Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Así nos foi co proxecto dos CANS

Temos que contarvos bastantes cousas do noso proxecto, pois entre o Nadal, as vacacións e á semana adicada a Nelson Mandela, andivemos moi ocupados, pero tamén seguimos a investigar no noso proxecto.

Unha vez reunida bastante información, ademáis dalgúns videos que a profe puxo na web, nos puxemos a traballar como facemos sempre: organizándonos por equipos para atopar as respostas.

1-Cómo nacen- visionamos varios videos de partos de cadelas, así como dos cachorros no útero da nai, e fumos sacando conclusións e escribíndoas no noso mural. Así observamos que sucedía igual que cos lobos, que tamén son mamíferos e da mesma familia.

"están no útero cando son un feto, saen da vaxina da nai"

2-Qué razas hai- Para coñecer algunhas das razas, utilizamos a información, fotocopias, fotografías traídas da casa. A profe nos lía un pouco de cada raza e un equipo nos encargábamos de decidir o que poñer sobre o que escoitáramos, escribilo e logo volver a contarllo aos demais.

este equipo está decidindo qué poñer sobre o caniche

e Aroa e Diego nos falan sobre o San Bernardo.

Pouco a pouco fumos recopilando algunhas

e nos servían tamén para identificar a algún dos nosos cans, dos que algúns nenos trouxemos fotografías.

ademáis, temos un xogo de memoria na clase sobre as razas e tamén nos serven como bits, que utilizamos de vez en cando.

(pendiente de foto)

Nunha próxima entrada vos amosaremos as razas que escollemos e o que escribimos sobre elas.

Quedamos abraiados ó descubrir que hai polo menos unhas 700 razas de cans.

3-De qué cores poden ser- Para responder a esta pregunta, ademáis de ver distintos videos que temos na web e fixarnos neste aspecto para logo falalo en grupo, tamén nos reunimos en distintos equipos e mirando nas revistas de seguida atopamos a resposta.

Cada equipo rexistraba as cores e finalmente as expuxemos en gran grupo, elaborando un listado final.

Aproveitamos unhas fotocopias onde viñan moitísimas fotos  pequeniñas  de razas, para no noso dossier individual recortar e pegar as cores dos cans.

4- Cales van de caza- Para investigar sobre esta pregunta, como tiñamos bastantes revistas específicas de caza, foi moi doado, por equipos tamén fumos buscando fotografías e textos que falasen dos cans de caza, marcando as follas onde aparecían para que despois a profe as fotocopiase e así poder elaborar as respostas no noso mural.

Finalmente, un equipo encargouse de trasladar ao mural toda a información seleccionada. Ademáis fixeron un listado dos animais que van cazar os cans cos seus donos.

e nolo contaron aos demais.

Así un compañeiro que ten un can de caza, descubriu que  é sabueso de raza beagle.

(pendiente de foto)

 

5-Cáles son máis rápidos- Nas fotocopias que trouxo un neno falaba dos galgos, así que vimos varios videos, confirmando así que son uns dos cans máis rápidos que existen.

Tamén descubrimos que o huskie siberiano é un dos máis rápidos cans de trineo.

Esta pregunta estaba moi relacionada coa 

6-Fanse carreiras de cans?- claro que se fan, especialmente de galgos, que corren detrás dunha lebre mecánica.

Pero tamén hai outras carreiras chamadas "canicross", nas que o can corre co seu dono, calquera raza de can.

Aproveitamos unha sesión no pabellón para facer escenificar estes descubrimentos: galgos que corren tras a lebre, cans levados pola correa do seu dono,...

 

Para responder á pregunta 

7-Poden bucear?- da información traída de casa, falaba dos cans de auga, e os queson moi bos nadadores, como o terranova, pero para saber si tamén podían bucear, entre todo o grupo dictamos á profe para que escribira no google a pregunta e atopamos moitos videos onde comprobamos que poden bucear e que os entrenan para iso.

E por último nos quedaba responder a  Cómo os entrenan? - para o cal tivemos que ver tamén bastantes videos na clase e observar atentamente para a continuación ir recordando e anotando o máis característico.

"saltan vallas moi altas. Esconden cousas que eles encontra. Usan botellas, maletas ecoches para  que  olfateen"

Distinguimos así entre os entrenamentos básicos, os dos cans policía, cans guía, cans de caza......

Ista é  unha pequena parte do mural sobre a nosa investigación 

E fixemos moitas outras actividades e descubrimentos pero isto volo contaremos nunha próxima entrada.

Ata pronto!

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.