Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2009-2010) Participamos nun obradoiro musical.

Esta semana, o mércores estivo na nosa escola unha prestixiosa mestra de Educación Musical, Susa Herrera, da Universidade de Vigo que imparte clases en Maxisterio e que ademáis realiza cursos e talleres para mestres así como cancións e melodías para algúns proxectos musicais infantís.

 

O día anterior xa falamos na clase de quen nos viña visitar. Escribimos entre todos o seu nome e apelidos, vimos unha foto así como un libro no que participou,

que ten moitas das cancións que coñecemos: O polo Pepe, O elefante Casimiro, Buscando a Papá Noel.

Ós nenos e nenas fíxolles moita ilusión poder coñecer á persoa que escribira estas cancións que tanto lles gustan.

Houbo un traballo previo e tamén un traballo posterior que consistiu básicamente en representar esta vivencia, por un lado a través do debuxo e a escritura (se irá amosando paralelamente ás fotos do taller) e por outro, a través do xornal, reflexándoo como unha nova nas nosas vidas (este trimestre comezamos a elaborar o noso propio xornal de cada neno e nena).

Aquí estamos xa na sala de usos múltiples con Susa e a súa axudante Merche,

"LAS PROFES DE MÚSICA"

 

"MERCHI E A RADIO"

 

Tiñamos que estar todos moi atentos pois Susa primeiro nos explicaba cómo tiñamos que facer en cada xogo ou canción, onde o ritmo así como os sons corporais estaban moi presentes.

Tamén nos propuxo algunha que outra adiviña, dándonos pistas, para saber sobre quén íamos cantar. 

"TODOS BAILAMOS"

"NOS DAMOS A MAN"

Ó día seguinte recordamos esta experiencia contando o que máis nos gustou (á maioría o baile do gorila), debuxando, escribindo e pegando esta noticia ou nova no noso xornal individual,

"É FAMOSA. CANTA. QUE NOS VEN VISITAR"

O pasamos todos moi ben e esperamos que volva pronto!

 

(2009-2010) PINTAMOS Ó RITMO DA MÚSICA

Antes de comezar as vacacións de Semana Santa, un día adicamos unha sesión a facer esta actividade, que como nos resultou moi divertida, vola contamos.

Reunímonos todos nun recanto onde dispoñemos dun panel,

e a profe fíxonos escoitar unha música que se chama "clásica".

As veces soaba moi rápido e forte e outras máis despacio e baixo, e propúxonos pintar con pinceis e tres cores: branco, verde e morado

ó ritmo da música, según soase rápido ou lento,

E así pintábamos nos con pinceladas rápidas e "fortes" ou moi despaciño,

               

 

       

E así foi como quedou finalmente o noso "cadro", coa mezcla das tres cores e das pinceladas de todos os nenos e nenas.

 Despois de rematar coa nosa obra, adicamos un tempo a recoller, lavar pinceis e limpar as mesas.

 

Como o cadro ten forma rectangular, o engadimos os que xa temos na clase coas distintas formas xeométricas, pintados por nos.

Ademáis outro día adicamos un ratiño a pensar títulos para o noso cadro e como un dos títulos suxeridos foi "Campo", por suxerencia da profe cada neno se debuxou e pegou no campo do cadro e tamén pintamos moitos soles e esta gran finestra onde se vían os nenos o campo e o sol, a colocamos no recanto da casiña.

Desexamos que así o sol primaveral veña para quedarse un tempiño!

(2009-2010) Investigamos sobre os cabalos

No trimestre pasado, aló por novembro comezamos a investigar sobre os cabalos.

Xa vos contáramos noutra entrada cómo xurdeu o proxecto e pouquiño a pouco o fumos levando a cabo.

Tivemos polo medio vacacións de Nadal, entroido e máis acontecementos así que non nos puxemos unha data para finalizalo.

Pódese dicir que xa o damos por rematado aínda que nos quedan actividades que poden ser interesantes, pendientes de realizarse sempre que poidan conectarse con outros contidos, proxectos ou experiencias.

 

Cando comezamos, partimos dos coñecementos que todos podíamos aportar, e éstos eran:

 ¿QUÉ SABEMOS DOS CABALOS?

