Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Atopámonos ante unha instalación artística e así reaccionamos e interactuamos con ela

 

O venres pasado, cando chegamos a clase, unha compañeira deuse conta de que na pizarra había escrita unha mensaxe para todos. Dicía esa mensaxe que na sala de usos múltiples nos esperaba algo, qué sería?

Fixemos as nosas inferencias explicando que pensamos que podía haber nela, desde xoguetes, moitos libros, animais de mentira e algún de verdade...ata que puidemos ir a descubrilo por nós mesmos.

Quedamos todos moi sorprendidos cando descubrimos o que había alí...non facíamos máis que exclamar que era moi chulo e camiñar arredor e por entre esta "instalación".

O momento clave chegou cando pasamos de un papel observador e de diálogo, a un papel activo e transformador, o momento en que un ou dous compañeiros non puideron resistir a tentación de tocar o papel triturado, que estaba colocado nunha pequena montaña (e que simbolizaban o lume que botaba o dragón).

e ahí comezou unha choiva de "neve", coa que disfrutamos moitísimo e coa que curiosamente nos mostramos todos moi relaxados.

Comezamos pois interactuando con estes materiais, tocando e desfacendo todo ó noso antoxo.

 

E pasamos á transformación, manipulando e xogando co papel, os rolos de cartón, as pedras de cores, as pinzas....e transformando neles ideas que nos viñan á cabeza e quizais tamén emocións e sentimentos.

 

A veces comezabamos sós ou cun compañeiro determinado, para pasar, de xeito natural a colaborar con outros nenos, sen necesidade de preguntar ou pedirlle permiso. 

Se reflexaron así nesta proposta, agrupacións entre compañeiros que habitualmente non soen xogar xuntos e que interactuaban como si levaran toda a vida facéndooo..

 

 

 Uns creamos tartas, outros cohetes, tobogáns, casas, cidades, niños, castelos,...

 

 Algúns deixamos voar tanto a nosa imaxinación que ata creamos historias fantásticas onde se mezclaban fantasía e realidade, como Lucas, que nos falou de huróns, perlas, niños e moitas máis cousas que seguían un fío conductor, cun principio e un fin como todas as historias.

Despois dunha hora con todos os sentidos en acción, tocou finalizar a experiencia facendo unha valoración persoal da actividade, que foi moi moi positiva, quedamos todos encantados/as e con ganas de repetir.

 

E  tamén reflexamos a experiencia debuxándoa.

 

A través desta experiencia amena e lúdica, pasamos un rato de interacción cos compañeiros, de traballo colaborativo, de creación persoal, creatividade e imaxinación, de expresión das emocións, de expresión e comunicación a través dunha linguaxe diferente á habitual, e por que non, de relaxación, poñendo todos os sentidos a funcionar!!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.