Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



Entrevista a Jose Luis García Silva
PUBLICADO O 04/04/17

O grupo Os Rebeldes de 6º curso, fixémoslle unha entrevista a Jose Luis García Silva. Coñecido en Campo Lameiro como Kilí. El, contounos o que fixo ao largo da súa vida no fútbol.

A continuación mostramos a entrevista que lle fixemos. 

-Como foi o teu primeiro contacto co mundo do fútbol?

-Empezei a adestrar ao Campo Lameiro, fai aproximadamente 38 anos, cando se fundou o Campo Lameiro, fun o primer adestrador e fundador no 76, esto todo foi sen título.Anteriormente adestrei ao Atlético de Cuntis.

-Que outros equipos entrenaches? 

-Despois empecei a adestrar o Declano,o Morano,Alavés en primeira división...

-Que outras actividades fixeches con respecto ao deporte?

-Despois fun seleccionador galego, na selección galega de Pontevedra, estuven como colaborante na selección galega de xuvenís.Fun profesor na escola galega de adestradores moitos anos, presidente na selección de Pontevedra, e delegado do comité en Galicia nos adestradores de Pontevedra.      Cambiei de xogador a adestrador por unha lesión na rodilla. Teño todos os títulos ata o nacional, que me permite entrenar a todos os países do mundo.

-A marxe do mundo deportivo dedicouse a outra cousa? 

-Mentres estaba facendo a carreira,tiña unha librería, "Quiosco Luis", vendía libros de texto, bocadillos, chuches...Cando empecei a meterme no mundo do fútbol desfíxenme dela. 

-Tamén tiveches contacto co mundo da política?

-Estiven de concejal, co grupo independente, na primeira lixeslatura co actual alcalde, cando Don Julio se pasou ao PP,eu non seguín.

-Cando empezaches o negocio? 

-Empecei o negocio por o mundo do fútbol, vendo que había unha porta aberta nos clubs que lle poidera aportar obxetos deportivos e ideas axeitadas a necesidade dos clubs. Despois empecei a estudar artes gráficas, ca idea da imprenta dedicada ao mundo do deporte, papelería, cartelería e a de merchandising. Agora son unha referencia a nivel nacional en España, e fora de España.

-Tiñas algunha maneira especial de adestrar?

-Fun dos primeiros adestradores que empezou a adestrar sete horas, e con música. Chegaron a catalogarme como "entrenador galáctico".

-Foches comentado ou grabado por algún canal?

-Fun comentado por o periódico As, e Marca, e grabado por Canal Plus. 

- Hai algún equipo importante ao que lle fabricas bufandas?

-Si, para peñas deportivas, Real Madrid, Sevilla, At. de Madrid...

-Cal é o equipo que estas mais orgulloso de adestrar?

-Foi o Alcoyano (Alicante), en 2ª división.

-Participou nalgún acto interesante?

-Fun o primeiro en desfilar na festa de moros e cristiáns, invitado por unha afilá, (peña).Fórono a ver entre 30.000 e 40.000 persoas. E de interés turístico.

Foi unha entrevista moi interesante, fixo moitas cousas na vida, e sacrificouse moito por o pobo. 

 

 



EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.