Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2022-2023) Unha chea de bolboretas sobrevoan o cole polo 25N

Ola a todos e todas! Con un pouco de atraso, hoxe queremos contarvos o que preparamos para a conmemoración do 25N: O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Como parte do noso proxecto de biblioteca, decidimos levar a cabo unha actividade na que puideramos aportar o noso graniño de arena, e ao mesmo tempo entender e concienciarnos coa causa desta conmemoración.

En primer lugar, falamos sobre a violencia contra as mulleres e porqué suceden situacións de violencia entre as persoas. A resposta veu da man dunha emoción que estamos a aprender como parte do noso programa de educación emocional, co obxectivo de mellorar a convivencia; a ira. Cando sentimos ira, e non sabemos xestionala, en ocasións acaba de situacións de violencia, por iso debemos aprender a xestionar e deixar voar a ira como se fose unha bolboreta. Así que, coa idea en mente, decidimos elaborar con papiroflexia unha chea de volvoretas moradas (pola causa que nos ocupa) e vermellas (que é a cor da ira).

Todas as clases (con máis ou menos axuda dos mestres e mestras según a idade), fixeron as súas bolboretas en distintos obradoiros de papiroflexia. Aos nenos e nenas encantoulles facer estas manualidades, de feito fixemos tantísimas bolboretas que se nos ocurrió usar algunhas para facer un super cartel que puideramos poñer no cole para que todo o mundo puidese velo. Polo que, a maiores, fixemos un "25N" xigante de cartón, que pintamos coa axuda do alumnado de Educación Infantil.

Unha vez pintadas as letras, pegamos as bolboretas enriba para debuxar o contorno con elas. Con todo listo e preparado, levamos a cabo un acto conmemorativo no que fixemos un gran coloquio sobre a situación que se conmemora o 25N, onde puidemos dialogar sobre a temática. Ao terminar, puxemos as letras na fiestra do colexio, para que todas as persoas do concello puidesen disfrutar tamén do noso traballo.

(2022-2023) Soltamos os nosos medos coa axuda de Erizombie

Hola a todos e todas! Este ano no noso cole estamos traballando as emocións. Alegría, tristeza, mdo, asco e ira; todas elan existen no noso interior, e temos que saber identificalas e xestionalas.

Así que, aproveitando o Samain, comezamos traballando o medo. Para axudarnos a facelo, apareceu o primo ourizo de "O Porcoespín Serafín": Erizombie. Este ourizo zombie ten sempre moita fame... e sabedes cal é a súa comida favorita? Os medos!

Durante os obradoiros de Samain, cada alumno e alumna dos distintos grupos escribiu os seus medos nunha tarxeta, e por turnos déronllas de xantar a Erizombie para desfacerse deles e poder dar un paso hacia diante na superación do medo.

Ao final xuntamos unha chea de medos, que van a quedarse no bandullo de Erizombie para que non nos molesten nunca máis!

(2022-2023) - DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O  24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Nesta ocasión, co alumnado voluntario da biblio organizamos uns talleres informativos para o resto do centro nos cales lles foron explicando o uso e funcionamento da biblio, as normas,etc...

Ao final os voluntarios/as agasallaron cun marcapáxinas personalizado ao alumnado do centro.

Previamente elaboraron o marcapáxinas...

Personalizáronno...

Comezaron explicando por que hai tantos autobuses na biblio...

(2021/2022) Recomendacións lectoras para o verán

Guía de lectura para un verán de conto!!

Xa rematamos o curso e estamos a piques de comezar a desfrutar do verán e do bo tempo. É o mellor momento para gozar dun bo libro, de novas aventuras e misterios e de viaxar sen movernos da tumbona!

Elaboramos unha selección de libros para todas as idades, e ata temos recomendacións para as familias.

Agardamos que vos gusten!! 

Que pasedes un bo verán!!

E lembrade que no verán, un libro é o mellor plan!

(2021-2022) Charla sobre deporte adaptado coa asocación “Amizade”

O 27 de maio, visitaron o noso colexio algúns membros da "Asociación amizade" de Pontevedra, cos que participamos nunha charla-coloquio sobre o deporte adaptado.


Enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca para este curso, nesta proposta descubrimos como, pese as dificultades e á súa diversidade funcional, todos eles e elas practicaban deporte, pero adaptado ás súas características.

     

Tamén nos lembraron a importancia de manter medidas de seguridade, para evitar accidentes, que puidesen levarnos á estar na súa situación; pero que si eso sucedía tamén se podía continuar facendo deporte.

   

Contáronnos como funcionan as bicicletas adaptadas, como navegaban, como facían artes marciais, etc;  con independencia das diversidade funcional de cada quen.

    

Tamén respostaron ás nosas dúbidas e preguntas sobre o tema.

   

  

Podes atopar máis fotografías desta charla-coloquio no seguinte álbum da galería fotografíca:

ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA:

  

Queremos agradecer a colaboración desta asociación, e que vieñeran a visitarnos con esta charla tan enriquecedora.

Podes atopar máis información sobre a "Asociación amizade" e o gran traballo que levan a cabo, na súa páxina web:

https://www.asociacionamizade.org

     

2021-2022 LECTURAS NA CARBALLEIRA

Como todos os anos, exceptuando estes últimos por mor da pandemia, recuperamos esta actividade que tan bos resultados nos está dando, e compartímola con toda a comunidade educativa.