- SON MUY BRUTOS, SI TE DAN UNA PATADA SALES VOLANDO.

- COMEN HIERBA AMARILLA Y VERDE.

- VIVEN EN CORTES, ESTABLOS, JAULAS.

- VIVEN EN LAS FINCAS.

- TIENEN UNA COSA PARA QUE NO SE MANCHEN LOS PIES.

- SON AS HERRADURAS QUE TEÑEN NOS PÉS.

- GRITA PARA QUE LLE DEN DE COMER.

- TEÑEN UNHA CORDA PARA ATALOS E PARA CORRER E PARA TIRAR DELES.

- E SÓLTANOS ÁS VECES PARA QUE CORRAN E PARA COMER.

- CANDO UNHA FEMIA ESTÁ A PARIR HAILLE QUE POÑER UNHA MANTA PARA TAPAR A CRÍA.

- SÓ TEÑEN UNHA CRÍA.

- TIENEN UNA CUERDA PARA CORRER.

- LO HAY QUE ATAR CON UNA CUERDA.

- HAILLE QUE POÑER A CORREA E DESPOIS ENGANCHARLLE A CORDA.

- PARA MONTALOS TESLLE QUE POÑER UNHA CORDA E UNHA SILLA SENÓN CAES.

 

O que queríamos  saber, inicialmente foi:

 

-¿QUÉ COMEN?

-¿CÓMO SE MOVEN?

-¿DE QUÉ CORES PODEN SER? TIPOS E RAZAS.

-¿SE SE LLES DA O LEITE EN BIBERÓN?

-¿CÓMO SE MONTA O EQUIPO DO CABALO?

 

Así que mandamos unha nota a casa pedindo información sobre o tema, libros, revistas, contos, imáxenes..... e foi chegando,

                             

Entre todos a comentábamos cada día, contábamos os contos que chegaban relacionados cos cabalos,

e íamos colocando toda a información nunha parte do mural onde poder ollala cando quixéramos,

Todos trouxemos moitos debuxos de cabalos, que pintamos, recortes de revistas que aproveitamos para facer actividades de todo tipo, como por exemplo, escribir nelas as partes do cabalo,

Con elas tamén aproveitamos para ver os distintos tipos e razas de cabalos, así como a súa cor, que era unha das curiosidades, e averiguamos que existen tamén cabalos imaxinarios como o UNICORNIO ou o CENTAURO, engadindo así novo vocabulario ó aprendido sobre o tema (CRINES, UBRES, MAMÍFEROS, POTRO, EGUA, PONY, HERRADURA, XINETE).

Escribimos todas estas palabras, buscamos letras nelas ou algunha vocal (en función da idade e ritmo de cada un) e debuxamos moito tamén para ver de ónde partíamos,

e así darnos conta finalmente de todo o aprendido.

 

Tamén buscamos na bibliteca do colexio e da aula contos e libros relacionados.

Despois das vacacións de Nadal os Magos deixáronnos un libro de cabalos que Serafín o trasno lles pediu para nós e despois de moito consultalo o levamos para a biblioteca do cole para que todos os nenos o puidesen ollar.

Un día apareceron siluetas de cabalos pegadas por distintos recantos da clase, por entre os xoguetes,.... tiñamos que atopalas todas e pegalas no mural que estabamos comezando,

unha vez localizados todos e pegados, pintamos o mural con rodillos e témpera verde, todo por completo, incluso sobre os cabalos pegados,

e o resultado asombrounos a todos, cando xa secou e despegamos con coidado os cabalos pegados,

quedaban as siluetas todas blanquiñas e nelas íamos escribindo e anotando e debuxando o que íamos descubrindo,

Aquí estamos pegando fotos das cousas que comen os cabalos, pois xa as rematamos de escribir entre todos.

¿sabedes que ós cabalos lles gusta moito lamer sal? pero tamén lles gustan os terróns de azúcar e as gominolas, e por suposto a herba e o heno e ata as cenorias....

Tamén fixemos puzzles de papel, vimos vídeos onde aparecían cabalos en carreiras, cos indios e os vaqueiros, transportando á xente, e ata hai cidades onde os policías van montados en cabalo.

