Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Retratándonos I: Que haberá dentro da caixa misteriosa?... un novo reto para resolver

Unha mañá atopamos na porta da nosa aula unha caixa "misteriosa" posto que non tiña nada escrito e non sabíamos como chegara ata alí.

 

Levámola para dentro da aula e comezamos a plantexar hipóteses do que críamos que podería haber dentro: unha serpe, unha tartaruga, un coche, un monstruo... rebatídonos uns ós outros as nosas ideas con argumentos encontrados.

 

Como xa non podíamos agardar más con tanta incertidume decidimos abrir a caixa.

 

Descubrimos que dentro había unha bufanda e unha chea de fotografías nas que saían "caras" de xente. 

 

Dialogamos un anaco sobre quen nos enviaría a bufanda e para que, pensamos que seguramente sería unha das persoas que saían nos "retratos".

Como se chamarían? cada un de nos foi propoñendo como pensabamos que poderían chamar cada un deles.

 

Tamen fomos "votando" por aquel que críamos que era o que enviou a caixa.  Fomos anotando unha marca debaixo de cada unha.

 

E así quedou o resultado final, unha vez levado a cabo o reconto de votos... sería esa muller quen nos enviou a bufanda?

 

Mentras agardábamos "máis datos" par descubrir por que nos enviaron esa caixa, "reinterpretamos" as imaxes facendo o noso propio retrato a partir delas.

 

Cada quen decidiu a que persona quería retratar.

 

Xogamos  tamén a dramatizar cada un dos retratos, imitando a que pesabamos que era a súa profesión ou dialogando sobre "que pensabamos que estaba a pasar en cada imaxe".

 

Pasaron os días e unha mañá a encargada atopou no buzón de "INFANTIL 2" unha carta para nos.

 

Observamos que na parte de fora indicaba que viña "do Museo de Pontevedra" e que ía dirixida para nos. Cando a lemos descubrimos dentro unha fotografía igual a unha das que tiñamos nos "retratos". N carta nos explicaba que ese home, un tal AVELINO RIESTRA, nos enviara a caixa coa súa bufanda, para pedirnos axuda porque un día cando estivo de visita polo Parque Arqueolóxico, e pasou polo colexio perdeu un dos seus guantes (que se podían ver no seu retrato), se o podíamos axudar.

 

Tal como pedía e como estabamos desexando poder axudalo a atopar o guante, escribimos entre todos unha carta de resposta, despois de varios intentos e probas chegamos a un texto co que todos estabamos dacordo.

 

Tan só quedaba escribila entre todos nun papel. Pensamos que traballando por turnos acabaríamos de seguido.

 

E como non podía faltar, puxémoslle o selo de INFANTIL 2 para que quedase claro quen a enviaba.

 

Para poder quedarnos cada un de nos cunha copia da carta, tivemos que pensar cantas "copias precisaríamos", tras contar os que eramos tivemos que buscar cal era o número "15".

 

Tan só nos quedaba ir á fotocopiadora e premer os "números" para que saíran as 15 copias.

 

Coloreamos, tal como nos pareceu e de formas moi creativas, a foto de Avelino, que por detrás tiña a copia da carta que lle iamos enviar. Así a poderíamos ensinar nas nosas casas.

 

Aínda que seguíamos sen atopar o guante por ningunha parte do colexio, seguro que estaba moi escondido, seguimos a traballar cos retratos que nos enviaran na caixa.

Traballando en equipos cooperativos escribimos o nome que "inventáramos" para a persoaxe dos retratos que cada equipo "acordase", non sen antes decidir que rol asumiría cada un no equipo: encargado de material, de escoitar e de non berrar.

 

Unha vez decicido a quen e de que xeito ían escribir o nome, tan só quedaba poñerllo debaixo da foto e indicar tamén o número de votos que tivera.

 

E como sempre "auto-avaliamos" como traballamos dentro do equipo.

 

Outro día observamos que "emocións" podíamos descubrir observando os retratos: quen estaba triste? quen estaba enfadado? como estaba cada un deles e por que?.

 

Tras este diálogo fómonos retratando uns ós outros "expresando diferentes emocións". Algúns fotografiámonos enfadados, tristes, asustados, alegres... 

 

Ata o profe ÓSCAR e a profe NURIA "posaron" para fotografar o seu "retrato". 

 

Pero non nos conformamos con "retratarnos con diferentes emocións" senón que "transformamos a nosa cara" en "cousas fantásticas" empregando a maquillaxe:  en tigres, osos, lobos, árbores, flores....

 

Pasámolo xenial :)

 

Aínda non atopamos a guante de Avelino para poder levarlo ó Múseo de Pontevedra, pero seguro que un día destes aparecerá onde menos o esperemos.

Ata entón seguiremos a traballar cos retratos e coas experesións e emocións da nosa cara... como sempre nas seguintes entradas estaredes ó tanto de como vai a resolucion deste misterio.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.