Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) No mes de abril, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de abril, en INFANTIL 2, sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

   

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado/a continuou a ser o/a responsable de completar o calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

   

Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores",  organizados pola Biblioteca do centro. Cada semana os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º veñen a lernos contos.

    

Participamos nunha sesión de contacontos titulada "Todos e todas contamos", dentro do proxecto de inclusión "IGUAL-ARTE" de "Afundación". Así como nun obradoiro de "chapas", xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.

       

Continuamos a reciclar o noso lixo,  e a contribuír cos restos da nosa merenda, no composteiro do colexio.

        

Seguimos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

    

Continuamos a coidar as cebolas que temos plantadas no invernadoiro, que continúan a medrar cada día. Xa están enormes!

       

Cada venres participamos no préstamo de libros para casa,  empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil. 

      

Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

    

Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas. Comezamos a segunda volta, posto que todos e todas xa a leváramos para casa.

    

Asistimos a una función de "monicreques" en Pontevedra, no auditorio de "Afundación", titulada o "Pingüín". Estivo fantástica.

       

Despedímonos da nosa compañeira YARA que marcha para outro colexio. Desexámoslle que lle vaia xenial no seu novo cole.

   

No mes de maio, remataremos o "álbum dos peixes" e continuaremos coa creación do vídeo noso proxecto de investigación sobre os peixes, e o dosier da investigación; así como moitas outras aventuras que de seguro sucederán na nosa aula.

  

  

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.