Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

O MECO MANDA...

 

ENTROIDO

Todos e todas a poñer as mellores galas máis estrafalarias .

Este ano xa temos O MECO preparado para darnos as ordes que temos que cumprir se queremos ser entroidos de categoría.

Mañá,venres é o noso día de ENTROIDO.Xa sabedes que tendes que vir todos e todas de CHOQUEIROS e con moitas ganas de festa.

 O xoves, os compañeiros e compañerias de 3º ciclo decidiron que traiamos a cara pintada e tamén un disfraz posto.

 

 

O mércores,os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º decidiron que traiamos algo ó pescozo para lucir ben.

Martes, os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º decidiron que veñamos todos cunha gorra na cabeza. 

 

 

Xa sabedes que a partir de hoxe venres comezan as ordes do meco de obrigado cumprimento se queremos entrar o luns no cole.

A primeira é moi doada, escollida polos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil:

O LUNS TEMOS QUE VIR Ó COLE TODOS E TODAS VESTIDOS DE AZUL.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 7 invitados conectados.