(2015-2016) Participamos nunha búsqueda do tesouro no último día de clases
O último día de clases participamos nunha búsqueda do tesouro, unha actividade que vimos facendo desde hai uns anos, sempre como remate de curso.
Nos dividimos en tres equipos, e como nos últimos meses estivemos tan inmersos no mundo das esculturas de Henry Moore, a temática dos equipos non podía ser outra que.....esculturas de Henry Moore.
Para elo contamos coa inestimable axuda da profe Merce.
EQUIPO ÓVALO CON DÚAS PUNTAS -cor azul
EQUIPO REI E RAÍÑA-cor vermella
EQUIPO ENTRANDO NO COSMOS-cor amarela
Cada equipo tiña un mapa, como vedes na foto anterior, no que indicaba desde o 1 ata o 9 os lugares polos que había que pasar e en cada un deles debíamos atopar un sobre coa nosa cor de quipo e co icono da escultura, onde estaría gardada unha pegatina que tiñamos que pegar no mapa para poder continuar.
Aquí vemos os pasos que foi dando o equipo amarelo
e por fin...o desexado cofre do tesoruro..
Aquí podedes ver o equipo azul, tamén polas distintas dependencias e lugares do centro, atopando as pistas
o cofre estaba na aula de informática
E aquí podedes ver ó equipo vermello, tamén na búsqueda das pistas
e finalmente o cofre estaba moi pretiño da nosa clase...
Como podedes ver nas fotos, o tesouro era unha estupenda tixeira con formas e un mini xeado de chocolate e nata para cada un que tomamos na nosa festa de despedida.
Na seguinte entrada vos contamos máis!