Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) VISITA AO CENTRO DE ESTANCIA

A interacción con nenos/as  mellora o benestar das persoas maiores. Axúdanlle a recordar a súa infancia, e provocan un efecto positivo no seu estado de ánimo e nas súas emocións.

Dentro do programa de Voluntariado na biblioteca escolar, o alumnado de 5º e 6º achegouse ao Centro de estancia de Campo Lameiro para pasar un ratiño cos nosos maiores. Preparámoslles unhas lecturas que escoitaron con moitísima atención...

Tamén houboo tempo para que eles se presentaran e nos contaran contos, anécdotas, historias...

Pero tamén houbo tempo para facer exercicio físico...

Co profe Paulo, preparamos xogos populares con material de refugallo ( ese material regalámosllo para que quedara no centro) e aí os tendes, xogando coma rapaces/as pequenos/as...

E, para rematar a nosa visita nos obsequiaron con bombóns!!!!!!!

VOLTAREMOS!!!!! Foi unha experiencia para repetir...

Moitas grazas a todos/as!!!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.