(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos fresas no invernadoiro
Despois da primeira recolleita do noso invernadoiro, chegou o momento de plantar fresas.
Os compañeiros e compañeiras de todo o colexio foron plantando as súas en testos.
Agora tan só teremos que coidalas e observar como van medrando.
Podes atopar máis imaxes neste álbum dispoñible na galería fotográfica:
(2020-2021) ÁLBUM DA GALERÍA: Plantamos fresas
Lembra que no blogue da biblioteca están publicadas diferentes entradas sobre o noso traballo co invernadoiro, dentro do proxecto de centro ECO-BIO-SAN 2.0.