Como tiñamos moitas follas secas recollidas do outono, as transformamos en cabalos,

Mirade qué orixinais quedaron

E pouco a pouco entre a información que ía chegando de casa, que foi moita porque as familias traballaron e axudaron moito, e o que atopabamos en internet fumos rematando a nosa búsqueda.

Así quedou o mural finalmente coa información anotada nel, que colocamos no corredoiro para que a poida ler que teña interese sobre o tema:

E se nalgún momento xurde algunha noticia ou aprendemos algo novo dos cabalos, o engadimos ó noso mural.

Vos tamén podedes se sabedes algo diferente, anotalo, aínda temos algún cabaliño baleiro esperando a que vos animedes.

 

(2009-2010) Visitamos o Salón do Libro Infantil de Pontevedra

Despois dun tempo falando do Salón do libro de Pontevedra, e preparando actividades e traballos como o noso libro "Os gormitis salvan a cidade", que xa vos ensinamos anteriormente, por fin visitamos o Salón do libro deste ano.

O que todos os nenos que fumos o ano pasado recordabamos era por suposto ó lobo ORBIL, que alí estaba recibíndonos e se nos aparecía de cando en vez na visita,

     

e qué contentos todos, é que Orbil é moi cariñoso e non se asustou ninguén con él; ademáis xa sabíamos que non é un lobo de verdade, senón de fantasía, como moitas cousas que pasan nos libros.

No Salón tivemos a sorte de asistir a contacontos do grupo Migallas teatro,

e tamén visitamos algúnhas salas ambientadas e decoradas con motivos relacionados coa cidade, e Orbil sempre andaba por alí escondido e o tiñamos que atopar.

              

 

  

Tamén puidemos ver traballos plásticos e literarios feitos por nenos e nenas doutros colexios, e por suposto o noso,

e aínda nos quedou un ratiño para ver e ler contos que había como en pequenas bibliotecas colocadas por zonas para que puideramos estar todos os nenos do mesmo colexio xuntos.

E entre tanta actividade, ademais de viaxar no autobús, tamén nos quedou un ratiño, antes de entrar á exposición, para merendar e coller forzas para o resto da mañán.

Á maioría nos gustou moito vir ó Salón do libro e seguro que vos gustaría tamén a vos, as familias, así que se tendes un ratiño non o pensedes, achegádevos ata aquí, o pasaredes ben!

 

(2009-2010) Facemos os nosos disfraces e celebramos o Entroido

Este ano empezamos con moita antelación a preparar o entroido.

De forma conxunta cos nenos da outra aula de infantil fixemos un mural para o corredoiro, con ventanas feitas en cartolina onde estabamos nós escondidos, cada un co seu disfraz, recortado dunha revista.

  

Lle pegamos a nosa foto, as decoramos e fumos pegando no mural

Tamén fixemos antifaces moi chuliños para decorar o mural.

Facía falla un título así que os nenos e nenas da outra clase ocupáronse de facelo.

Tamén fixemos máscaras para levar para casa para estes días de entroido.

Outro día falamos do que nos íamos disfrazar na casa, os días de vacacións e estivemos tamén a pensar de qué nos gustaría disfrazarnos na escola, todos xuntos, que tivera que ver coa cidade, xa que o estivemos traballando para o salón do libro infantil.

Os disfraces suxeridos por todos foron: POLICÍA, BOMBEIRO, CASA, MOTO e COCHE.

Finalmente o disfraz decidido foi o de bombeiro.

Entre todos pensamos e escribimos qué precisabamos levar e por tanto facer para o noso disfraz,

Aproveitando que temos internet nas aulas, os profes atoparon un par de videos dos bombeiros, que vimos todos xuntos e engadimos ó disfraz as ferramntas.

Cada un elixiu a que levaría (ademáis dunha mangueira enorme que levaríamos entre todos). A maioría elixiron extintores, picos e tamén unha pala.

Eses días ademais de facer os disfraces tamén facíamos algún traballo relacionado cos bombeiros, de plástica, lectoescritura....(completamos a silueta dun bombeiro, escribimos as partes do traxe,..).

