Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Celebramos a semana do Libro e das Letras Galegas na carballeira de Campo Lameiro.

Nas últimas semanas de abril, con motivo do día do Libro, andivemos a dialogar sobre os nosos "libros favoritos" e a contar ós demáis por qué nos gustaban.

Así, nas dúas aulas de infantil, cada un de nós falou do seu libro favorito, escollendo un lugar na aula onde poder colocalos durante un tempo.

e tamén fixemos un rexistro dos mesmos, en Infantil 2, rexistrando nun cadro a foto do neno/a, unha imaxe do  seu conto, o título..

 

E en infantil 1, facendo un debuxo do conto, xunto co seu título.

E os colocamos no corredoiro para ensinar ós demais cales eran as nosas lecturas preferidas.

Ademáis, os profes propuxéronnos, fotocopiar as portadas para colorealas ó noso gusto e convertilas en libros para colgar do teito do corredoiro.

E gustounos moito a idea! Na contraportada escribíamos unha palabra relacionada co noso libro.

 

E...listos para pendurar!!

 

Ademáis, nos días seguintes tamén coñecimos unha historia, "A galiña azul", escrita por Carlos Casares, que será o escritor homenaxeado este ano nas letras galegas.

Os profes nos contaron a historia e nos propuxeron contarlla ós demais, un día no que todos asistiríamos á carballeira, o  4 de maio. 

E para contala, ademáis da palabra, qué mellor que a imaxe?

Así, recordamos a historia e o máis importante dela, levando a cabo os debuxos máis representativos para poder contala dun modo sinxelo.

 

Só faltaba organizar quen contaba a historia, entre os compañeiros/as que se ofreceron, pois a algún que outro veulle a vergoña..e é que falar para un público tan amplo, impón, a verdade.

 

Un par de ensaios e listos!!

 

Tamén escribimos moitas palabras relacionadas co conto,

para poder cubrir a silueta da galiña azul, que os profes debuxaran e formar así un "caligrama", para deixar no muro do concello.

 

E chegou o día!

Os encargados de contar a historia fomos contando cada un a nosa parte, mentres outros compañeiros se encargaban de ir abrindo o mural con cada parte da escea, para finalmente  amosala enteira.

E despois de escoitar o resto de lecturas e lendas que algúns veciños do pobo e familias nos contaron, só quedaba pegar a nosa palabra na silueta da galiña.

Así rematamos un día cheo de palabras, historias e calor, moito calor...

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.