Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2011-2012) Dora Lectora pídenos axuda

A semana pasada, recibimos unha carta de Dora Lectora, a mascota da biblioteca, pedíndonos axuda para cambiar de "look".

Ao principio algún que outro pensabamos que quería cambiar de biblioteca, pero non qué va! o que quería era que a axudásemos a cambiar a súa apariencia e poñela moi moi guapa.

Así que entre todos fixemos unha carta de resposta, decidindo qué dicirlle

Pensamos entre todos qué podería necesitar Dora para estar moi guapa, sombreiros, colares, roupa, tacóns, bolsos,...... e nos puxemos mans á obra.

 Así é como quedaron as nosas propostas. Esperamos que lle gusten moito.

 

Ademáis volveunos a escribir noutra ocasión avisándonos de que algo ía suceder nuns días na biblioteca. E como ese día tiñamos que subir á aula de informática, xa vimos que había un panel con moita información e nos fumos a descifrar a mensaxe entre todos.

Parece que este martes van acontecer cousas moi misteriosas...estamos desexando que chegue!!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.