Incluso vimos unha noticia do xornal, sobre un incendio dun coche nun garaxe, ó que acudían os bombeiros na súa axuda. E acabamos dramatizando a escena´.

Para comezar a facer o noso disfraz, os profes fixeron eles primeiro un traxe completo, que lle colocaron ó esqueleto do colexio, co que se estudan os osos, e así xa tiñamos un modelo no que fixarnos para elaborar o nos, mirade, mirade como quedou!

 

Cada día elaborámos unha parte do disfraz, axudándonos uns ós outros,

As insignias

O casco, aquí estamos recortando as cartolinas, o papel vermello ironfish e os botóns,

       

Cortamos as tiras para pegar no casco e suxeitar así na cabeza,

              

Recortamos o papel adhesivo amarelo para facer os cinturóns, e lle pegamos o velcro,

Cortamos os sacos vermello a altura do xeonllo e tamén nos brazos, para facer o noso chaleco,

 

               

Pegamos nos chalecos os botóns e a insignia

e fixemos a nosa ferramenta, en cartón

 

  

 

Tamén nos faltaba por facer a mangueira, que sería moooi longa,

                               

E finalmente así quedaron os nosos traxes,

Como xa ben sabedes, o venres 12 foi o desfile, no que participamos con todos os nenos do cole, mollando de cando vez o que se prestara coa nosa mangueira repleta de auga,...

   

Despois do desfile e de bailar un ratiño no pavillón, fumos todos a comer postres típicos do entroido e a xogar, pois ademais tiñamos de invitados tamén ós nenos da Galiña Azul de Campo Lameiro, e por suposto ós compañeiros de Cerdeiras, que sempre celebran con nos estas datas.

 

(2009-2010) SALÓN DO LIBRO- A CIDADE - CREAMOS UN CONTO

Como xa sabedes, comezamos a cartearnos con nenos dun colexio de Pontevedra, co fin de que nos enviaran información, especialmente fotografías da súa cidade e o máis relevante.

Nós escribimos por carta e eles nos contestaron por internet a través da súa páxina web (http://anosaescola.blogspot.com- podedes acceder directamente a través da nosa páxina-en outras redes)- alí podedes ver a foto dos nenos cos que nos escribimos e a información que recopilaron para nós.

 Ese material o imprimimos e fixemos varias actividades con él

Comezamos a pegalo nun gran mural, escribindo os nomes das cousas que íamos pegando,

Tamén fixemos actividades individuais de lectoescritura (atopar letras determinadas, emparellar palabras co debuxo correspondente, poñer un pe de foto,..) buscamos en libros elementos da cidade,..

Como faltaban moitas cousas da cidade que os nosos novos compañeiros non puideron fotografiar, a profe tróuxonos un día moitas fotografías de monumentos de Pontevedra, que vimos no ordenador primeiro.

E así quedou o noso mural finalmente.

No lado esquerdo escribíamos entre todos os nomes e no lado dereito, emparellábamos cada fotografía co seu nome.

Pero antes de pegar as fotos dos monumentos un día "xogamos a pensar" a qué se parecían esos edificios e  monumentos e quén podería vivir neles e a partir de aquí saiu unha historia de fantasía, que presentamos ó salón do libro.

Entre todos debuxamos ás persoaxes, escribimos a historia, decoramos algunhas páxinas da historia, recortamos, pegamos e decidimos o título do noso conto: "Os gormitis salvan a cidade".

A continuación volo amosamos, esperamos que vos guste:

MARCHARON A PEDIR AXUDA E CHEGARON Á PONTE DAS PANTASMAS, ONDE TAMÉN ESTÁN OS LOBOS.

UN LOBO MORDEU Á PRINCESA.

 

OS PRÍNCIPES CHEGARON Á CASA DO MÉDICO E OS AXUDOU.

PERO OS LOBOS, CO SEU OLFATO SEGUÍRONOS E RODEARON A CASA.

O ABÓ DE PEDRA, QUE ESTÁ ATENTO A TODO, CHAMOU POR TELÉFONO AOS SEUS AMIGOS OS GORMITIS.

OS GORMITIS AXUDARON AOS PRÍNCIPES E AOS CABALOS. 

E MARCHARON PARA A SÚA CASA E COLORÍN COLORETE POLA CHIMENEA SAE UN FOGUETE.

