Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Presentámosvos ós equipos cooperativos da nosa aula: Terremoto, rana, pokemon e cabalo

Co comezo de curso tamén tivemos que organizar novos equipos cooperativos na nosa aula, tal como fexeramos no curso pasado.

Os equipos cooperativos que temos actualmente na nosa aula son:

EQUIPO RANA

Integrado por: YESSICA, LUIS, TIAGO E NOA.

 

EQUIPO CABALO:

Composto por: NAIARA, HUGO E LOIS

 

EQUIPO POKEMON: 

Formado por: JOAQUÍN, DAVID e CARLOTA.

 

EQUIPO TERREMOTO:

Formado por: MARÍA, LAUA E DIEGO.

 

Para chegar a constituír os nosos equipos o primeiro que fixemos foi acordar, coa participación de tódolos integrantes do equipo, como nos iamos chamar e que cor queríamos escoller para o noso equipo. 

 

Logo tivemos que debuxar o noso "cartel" de equipo, para incluílo no panel de autoavaliación figuroanalóxica.

 

No panel, ademáis do debuxo, nome do noso equipo e ós nosos nomes, tamén incluímos unha fotografía que imprimimos do ordenador (empregando a aplicación DICCIONARIO que podes atopar no recanto de infantil)

 

Novamente tivemos que acordar en que orde, e que xeito, podíamos conseguir a imaxe, lembrando que, como sempre, tódolos membros do equipo tiñan que participar na actividade.

 

Co panel rematado,  en cada actividade que faga o noso equipo cooperativo, ademáis de anotar e avaliar ó encargado de material, tamén podemos autoavaliar como funcionou o noso equipo, de xeito que dialogando acordemos porque noutros equipos si acadaron o obxectivo plantexado e no noso non.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.