Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) PROXECTO DA PREHISTORIA EN SEXTO

 

Dentro do proxecto de centro  "A Prehistoria", os de sexto investigamos sobre a "A Prehistoria en Galicia", seguindo unha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa e por proxectos.

Comezamos falando sobre o tema e vendo o interese que tiña para nós o estudo do pasado. 

En asemblea cada un aportou as ideas que coñecía sobre o tema da prehistoria en Galicia e, posteriormente, anotamos todo.

 Tamén sabiamos que en Galicia vivían en poboados chamados castros; que descubriron o lume por casualidade e logo conseguíano golpeando dúas pedras: que había bruxos chamados chamáns; consideraban ós cervos animais sagrados; a morte era un misterio e abandoaban aos mortos despois de enterralos; pouco a pouco xuntáronse en familias e logo en clans; os homes lucían xoias; facían petroglifos, que son gravados nas rochas e que os de Campo Lameiro son de hai 4.000 anos; usaban teares para facer roupa e recipientes de cerámica para gardar alimentos e outras cousas.

 E tamén se eran caníbales, como comezaron a falar, como facían as armas e de que material eran, como aceptaban a morte, como se organizaban, como facían os petroglifos, cal é o homínido máis antigo, de onde viñeron, se tiñan deuses e que representaban os petroglifos e as súas formas.

 Organizámonos en tres equipos e nomeamos un encargado/a de material, un coordinador/a, un ilustrador/a e un especialista informático; aínda que os cargos eran rotatorios. Cada equipo fixo tamén o seu logotipo.

 E tamén fomos traballar e recoller libros á Biblioteca Municipal "Irmáns Ricoy", onde Susana nos atendeu moi amablemente.

  Con toda esta información e outros libros e revistas que tiñamos na casa fixemos un recuncho bibliográfico, pero o que máis usamos foron os ordenadores para obter información, imaxes e ilustracións.

Aquí temos o noso recuncho bibliografíco co todo tipo de publicacións sobre a Prehistoria.

Cada equipo realizou cada unha das tres actividades, cos seus correspondentes exercicios, recollidos na UDI (Unidade Didáctica Integrada) "A nosa Prehistoria". Estas actividades e exercicios plamáronse no gra mural de aula: textos, imaxes, fotos, debuxos, diagramas, esquemas...Comprobamos que a súa relalización respondía ás preguntas que plantexaron no apartado "que queremos saber". Unha cuarta actividade realizámola entre todos, rematando nun exercicio individual e unha posta en común co traballo feito. Ademáis da visita real ao Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro, realizamos numerosas visitas virtuais a diferentes estacións, museos e lugares prehistóricos de Galicia, a Península e Europa.

 

O que son as fontes históricas e os seus tipos, que había canibalismo como comprobaron no xacemento de Atapuerca...

 Liña do tempo onde reflectimos os períodos en que se divide a prehistoria, cando comeza e cando remata, formas de vida, descubrimento da agricultura e a gandería, arte, cerámica,...

 Paleolítico e Neolítico en Galica, os menhires, a etapa do Bronce, o Mesolítico,...

  E os métodos que había para facer lume: primeiro con pedras de cuarzo,  despois con paus de abeleira...

 Organización social, homínido máis antigo, útiles e armas do Paleolítico e do Neolítico...

Explícase por que o cervo era un animal sagrado, o período castrexo, o tesouro de Caldas de Reis...

 Como eran os castros, os torques, o Casco de Leiro...

 

 Arte mobiliar: do Paleolítico...

 

 ...ao Neolítico.

Interpretación dos petroglifos: os de temática naturalista e os de temática abstracta.

 Distribución de petroglifos e monumentos megalíticos en Galicia, a Prehistoria na nosa bisbarra...

 Os petroglifos de Campo Lameiro: que son, que significan e onde están?

 Castros máis significativos de Galicia:Viladonga, Baroña, Borneiro...

 Santa Tegra e Castrolandín.

 E así está quedando o noso mural de aula do proxecto de investigación "A Prehistoria en Galicia".

E tamén visitamos o "Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Aquí estamos atendendo ás explicacións de Elena, a guía que nos acompañou no percorrido polo parque.

Na "Laxe dos Carballos", un dos petroglifos máis importantes e mellor conservados.

Estamos no "poboado", unha réplica dunha aldea da Idade do Bronce nestas terras. 

Elena ensinoumos a  facer lume  coa  técnica de frotamento de dous paus, como facían as xentes durante o período Paleolítico.

E ao final conseguiría facer lume, usando tamén unha especie de arco e palla. Logo visitamos o museo.

 E así quedou o noso traballo sobre "A Prehistoria en Galicia".

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.