Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto

(2012-2013) Regueifas do Magosto

Dentro de pouco imos a celebrar no colexio a festividade do Magosto. Para elo os nenos e nenas do terceiro ciclo estamos a preparar unhas coplas para cantarlle aos demais rapaces e rapazas. Os maiores ao ritmo de Rap e nós na nosa aula converterémonos en Regueifeiros e Regueifeiras. 

Por elo temos estes enlaces no noso recanto. Para poñernos ao día neste tema e facelo o mellor que poidamos. Xa vos contaremos como saen.

.

Se entrades nestes enlaces atoparedes información sobre como chegar a ser vós mesmos un bos regueifeiros e regueifeiras.

Ánimo!

.

.

Tamén neste 2º enlace veredes exemplos de coplas populares improvisadas por estes dous regueifeiros 

.

.

.

E no último como o alumnado dun ies fai unha actuación empregando a regueifa nela.

Agora tócavos a vós!

(2012-2013) BENVIDOS AO TERCEIRO CICLO!

BENVIDOS AO TERCEIRO CICLO!

Os nenos e nenas de 4º xa pasamos ao piso de abaixo. Non máis escaleiras!

Xa somos... OS DE QUINTO !

Durante este primeiro mes de curso pasaron e fixemos algunhas cousas que vos queremos contar.

O primeiro presentar a nosa aula. Nela temos distintas zonas:

a de traballar en gran grupo:

a de traballo en pequenos grupos:

e a de traballo individual:

-Tamén temos unha pequena zona de xogo, con taboleiros de xadrez, ocas,... e o armario con todos os materiais de plástica para empregar nos pequenos ratos libres ou recreos de choiva.

-A zona da biblioteca de aula

-A zona Abalar, que dentro de pouco esperamos comezar a usar.

-Tamén xa temos colgado o noso primeiro mural:

é un garabato que fixemos entre todos o primeiro día. Nel cada un buscou algunha forma, coloreouna por dentro. Con todas as formas atopadas escribimos unha historia. Algunha quedou tan bonita como esta:

-Decatámonos de que o garabato, en conxunto, tiña a forma dunha galiña. Decidimos que foxe a nosa mascota de aula. Non tiña nome así que, como en lingua castelá xurdiron preguntas sobre a poesía e vimos que non tiñamos moita idea, decidiu a profe que poderiamos facer un pequeno proxecto sobre ela.

Para comezalo escribimos na pizarra as cousas que sabiamos , entre elas había algún nome de poeta e poetisa que xa déramos en galego ou recordabamos do ano pasado. Con sílabas de catros deles decidimos entre todos chamala: LORBÉC TESLLAR

Irémosvos contando os nosos progresos no tema.

-Sequindo co tema do garabato, en plástica o seguimos a traballar facendo animais enxaulados. Algún quedou fantástico. Aquí tedes o antes e o despois dalgún deles:

Agora xa estamos a traballar as distintas formas do trazo

Ademais mentras debuxamos estamos a escoitar música. Axúdanos a desfrutar aínda máis nesta materia! 

Teatro " Enamorirse" 2º e 3º ciclo de E.P

Os nenos/as de 2º e 3º ciclo deprazámonos a Pontevedra para asistir a unha obra de teatro no Auditorio de Novacaixagalicia.

Como nos sobrou un pouquiño de tempo, merendamos e xogamos na Alameda....

(2011-2012) Intercambios lectores

Os nenos/as de 5º apadriñamos ós nenos/as de 1º por un día.

Os padriños e madriñas tiñan que lerlle ao afillado/a que lle tocara por sorteo.

As experiencias quedaron recollidas no noso cuaderno de bitácora.

(2010-2011) Fin de 5º curso

Como fin de curso disfrutamos dunha excursión a Corrubedo cos nosos compañeiros de 3º, 4º e 6º

Nela visitamos o Castro de Neixón,

o Dolmen de Axeitos

, o mirador da Curota

. Paramos a comer en Corrubedo

, onde visitamos cun guía:  as dunas

 

, o Centro de investigación: onde vimos un vídeo do parque e o seu museo,

 o mirador

e o faro.

Tamén paramos en Aguiño a merendar.

E por fin de volta, co último xeado e coas cancións de Tirso, Susana e algún expontáneo!

 Xa o último día no colexio tivemos sesión de cine, entrega de notas, despedida do alumnado de 6º que xa pasa a secundaria ( para o ano tócanos!!),

 

e..."merendola" na clase co seguinte menú: magdalenas de Roberto, Pastel de Ana, Rosquillas de Martín, patacas, froitos secos,xeados,bebidas, ... de todos . Estaba todo boísimo!!!

 

 Polo menos comezamos o verán con enerxííía

FELICES VACACIÓNS  Chulo

¡VÉMONOS EN 6º!

(2010-2011) Xornal "A VOZ DE QUINTO"

Durante este último mes do curso andivemos entretidos na nosa aula elaborando entre todos un xornal.

