Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



CELEBRACIÓN DA 3ª EDICIÓN “ LECTURAS NA CARBALLEIRA”
PUBLICADO O 12/05/17

CELEBRACIÓN DA 3ª EDICIÓN “ LECTURAS NA CARBALLEIRA”


O xoves día 4 de maio como tódolos anos achegámonos á carballeira do Concello para celebrar a 3ª edición das “ LECTURAS NA CARBALLEIRA”.

Fomos a conmemorar o Dia do Libro, e de paso, facerlle unha homenaxe ó autor das Letras Galegas de este ano :Carlos Casares.


Eleximos o día que se fai a feira no pobo porque así tiñamos mais afluencia de público. Encántanos compartir a lectura coa xente de Campo Lameiro.

 


As actividades que levamos a cabo foron:


- Apadriñamento de antigos libros da escola.

- Lecturas variadas de obras de Carlos Casares e da sua biografía.


- Lecturas de varios autores/as feitas por familiares e amigos da escola

- Reparto de “ POEMAS A SORBOS” entre o público asistente.

 

- Obradoiro de caligramas na carballeira.

 


O dia foi soleado o que axudou inda mais a disfrutar das actividades que tiñamos preparadas.

Para rematar queremos agradecer a colaboración das persoas que amablemente nos cederon un anaquiño do seu tempo para regalarnos lecturas, lendas, e anécdotas.

Éstes son: Blanca, a farmacéutica, Mercedes a avóa de Carolina, Carlos o pai de Raúl, Ángela traballadora do Concello e Carol mestra de ioga.

Deixámosvos tamén unhas preciosas imaxes do libro que fixo Mercedes a avóa de Carolina para esta ocasión, na que nos conta unha historia real sobre o tempo en que ela ía coidar un rabaño de ovellas ó monte e veu un lobo a atacalas...que nos encantou!

 


Moitas grazas a todos e todas. Ata a próxima.


DISFRUTADE DAS LECTURAS!!!!!!

Autores do artigo: Lore e Diego ( 6º curso) 




EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.