Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) O marabilloso mundo animal

Este terceiro trimestre deu para moito. Ademais do gran traballo dos ecosistemas, en ciencias naturais estivemos descubrindo as marabillas do mundo animal. Nesta ocasión decidimos investigar sobre os animais vertebrados. Por grupos, tiveron que escoller un animal da clasificación, buscar información e crear unha infografía sobre as súas características. Así, os animais escollidos foron o axolote, o diaño espiñoso, a cacatúa de moño amarelo, o peixe espada e o mono ardilla.

O primerio era buscar información relacionada ca súa alimentación, reprodución, hábitat, aspecto físico e seleccionar as imaxes para pegar.

Despois de moito traballar, tocaba expoñer o seu traballo ao resto da clase. Tiñan que levalo moi ben preparado porque podía haber preguntas!!!

Xa son todos uns expertos no mundo animal!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.