Desta vez, ademais da homenaxe a Florencio Delgado, tivemos a gran sorte de contar con Damián Alonso, actor de dobraxe e formador, que nos fixo un obradoiro de lectura do que aprendemos un montón...

Entregamos tamén o premio ao cartel gañador deste ano de " Lecturas na Carballeira " e, como en convocatorias anteriores, organizamos un " apadriñamento de libros " que tivo un gran éxito.

Aí vai documentado en fotos como foi ese día...

(2021-2022) BIBLIOTECA CREATIVA: Creamos no colexio: familias, alumnado...

 Neste terceiro trimestre e, despois do éxito coas nosas familias lectoras, decidimos dar un pasiño máis e, volver a contar con elas, esta vez para, nin máis nin menos, que CREAR!!!!!

A mamá de Matías e de Lara (5º) realizou un obradoiro en Infantil súper chulo!!!!!!

Mil grazas pola participación, e pola PACIENCIA!!!!

Tamén houbo tarefas para os de 5º e 6º: un chaveiro feito con abalorios que a máis de un/unha levounos/as polas rúas da amargura...

Grazas Martina!!! Esperamos verte pronto!!!!!

  

AS FAMILIAS CREAN "ÁLBUMES" EN INFANTIL: 

Nas aulas de Educación Infantil, as familias viñeron a crear álbumes cos seus fillos e fillas. Podes atopar toda a información e imaxes sobre esta fantástica experiencia, na seguinte entrada: 

      

SOMOS CREATIVOS "DECORANDO BOLSAS"  

Usando plantillas e pintura téxtil os compañeiros e compañeiras crearon unhas fantásticas bolsas:

Así de ben lles quedaron ós de Infantil.

Podes ver tódalas fotografías deste obradoiro en infantil na seguinte galería fotográfica:

    

    

Obradoiro de macramé coa rapazada de 3º e 4º de EP

O bordado, ganchillo ou macramé son actividades normalmente asociadas a adultos pero son tamén moi beneficiosas para nenos e nenas. De feito, según o método Montessori, ten moitos beneficios para os peques como poden ser:

1. Fomenta a memoria.
2. Axuda a concentración.
3. Impulsa a coordinación man-ollo.
4. Baixa a velocidade da respiración.
5. Alimenta a creatividade.
6. Aumenta a paciencia e a perseverancia.
7.Reforza a seguridade e a autoestima cando acadan os  obxectivos.
8. Axuda a socializar.
9. É motivo de orgullo mostrar o traballo realizado.

   Que familias tan creativas!!!!!

A mamá de Nayra ensiounos a crear centros de mesa con cousiñas que temos pola nosas casas...

Quedaron así de fantásticos:

Queredes ver as bolsas súper chulas que fixemos??????

Aí van...

( 2021-2022) DÍA DO LIBRO

Esta é a nosa particular aportación para celebrar o Día do Libro...

Debido ao protocolo Covid, e, como non podiamos mesturar alumnado de diferentes grupos, decidimos facer apadriñamentos dentro do mesmo grupo...O resultado resultou moi satisfactorio...Aquí estamos os de 5º e 6º!!!!!!

Tamén os compañeiros/as de 1º e 2º se animaron coas lecturas...

Aquí estamos os/as de 3º e 4º...

E, tamén os/as máis pequenos/as se animaron a compartir lecturas...Dá gusto velos!!!!

E,para rematar, aquí están Andrea e Karl compartindo lectura....en inglés, por suposto!!!!

(2021-2022) Participamos nun obradoiro sobre a lingua de signos

Nas últimas semanas visitaron o noso centro Alba e Manel, da asociacion "En lingua de signos" (enlinguadesignos.gal). Participarían nuns obradoiros, organizados dentro do proxecto de centro deste curso, sobre a inclusión e igualdade.

 

Os compañeiros e compañeiras de educación infantil, foron os primeiros en descubrir todo o que nos tiñan que dicir... en lingua de signos.

  

Contáronnos un conto e ata cantamos unha canción, que podes atopar no recanto de infantil, no apartado de vídeos.

      

Tamén o alumnado de educación primaria descubriu e aprendeu a lingua de signos, en diferentes obradoiros desenvolvidos ó longo de dúas xornadas.

 

Podes ver tódalas fotografías desta fantástica experiencia, no seguinte álbum da galería fotográfica:

2021-2022) Obradoiro lingua de signos

(2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE

O pasado 31 marzo de 2022 participamos nun obradoiro organizado pola ONCE; dentro das actividades organizadas este curso no Centro, para traballar a inclusión e a valoración das diferencias.

Marian e María, membros da ONCE, viñeron acompañadas do seu can guía, Sekia, para contarnos como é o día a días das persoas con problemas de visión e invidentes. 

    

Os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos foron coñecendo a Sekia, descubrindo como foi o proceso para educalo, e de que xeito axuda ós invidentes a poder moverse.

     

Tamén experimentamos a usar o bastón branco, que usan os invidentes para moverse. Deste xeito puidemos poñernos na súa pel. 

 

  

    

Podes atopar tódalas fotografías deste interesante obradoiro, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM: (2021-2022) Obradoiro coa ONCE: can guía

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 10 invitados conectados.