Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2017-2018) Preparamos e participamos no Festival de Nadal cunhas actuacións.

Unha das datas sinaladas que tiñamos marcadas nos nosos calendarios online era a participación no Festival de Nadal.

Un día actuaríamos diante dos nosos compañeiros e compañeiras é, ó día seguinte, diante das nosas familias.

Durante varias semanas fomos ensaiando as nosas actuacións. Tanto o baile que farían os de 3 e 4 anos titulado "Na casa da miña avoa"

 

Como a obra de teatro dos compañeiros e compañeiras de 5 anos, titulada "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza... na noite de Nadal".

 

Tamén tivemos que preparar todo o "atrezzo necesario" tanto para a obra de teatro....

 

Como para o baile, creando os disfraces de ratos, gatos e cans.

 

O día 20 de decembro tivo lugar a actuación para os nosos compañeiros e compañeiras do colexio. Ata César participou tamén na representación onde estaba a súa irmá, en 5º curso.

 

Visionamos as noas actuacións para facer unha  "valoración crítica" de que nos pareceu e do que críamos que había que cambiar de cara a actuación diante das familias.

ç

 

E por fin chegou o gran día. O xoves 21 de decembro, tal como foran convidados as nosas familias tivemos que actuar diante de todos eles.

 

E así de xenial o fixemos:

Bailando "Na casa da miña avoa"

 

E representando a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na noite de Nadal"

 

Se queres ver as nosas actuacións podes velo de seguido:

 

Nota: A actuación dos de 3-4 anos non podemos publicala posto que non contamos, polo momento, de autorización de tódalas familias para publicar vídeos en youtube dalgúns alumnos participantes. (Fíxoselle chegar ás familias por outra vía)

Lembra asemade que, como cada curso, ó final do mesmo, os vosos fillos e fillas levarán para casa un DVD con todo o que sucedeu no centro ó longo do curso, e entre eles atoparedes tódalas actuacións deste festival.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 12 invitados conectados.