Aproveitando que nos últimos temas de Lingua Española falábanos de como facer unha noticia, un anuncio, de como puntuar ben un texto,... decidimos traballalo recollendo aquelas novas que sucederan durante o curso que máis nos chamaran a atención e facer con elas un xornal.

              

Para elo pusemos no encerado cada un dos temas dos que acostuman tratar as noticias: políticos, internacionais, locais, sucesos, culturais,..., ademais dos anuncios por palabras e os pasatempos.

Pensamos de que podiamos falar en cada unha delas e cada quen elixiu redactar unha. Feito o borrador , correxímolo e xa o pasamos a limpo nas follas do xornal que xa a mestra dividira.

 

 Buscamos algunha das imaxes en Internet que lle queriamos poñer, outras fotografiámolas, pensamos os pés de foto, os títulares e ... nun abrir e pechar de ollos ...                        aquí o tedes!!

        " ¡ PINCHADE NEL E QUEDAREDES ABRAIADOS ! "

 

(2010-2011) Celebración do día das Letras Galegas

Dado que o martes 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, por adiantado este venres celebrouse no noso colexio un pequeno festival.

Neste aproveitouse para presentar o Maio que fixeron os nenos e nenas de todo o colexio.

- Ao noso curso xunto co de sexto tocounos colocar o fiuncho , ademais de traer quen puidese: ovos, laranxas, margaridas,...

- Tamén elaboramos as nosas dúas coplas para ser cantadas coas dos demais. Desta vez tocoulle a Xesús poñerlle a voz. Eleximos estas dúas:

Este mes hai eleccións               Agora o maio remata

os maiores van votar,                temos que irnos pra casa,

Alfonso, Julio e Pacita                porque hai polo que comer

eu non sei quen gañará             e churrasco con patacas

- Ademais, en galego estamos a facer uns murais sobre Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano.

-E tamén neste día de festa representamos a obra de teatro que fixeramos adaptando o conto de "O novo traxe do emperador"(Se queredes recordar o conto pinchade aquí). Todos estabamos ben nerviosos mais saiunos moi ben.

 

Somos uns artistas!  Rindo

Aquí estamos a facer algún dos elementos que necesitabamos para a representación da nosa obra

(2010-2011)Visitamos os petroglifos xunto cos alumnos da Xunqueira 1

O pasado martes 3 de maio visitáronnos os nenos e nenas de 5º curso da Xunqueira 1 para facer a segunda parte do "intercambio cultural".

Agora tocábanos a nós ensinarlles a eles os nosos petroglifos.

Para elo saímos do colexio e fumos  ata o Parque arqueolóxico que, aínda que o edificio e museo non estaba inaugurado e por dentro non o puidemos visitar,  si o fixemos a ruta dos petroglifos con dúas guías que nos ían contando todo o importante que eran, en que consistían, para que os puidesen haber feito, como conservalos,...

Distintos momentos desta visita :

-Chegada e presentación das guías

-Vistas de Campo Lameiro dende o mirador

Explicacións sobre os petroglifos e visita dunha das construccións

-Petroglifo

-Esquema dos petroglifos que se atopaban nesa rocha

 

Ao rematar esta visita fumos co autobús a ver o petroglifo da pedra da Serpe na cal outro guía contounos lendas sobre ela e moita máis información.

Alí tamén aproveitamos para facer un descanso, xogar e merendar antes de despedirnos dos nenos e nenas do outro colexio.

Aquí rematara o noso intercambio.

Voltarémos a ver a todos estes compañeiros cando cheguemos ao instituto.     

                            Ata entón! 

(2010-2011) Xapón

O día 11 de abril aconteceu algo que nos deixou a todos abraiados. Nada máis chegar á clase todos falabamos do mesmo. Nas noticias puxeran imaxes de como un enorme terremoto e tsunami arraxaran case todo en Xapón.

Se queredes recordalas pinchade  aquí

Tanto nos impresionou que decidimos facer un proxecto sobre o tema.

No taboleiro apuntamos:

- as cousas que sabiamos , 

-as cousas que queriamos averiguar,

-os lugares onde nos podiamos informar 

-e os grupos nos que nos iamos dividir para traballar.

Decidimos investigar en cada grupo sobre catro temas referidos coa noticia;  tiñamos na clase expertos en:

Xapón,

enerxía nuclear,

-terremotos e tsunamis

e as axudas.

Buscamos nos xornais que trouxeramos nos que repasabamos cada grupo co seu cor as noticias que falaban do seu tema, tamén apuntamos noticias da televisión e tamén en Internet.

  

O resumen destes iámolo poñendo no taboleiro.

Tamén aproveitamos para traballar o diálogo. Cada grupo imaxinou que eran:

-un matrimonio de xaponeses na súa casa no momento do terremoto.

-dous expertos en enerxía nuclear falando de como solucionar o problema das centrais afectadas.

-dous personas falando de como recaudar fondos para axudarlles.

-e dúas expertas en terremotos e tsunamis dando os datos da gravidade destes.

Quedaron moi ben. Poderedes lelas no xornal escolar

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.