Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Hai cousas de mulleres e cousas de homes?

Pensades que hai cousas de mulleres e cousas de homes?

Esta semana, nun debate sobre identidade e roles de xénero, demos con esta pregunta.

Tomando como exemplo a roupa, vemos que antigamente o pantalón se asociaba aos homes e unha muller non podía vestilo. Imaxinádesvos o escándalo que provocaron as primeiras mulleres que decidiron vestir pantalón nos anos 30?

Afortunadamente, a día de hoxe isto témolo superado. E hoxe as mulleres somos quen de vestir pantalón se nos apetece. Temos a LIBERDADE de elixir.

Pero, somos libres realmente? Somos libres de ser nós mesmos? Podemos expresarnos libremente sexamos como sexamos? E se somos diferentes? É mais difícil ser un mesmo cando es diferente ao resto?

Aproveitando que o noso proxecto este ano é "Ser diferente é un efecto secundario de ser incrible" decidimos facer un experimento sociolóxico: uns valentes nenos de 5º e 6º decidiron vir vestidos con saia ao colexio e observar as reaccións que provocaban.

Houbo reaccións positivas e negativas. E deunos pena comprobar como eran xulgados. Comprobamos que as persoas, a día de hoxe, non somos libres de expresar quen somos cando somos diferentes. E concordamos en que aínda hai moito por facer en materia de coeducación.

Pero quedamos satisfeitos de remover conciencias, xerar reflexións, e (esperamos) novas apendizaxes.

Ogallá que con xestos coma estes contribuamos a ser cada vez máis tolerantes, respectuosos, empáticos e amables coa diversidade.

Grazas Lucas Fentanes, Lucas Gómez e David Valiño pola vosa iniciativa!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.