Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Xornal escolar paxina individual



VISITA DO ESCRITOR RAÚL VACAS
PUBLICADO O 12/04/16

O pasado mes de xaneiro, visitou a nosa biblioteca o escritor Raul Vacas, dentro do proxecto que dende a biblio se está a levar adiante este curso: "EMOCIÓN-ARTE".

Como no 2º trimestre traballamos a poesía, ninguén mellor que el para contarnos unha morea de historias en forma de poemas. Así, a través do seu libro: "ABC DIARIO", adentrámonos no mundo dos versos contadores de contos.

E, logo pasamos  a escoitar á nosa estrela, que nos deleitou con recursos para traballar e coñecer a lingua, con poemas sonoros e frescos, e ata con raps, que...vaia como rapeamos todos e todas!!

Cando chegou, recibímolo coas paredes da biblio cheíñas dos seus poemas, que xa nalgunhas aulas estiveran a descubrir. A rapazada de 3º curso fíxolle un divertido poema e presentación...

 



EDITAR ARTIGO

O contido deste xornal online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho atopándose albergados os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este xornal online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.
editar admin

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.