Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



CONSELLOS PARA NON MALGASTAR A AUGA
PUBLICADO O 12/06/17

Os de 1º e 2º aprendimos moito sobre a importancia da auga. Ao noso planeta chámaselle "o planeta azul" porque a meirande parte del é auga. Sen embargo, a maioría é auga salgada. A auga é moi necesaria para os seres humanos, os animais e as plantas. Sen ela non poderiamos vivir.

É moi importante non malgastala.Aquí vos damos algúns consellos fáciles de seguir para usar só a necesaria:

  • Non deixar as billas abertas mentres nos aseamos, lavamos os dentes ou a louza.
  • Ducharse mellor ca bañarse.
  • Regar as plantas coa auga da choiva.
  • Lavar as froitas e verduras nun balde con auga e non debaixo da billa.
  • Amañar canto antes as billas que gotean.
  • Non botar lixo nos ríos, no mar, e.t.c.

Seguide estes consellos e teremos un mundo mellor, con moita auga limpa.



EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.