Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) VIII EDICIÓN DE LECTURAS NA CARBALLEIRA

Un curso máis, e xa van alá 8, celebramos una nova edición das nosas " LECTURAS NA CARBALLEIRA "E, desta vez, tivemos un invitado de honor, unha figura destacada na nosa terra, unha persoa entrañable, e un gran artista. Estamos falando dunha persoa que seguramente nos vén á memoria cando tarareamos ou escoitamos " AÍ VÉN O MAIO "... SÍ, estamos falando de LUIS EMILIO BATALLÁN, quen, de maneira totalmente altruísta nos ofreceu un pequeno concerto acompañado do alumnado do centro.

Pero antes do concerto, tivemos un pequeno ensaio...

E, unha vez ensaiado, alá fomos...

Un millón de grazas pola túa colaboración nesta celebración para toda a comunidade educativa.

Pero esto non foi todo...ademais o alumnado de Educación Infantil nos mostrou unha liña de vida da autora homenaxeada: LUÍSA VILLALTA.

Tamén o alumnado de 5º e 6º participou neste evento cunha interpretación dun anaquiño da súa obra...

E, para rematar, unha contacontos do máis divertido...BEA CAMPOS...

Entregamos o premio a Julia ( E.I ) por ser a gañadora do concurso de carteis. Este é o cartel co que difundimos a edición deste curso...

E, como cada ano, realizamos doazón de libros. Un éxito para familias e xente do pobo que se achegou a facernos compañía e, de paso levar algún que outro libriño para a casa...

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS AQUELES/AS QUE VOS ACHEGASTES Á CARBALLEIRA PARA COMPARTIR CON NÓS UN ANQUIÑO DE CULTURA EN GALEGO!!!!!

ATA A PRÓXIMA

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.