Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Libros en cada recuncho do cole

Por fin chegou a semana do libro! Xa sabedes que no noso cole somos moi de ler, por iso o noso obxectivo esta semana era claro: Quixemos encher o colexio de contos ata a última esquina!

Esta tarefa comezou o luns, có alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria acudindo ao Salón do Libro. Como xa sabedes as persoas que visitades habitualmente esta páxina, participamos cos nosos propios contos e estivemos moi implicados en todo o relacionado con este evento. Se queredes saber máis sobre esta visita, podedes velo aquí.

O martes, o alumnado de 1º e 2º coa axuda das profes Marta e Zaira, grabaron un audioconto que moi pronto teremos dispoñible e que compartiremos aquí na páxina do cole.

O mércores, os libros fixeron unha viaxe ao patio da escola. En diferentes puntos do mesmo, habilitáronse espazos lectores, onde todos os nenos e nenas pasaron para revisar os novos libros da nosa biblioteca, pero tamén para disfrutar dun momento de calma cun libro na man.

Sen duda imos a ter que repetilo pronto, porque a todos pareceu encantarlles a nosa bibliopatio!

Pero as sorpresas non remataron aquí, cando estivemos de volta dentro do cole, agardaban dous contacontos moi especiais a mans dos propios mestres e mestras do cole.

Como podedes ver nas fotos, foi unha experiencia xenial tanto para os alumnos e alumnas, como para o profesorado. Todos e todas o pasamos xenial grazas a lectura!

E xa o xoves, chegou o momento dos apadriñamentos lectores... pero nesta ocasión demoslle un pequeno xiro. Esta vez, os "pequenos" do cole apadrinaron aos "maiores", pero nesta ocasión o sorteo foi algo distinto. Aproveitando o noso Memory xigante de emocións, temática a traballar este curso no noso proxecto de biblioteca, emparellamos as distintas emocións para saber quen apadriñaría a quen para esta actividade.

E así, con cada ovella coa sua parella, os máis pequenos arrancaron a ler para contar aos seus compañeiros e compañeiras algunhas das suas historias e contos favoritos.

Igual que no cole, animamos a todos e todas a que a semana do libro sexa unha realidade tamén nas casas, ensinando a nenos e nenas a disfrutar e divertirse coa lectura!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.