Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2013-2014) Participamos na celebración do Magosto-Samaín.

Este ano celebramos o mesmo día o Samaín e o Magosto, esto foi todo o que fixemos neste día tan especial.

 

UN SAMAÍN... DE MEDO:

Para celebrar o Samaín había preparado no centro catro obradoiros no que pasalo de medo. Por eles irían pasando tódolos nenos e nenas do colexio.

En primeiro lugar os de infantil participamos nunha sesión de curtametraxes, onde unha bruxa (que se parecía moito a profe Merce) nos foi presentando uns vídeos de Samaín.

 

Nalgún deles ata había que bailar.

 

Cando rematamos de ver os vídeos marchamos cara o pavillón onde había preparado outro obradoiro, polo camiño cruzámonos cos compañeiros de outros cursos, que ían cara  o seu obradoiro, e cuns monstruos moi especiais: os nenos de quinto e sexto, que querían asustarnos pero non foron capaces :)

 

Alí tamén estaba outra bruxa-pantasma, esta vez moi parecida á profe Marga, que nos propuxo participar en varios xogos, además de pegarnos coa súa vasoira (como ten que facer toda bruxa que se precie)

 

Había que espertala e escapat correndo... para que non te pillara, senón acabarías durmindo con ela e terías que atrapar ós demáis.

 

Noutro dos xogos había que escapar das bruxas motorizadas, e se lograban pillarte tiñas que agardar a que foses rescatado por unha fada para poder moverte novamente.

 

 

Chegou despóis o momento de participar nun obradoiro na Biblioteca do centro, o corredor estaba un pouco escuro pero démola atopado sen problemas. 

 

Alí atopámonos, a escuras e iluminados con candeas, con alguén tapado cunha capa... quen sería?

 

Resultou ser unha elfa amiga da Dora Lectora (a mascota da biblioteca), pero que se parecía moito á profe Rosana.

Alí contáronnos un conto e varias poesías sobre o samaín.

 

Por último participamos no obradoiro de maquillaxe, onde cada quen escolleu se quería que a profe Bernarda ou un zombi (moi parecido a profe Loli) lle pintase a cara.

 

Mentras tanto os demáis formos pintando os nosos medos nun mural, no que xa participaran os compañeiros e compañeiras dos demáis cursos.

 

Tamén votamos ás nosas cabazas preferidas, de todas as que estaban alí expostas, había que escoller seu númeor e anotalo nun papel.

 

Xa co número escollido metímos o noso voto na urna.

 

Entre tódalas cabazas, feitas polos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, estaban tamen as que fixeramos nos.

 

Cales son as túas favoritas?:

 

 

UN RECREO TERRORÍFICO: 

Despois de tanto susto chegou o momento da merenda... cando rematamos a profe Ángela, que estaba disfrazada de bruxa, deunos un caramelo con forma de ollo... menos mal que non era de verdade ;)

 

E no patio xogamos todos e todas disfrazados/as a darnos sustos terroríficos.

 

 

PREMIOS ÁS CABAZAS MÁIS VOTADAS E ORIXINAIS:

Despois do recreo xuntámonos cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, para asistir ó acto de entrega de premios e diplomas as cabazas máis orixinais.

Unha bruxa-demo (curiosamente moi parecida á profe Merce) fixo de mestra de ceremonias.

 

Como resultado da votación a cabaza favorita de Educación Infantil foi a de Yessica, a quen lle entregaron un libro de agasallo.

 

Aquí podes vela xunto ós elexidos de primeiro, segundo e terceiro ciclo de primaria, cada un co seu agasallo.

 

Tamén se entregaron diplomas ás cabazas máis divertidas, de entre elas algunha foron para compañeiros e compañeiras de infantil. Marcos foi un dos primeiros en recibir o seu diploma á cabaza máis "destornillante".

 

O profe Óscar ,que estaba disfrazado de vampiro, foi entregándonos os diplomas, como neste caso a Lucas.

 

A cabaza de Guille foi outra das máis divertidas.

 

A cabaza de Noa foi elexida como a máis "festeira".

 

Velaquí as cabazas gañadoras da votación e as máis divertidas de todo o colexio.

 

Cun aprauso agradecemos a todos e todas o seu traballo e a creación dunhas fantásticas cabazas, foran elexidas ou non.

 

Por último bailamos todos xuntos a canción "xa ven o mosntrúo", que xa coñecíamos da clase de música.

 

 

CELEBRÁMO-LO MAGOSTO:

Xa rematado o Samaín saímos ó patio a celebrar o Magosto, collendo os nosos cestos-caldeiro, fomos pasando por debaixo da pantasma que tiñamos enriba da porta da aula.

 

De camiño podiamos xa escoitar ós demáis compañeiros e compañeiras do centro listos para a celebración.

 

Os compañeiros e compañeiras  maiores foron repartíndonos as castañas asadas.

 

Tan só quedaba comelas para rematar a celebración.

 

Podes ver outras moitas fotografías desta celebración  na galería de imaxes, ou directamente desde aquí. 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 8 invitados conectados.