tódolos compañeiros e compañeiras do colexio, alí estaban tamén as nosas.
Deixamos o noso voto na caixa.
Cantamos no escenario a canción das "tumbas"
E ata nos deron algún premio e diplomas ás cabazas.
Se queres ver máis do que había no colexio na festa do Samaín podes facelo nesta ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/734