E ESTE CONTO REMATOU.

Xa rematado o libro, preparamos a nosa caixa que formaría parte dun rañaceos.

A profe forrou a caixa por fora e nós a pintamos con pincel e témpera branca por dentro.

Finalmente lle pegamos as fotos que os nenos e nenas da cidade nos enviaran, para decorala e anotamos os nosos nomes, dos "autores" da historia.

                    

Nas fiestras do edificio van pegadas as fotos de cada un de nos,

           

e así é como quedou o rañaceos cos traballos do resto de compañeiros do colexio:

  

Unha vez rematada esta actividade, nós continuamos coa experiencia pois agora nos toca enviar información e fotos ós nenos da cidade sobre onoso pobo, Campo Lameiro.

Algúns nenos trouxemos fotografías, recortes e información atopada en internet, e a estamos a pegar nun mural, despois de comentala entre todos.

 

Cando xuntemos suficiente información a enviaremos e ademáis temos pensado facer un mapa do pobo moi moi grande, onde situar as casas de cada un.

Cando rematemos xa volo ensinaremos!

(2009-2010) Escribimos tarxetas de Nadal ós compañeiros/as de Infantil 2

Esta semana ó chegar a clase atopámonos cunha pequeniña sorpresa: había un paquete envolto en papel regalo, esperándonos na alfombra,

e viña acompañado dunha carta, que enseguida limos, coa axuda da profe, para saber de qué se trataba.

Era do trasno Serafín, contándonos que como sabía que nos queríamos escribir cos compañeiros, e como se achega xa o Nadal, pois nos deixaba unha morea de tarxetas postais e sobres para felicitarlles o Nadal ou contarlles o que quixéramos.

Raúl S., que estaba de encargado ese día, abriu o paquete e enseguidiña se puxo a repartir as tarxetas e Aroa repartiu os sobres para poder gardalas dentro unha vez escritas.

                  

                               

A profe nos propuxo que para que ningún neno e nena da outra clase quedara sen tarxeta, podíamos botar a sortes a quén escribir, cada un a un neno/a diferente.

E a verdade é que aínda que non a todos nos tocou con quen non gustaría ou cos que son máis amigos, todos tan contentos.

Outro día o adicamos a "pensar" qué escribirlle ó noso destinatario e dictarlle á profe Ángela o que finalmente decidimos.

Xa noutro momento distinto, descansados e sen tensión por pensar qué poñer, nos adicamos a escribir individualmente  a nosa "felicitación".

Poñíamos nela a data, o texto e a nosa firma, cada un á súa maneira, en función do "momento" ou etapa do proceso de lecto-escritura no que se atopaba.

Texto dunha nena de 3 anos 

("HOLA, FELICIDADES PORQUE VIENE PAPÁ NOEL, LE VOY A PEDIR A PAPÁ NOEL UN CABALLO") 

Texto dunha nena de 4 anos (HOLA, QUE TE TRAIGAN REGALOS LOS REYES, ADIÓS).

 

 

Texto dun neno de 5 anos ("HOLA, SÉ QUE TE GUSTA LA NAVIDAD, Y PAPÁ NOEL TE PUEDE TRAER MUCHOS REGALOS. FELIZ NAVIDAD"). 

 

Xa rematadas todas, faltaba metelas no sobre, pegarlle un selo, que mercou a profe para todos- como tiñamos moitos tamén quedamos nós con un, lle puxemos o nome e nos fixamos que tiña debuxo e números

e por último poñer o nome do neno o que lle escribíamos, pois non fixo falla poñer a dirección xa que as tarxetas eran para os nosos amigos "veciños" e o buzón o tiñan moi preto da súa clase,

 mirade, mirade

  

Para escribir os nomes dos nenos da outra aula, temos na clase uns listados con nomes de nenos e profes onde podemos copialos e ver qué letras teñen,

E por fin levalas ó buzón, qué emoción!!

                          

  

Os nenos levaron unha sorpresa enorme, lles gustaron moito as felicitacións, e como  seguro que nos queren contestar, nos tamén fixemos o noso buzón, 

Mañá buscaremos entre todos un lugar ónde poñelo e xa sabedes, podedes escribirnos cando queirades!!

