(2010-2011) Preparamos o noso traballo para o Salón do Libro 2011
Este ano o "Salóndo Libro" ten como tema "A mentira" e entre varios cursos do colexio fixemos o emperador do conto "Otraxe novo do Emperador", así foi o fixemos:
Para lembrarnos como era, e ensinarllo ós novos compañeiros/as da aula, recorrimos o colexio buscando os nosos "traballos" de cursos anteriores, estabamos buscando "os libros que fixeramos":
O do IGLÚ.
O do MAR.
E no andar superior, na biblioteca...
O edificio da CIDADE
E o noso libro de PEIXE.
Xa na aula, coñemos o conto co que iamos traballar xunto co resto dos compañeiros do colexio. "O novo traxe do emperador".
Lémolo, contámolo e ata o miramos nunha película de debuxos animados (que podes atopar aquí)
Fomos a ver como levaban o traballo os nosos compañeiros de primaria... aínda lle faltaba á cabeza do Emperador.
Como estivemos a xogar coas rimas, decidimos escribir unha versión do conto "rimado" (podes ver o conto xa rematado aquí)
Cada quen debuxou o que contaba a súa rima, que se correspondía cunha parte do conto, que por certo "reinventamos un pouquiño".
Logo chegou o momento de escribir o texto que se correspondía a cada debuxo.
Decidimos poñer cada un dos dous versos da rima dunha cor, verde e azul.
Tamén tivemos que facer a portada, onde tivemos qeu escribir o título.
E tamén escribir os nosos nomes, porque nos eramos os autores do conto.
Cando xa o tiñamos rematado, revisamos que todo estivese correcto.
Co noso libro xa feito, xuntámonos outro día cos compañeiros e compañeiras da aula do lado, para facer a nosa parte do Emperador:
Un calzoncillo cheo de corazóns:
Unha coroa decorada.
E unha banda onde escribimos "EMPERADOR GUAPO".
Así quedaron unha vez rematados, pero antes de irllos poñer ó emperador xogamos un pouco a ser "emperadores" con eles.
Fómolos levar para que llos puxeran ó emperador.
E visitamos ó Emperador Xa rematado, ata ANXO era máis alto ca el. Estaba moi simpático cos calzóns de corazóns que lle fixeramos.
Así quedou todo "elegante" co seu traxe imaxinario o noso Emperador.
Nos petos da súa capa "transparente" puxemos os libros feitos polos cursos que participaron na súa elaboración (E.I.1 EI2, 4º, 5º e 6º, xunto cos compañeiros/as da E.E.I. Cerdeiras)
Podes ver onde está o noso libro?
Como xa vos comentamos, no calendario novo do 2011, tiñamos marcado o día 21, porque ese día ían levar o noso libro (xunto co emperador) e o do resto dos compañeiros/as a Pontevedra.
Cando chegou o día, preparamos o noso libro, puxémolo na capa do emperador e...
Todos xuntos fomos a despedilo.
Xa o veremos cando vaiamos a visitar a exposición e a participar nas actividades do Salón do Libro no mes de febreiro. Xa vos contaremos todo o que pase cando vaiamos.
Se ides visitar o Salón do Libro, non esquezades ver o noso libro que está na capa do Emperador, a ver que vos parece.
Máis información sobre as actividades e exposición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra nesta ligazón: