Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2008-2009) Traballamos o Nadal...

Coa chegada do Nadal decidimos facer a nosa propia árbore de Nadal, empregando material que sobrara de outras actividades.

 

FIXEMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL:

Empregando as bolsas de plástico que sobraran do Entroido do ano anterior, papel de alumnio das merendas e celefán de cores, fixemos a nosa árbore de Nadal. 

 

 

 

BUZÓN REAL E CARTA PARA OS REIS  MAGOS 

Como este ano aínda ningúen puxera no colexio o buzón para recoller as cartas dos Reis Magos, decidimos facelo nos usando unha caixa que atopamos.

 

Cada quen decorou o buzón cos debuxos que quixo, tanto traballo tiñamos que ó final o máis cómodo foi traballar no chan... menos mal que é de corcho e estaba quentiño.

 

Cando xa o tiñamos cheo de debuxos, puxémoslle un cartel para que todos soubesen para que servía.

 

E logo co celefán que sobrou, tapamos a mesa para que quedase "máis bonita".

 

Co buzón xa no corredor do colexio, ben á vista. Chegou o momento de escribir a carta ós reis

 

Cando rematamos, metíamola nun sobre, e nel escribíamos para quen ía dirixida (Os Reis Magos) e quen era o remitente (o noso nome).

 

Xa estabamos todos listos para meter a nosa carta no buzón dos reis. Algunhas ían decoradas con gomets para que "quedasen máis bonitas".

 

As veces había que facer un esforzo e poñerse de puntillas para meter a carta, porque quedaba un pouco alto o buzón.

 

PREPARAMOS O FESTIVAL DE NADAL

Como iamos participar no festival de Nadal, tivemos que facer unhas caroutas dos diferentes animais que participaban nela. Cada que fixo a do seu animal.

 

Os pastores non levaban carouta, pero tiñan que facer a súa bolsa, como era moito traballo axudámolos entre todos.

Cunha bolsa de plástico de cor marrón, e un pouco de cinta de dobre cara acabamos nun momento.

 

 

Ás veces cortar o plástico non era moi doado, menos mal que sempre había algún compañeiro que podía botar unha man.

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.