(2009-2010) ¿Qué haberá na caixa? Xogamos a pensar.

Hoxe, a mestra trouxo a clase unha caixa, pequeniña, vermella, moi misteriosa que non sabíamos qué podía ter dentro,

así que antes de abrila nos propuxo "xogar a pensar" qué podería conter.....

 

Así que nos puxemos a pensar qué podería haber dentro tendo en conta que non era moi grande.

Estas foron as propostas que xurdiron:

FRUTA

COCHES, MOITOS.

UN COCHE GRANDE, MOOOI GRANDE.

MANDARINAS GRANDES Y PEQUEÑAS.

UN PEINE.

PESCADO.

UN DINOSAURIO GRANDE.

LEITE DE VACA.

UNA PERA.

CEREALES.

UN MORCEGO.

CABALOS. DE XOGUETE

Resulta que ninguén acertou co que de verdade había dentro, pero antes de amosárnolo a profe preguntounos 

"¿qué vos gustaría que houbese dentro?" E "¿por qué?"

 

- Papeles para escribir.

- Coches, para xogar nas construccións.

- Frutas, para comelas.

- Un burro.

- Un disco de los que vuelan.

-Un pastel para darllo a profe e que merende.

-Unha tarta.

- Cabalos.

- Un juguete para la profe.

- Azúcar, pa tomar, gústame.

- Cereales, para comer.

- Chocolate, porque me gusta moito.

Á profe lle gustaron moito as respostas aínda que nos custa moito dicir por qué. Ela sempre nos insiste moito en que hai que dar "boas razóns" e non vale o "porque sí".

E sabedes qué? pois que na caixa había papeles, sí, pero non para escribir, senón escritos.

Eran postais de nadal, cartas, tarxetas postais que se mercan nos lugares ós que se viaxa....

Ó velas todos pensamos que eran cartas para Papá Noel, iso é que xa andamos a pensar na carta que lle escribiremos!

Despoís as clasificamos en tres grupos: por un lado as tarxetas de Nadal, por outro, as cartas, metidas nun sobre e por outro as tarxetas postais de viaxes.

A seguinte proposta foi escoller unha parella ou grupos de 3 e escribirlle unha carta a algún neno ou nena da clase do lado, Infantil 2.

               

iso sí, nós solos, decidindo qué escribirlle ó elixido/a.

Iago e Sara estaban no mesmo equipo pero cada un lle quería escribir a un neno distinto, e como non conseguiron poñerse dacordo, Iago lle escribiu a Hugo dándolle as gracias por xogar con él e Sara a Ainhoa preguntándolle cómo estaba.

Outros nenos tamén lle escribiron a Hugo dicíndolle que é un bo amigo, un "amigo guay" .

Estabamos tan emocionados que xa fumos de seguido a darlles a "carta" ós nenos e a profe nos contou que para que sexa unha carta en toda regla o próximo día faremos unha, a meteremos nun sobre, cun selo, a botaremos nun buzón e lle contaremos algunha cousiña máis ós nosos amigos, porque senón as nosas cartas van parecer máis un "telegrama".

Pero isto xa volo contaremos outro día!

 

 

 

(2009-2010) Comezamos un proxecto de investigación

Estes días estivemos a falar na clase e a pensar sobre qué tema nos gustaría "investigar" para aprender novas cousas. Despois dunha choiva de ideas na que íamos contando e escribindo cada un o seu tema,

 

 

        

 éste foi o resultado, as nosas inquedanzas:

Todos participamos, cada neno/a escribindo á súa maneira. Os temas elixidos foron:

OSOS - COELLOS - ARDILLAS - CAMELLOS - PAXAROS - CABALOS- ELEFANTES - A TELEVISIÓN - OS OSOS DO CORPO - OS CANGUROS.

Unha vez escrito o listado, tivemos que facer as votacións, pegando un gomet ó lado da palabra ou fotografía (que posteriormente pegamos), así que deixamos un tempo para pensar e reflexionar sobre qué tema nos gustaba máis e máns á obra.

