Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



Os Bolechas visitan Campo Lameiro
PUBLICADO O 12/01/17

 lTodos coñecedes aos Bolechas, verdade? Pois si, tamén estiveron en Campo Lameiro, e acordáronse se nós, das nenas e dos nenos do concello!

Alá polo mes de nadal, o alcalde acudiu persoalmente á escola para formalizar unha invitación ao concello. O asunto era a recollida dun exemplar do libro que os Bolechas dedicaron a Campo Lameiro e Moraña.

E chegou o día! O luns, 19 de decembro, todo o alumnado da escola, dende Infantil ata 6º curso, encamiñámonos cara ao concello onde tería lugar este evento. Alí, presidindo a mesa, estaban o alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, quenos presentaron o libro.

Os nenos de 6º tiñamos reservado un lugar na mesa de asambleas, por iso de ser os máis vellos...

E alí estabamos todos...

Ben acurrucadiños...

E unha vez rematada a presentación, os maiores fixemos o reparto dos libros para que cada un dos nenos dispuxera do seu exemplar.

Houbo libros para todos, así que volvemos á escola co noso libro debaixo do brazo!

 



EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.