Algúns temas levaron un punto nada máis e outros levaron 2, así que a segunda parte consistía en facer unha segunda votación cos temas que conseguiron máis puntuación. Estes foron:

OS ELEFANTES

OS OSOS DO CORPO

OS CANGUROS

OS CABALOS

A TELEVISIÓN

Finalmente éste foi o resultado final:

O tema máis votado, e que polo tanto espertou máis interese na maioría foi o dos cabalos, así que a partir de agora comeza o traballo de investigación; non vos extrañedes se na casa ou polo colexio vos pedimos algunha axuda.

Xa vos contaremos o que averiguamos e en qué estamos a traballar!

(2009/2010) O MAGOSTO E MOITO MÁIS- TRABALLAMOS POR EQUIPOS

No mes de outubro e parte de novembro fixemos unha serie de actividades relacionadas coa estación do outono, entre as que se atopan as celebracións do samaín e do magosto.

Pero tamén traballamos de forma paralela todo tipo de actividades, como facer unha exposición de todo o que acontece no outono, tanto a nivel plástico como de achegamento á lecto-escritura, así como de análise e de traballo en grupos de todo tipo.

Traballamos a miudo en equipos e nos organizamos de diferentes maneiras; ademáis unhas veces é o encargado o que fai os grupos (parellas, de tres ou máis), outras a mestra, e outras nos mesmos en función das nosas preferencias.

Así foi neste caso: aquí estamos a traballar por equipos, organizándonos e dividindo o traballo, aprendendo a ter en conta o traballo dos compañeiros e as súas aportacións, a valoralas e respectalas.

Temas como a vendima, a migración das aves, o tempo propio desta estación e as súas consecuencias, a hibernación dalgúns animais, .... que tratamos na aula, visionamos en internet, e posteriormente

reflexamos e represenamos á nosa maneira.

Aprendimos vocabulario novo e curioso, como "migrar" e "hibernar", e aproveitamos para avanzar no proxecto lecto-escritor partindo destes novos coñecementos e descubrimentos. 

Tamén xurdiu o interrogante de qué animais "hibernaban"

e nos puxemos mans á obra, despois de facer variadas hipóteses sobre cales serían, e coincidindo case todos en que moitos domésticos non porque os observamos diariamente nas nosas casas.

As propostas de todos eran buscar "nos libros", en informática "nos ordenadores" e nalgunha película, así foi como un neno nos contou que nunha película de debuxos se enterou de que algunhas tartarugas hibernan.

       

Collimos prestados algúns libros de información da biblioteca do centro,

e ahí averiguamos que os osos os podíamos engadir á nosa lista.

Falando de osos, a mestra nos amosou un video que atopou en internet onde un oso polar "hibernaba" debaixo do xeo.

Un día apareceu na clase un sobre,

cunha carta; era dun trasno que vive nunha seta no monte e que é moi sabio, chámase Serafín, e nos quería axudar contándonos cales eran algúns destes animais que hibernan,

Qué sorte tivemos!!! Agora que sabíamos máis nos xuntamos de novo por equipos e plasmamos nun papel estes novos descubrimentos

 

Quedamos tan contentos e agradecidos a Serafín o trasno sabio, que temos a súa carta e unha imaxe súa pegada no noso mural do outono para recordalo, e esperando que volte outra vez a contarnos cousas novas.

Todo estes traballos feitos entre todos os colocamos nos corredoiros para que os demais nenos os puidesen ver e aprender algo novo.

 

Tamén fixemos outros traballos como a nosa roda do outono, que estamos rematando,

 pintamos con témperas e mans as nosas árbores baleiras de follas, temos convertir as follas secas en animais e persoas, e por suposto sacar a nosa foto con algunha das árbores do patio que están espidas.

Para celebrar a festa do magosto, fixemos a nosa cesta cun cartón de leite.

Mandamos unha nota a casa pedíndoo, feita por nos, e xa na aula, nos puxemos mans á obra.

Aquí estamos decorándoas, cada un ó seu estilo.

Tamén participamos nos xogos do pabellón,

e por fin comimos as castañas asadas!!

Ah!! vos acordades que Ana gañara o concurso en infantil pola cabaza máis bonita? pois ese día recibeu un premio inesperado, un conto moi moi chulo.

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.