Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

IV EDICIÓN DE "LECTURAS NA CARBALLEIRA"

 

A LECTURA COMO CLAVE DO ÉXITO NA VIDA DE TODAS AS PERSOAS


O CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO convídavos á celebración da Semana do Libro con diferentes actos:

ACTIVIDADES CON FAMILIAS

* Día 20 de abril: “ Lecturas na Carballeira” ás 12:00h con apadriñamento de libros.

* Día 23 de abril: “Familias lectoras”, a partir das 12:00h no colexio. Necesitamos voluntarios/as para facer as lecturas.


ACTIVIDADES INTERNAS DO CENTRO

* Día 24 e 25 de abril: “Mestres lectores” no colexio na hora de ler.

* Día 26 de abril: ” Nenos/as lectores” no colexio na hora de ler.

*Día 27 de abril: “ Obradoiro de guións cinematográficos” actividade dirixida polos organizadores do FICBueu.



 

(2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018

Tal como vos comentamos nunha entrada anterior, para participar nas actividades do Salón do Libro 2018 creamos unha serie de libros sobre "mulleres de conto", que podes ver na seguinte ligazón:

24/03/18: (2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo 

 

 

O 9 de abril puidemos participar nas actividades organizadas polo Salón do Libro 2018, onde puidemos ver o noso traballo, visitar a exposición e participar nunha serie de obradoiros.

Os de infantil asistiron a un contacontos sobre mulleres imporantes na historia.

Os de primeiro e segundo participaron noutra sesión de contacontos.

Os de terceiro e cuarto así como os de quinto e sexto participaron en cadanseu obradoiro.

Podes ver de seguido algunha fotografía da nosa visita.

 

 

 

Alí puidemos ver o noso traballo, na exposición, xunto ó dos restantes compañeiros e compañeiras doutros centros.

 

Podes ver tódalas fotografías da nosa visita e participación nas actividades do Salón do Libro na GALERÍA FOTOGRÁFICA, podes facelo directamente desde aquí.

Atoparás información  máis específica sobre cada curso,  nas entradas publicadas nos diferentes blogues da web.

Se queres visitar "O Salón do libro" de forma gratuita, podes consultar os horarios na seguinte ligazón:

www.salondolibro.gal

2017/2018 Na busca de información sobre o antigo cine de Campo Lameiro

 

Xa inmersos no Proxecto organizado pola biblioteca do centro: "3,2,1...rodando libros " quixemos afondar un pouco máis a cerca dun antigo cine que existía en Campo Lameiro fai xa moitos anos.

E, alá fomos, os de 6º, ao Concello coa profe Zaira,que nos axudou a redactar unha carta donde lle explicabamos o traballo que estamos a realizar, e a información que necesitabamos ...

 

 

 

Agora esperamos que nos contesten pronto

(2017/2018) DÍA DA POESÍA

 

¿ Qué es poesía? Se preguntaba Bécquer...

Poesía é ver a todos estes cativos lendo, interpretando, entonando poemas aos máis pequenos. 

Os alumnos/as de 6º foron os encargados de ir polas aulas explicando o que iamos facer para celebrar o DÍA DA POESÍA

 

 

 

Unha vez que xa tivemos claro o que queriamos facer pois cada nenos/a APADRIÑOU  a outro máis pequeno. Buscaron un recuncho confortable, cómodo , onde se sentiran a gusto, para lerlle anaquiños de poesía...

  Así cada rincón do cole sonou a poesía...

 

POESÍA SODES TODOS VÓS !!!!!!!!!!!

 

 

 

 

(2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo

Xa temos listo o noso traballo para o Salón do Libro, e vai cara o Pazo da Cultura, onde asistiremos ás actividades orgaizadas o 9 de abril.
 

 
Velaquí estamos todos despedíndonos deles. 
 

TALLERES DE LECTURA

Seguindo co  PROXECTO DE BIBLIOTECA      "3,2,1...Rodando libros" recollemos as accións levadas a cabo dende os talleres de lectura creados na hora de ler,  que forman parte dun dos eixes do proxecto, xunto con un obradoiro de guións cinematográficos e os talleres de dramatización/interpretación dos que falaremos máis adiante.

Aí vai pois en imaxes, un dos frentes importantes deste proxecto: Os talleres de lectura

 

INAUGURACIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS

E, por fin chegou o día no que puxemos a andar a nosa "Escola de Familias".

Para esta primeira toma de contacto eleximos un tema que desperta o interese tanto de nais/pais como de mestres: Os perigos das redes sociais e Internet. A charla correu a cargo do responsable da Garda Civil para os centros educativos.

 

Explicounos cousas que xa sabiamos e, outras que descubrimos ese día.

 Tamén houbo un oco para as preguntas das familias, que foron ben interesantes.

 

Recordarvos que na entrada do cole hai un espazo adicado ás familias, con distintos tipos de bibliografía, do que podedes facer uso.

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

( 2017-2018) " RESPÍRASE " PAZ

 

 

Un ano máis celebramos o día da Paz. Aquí veredes en imaxes todo o que se preparou para a celebración...

 

Dende a biblioteca organizamos unhas lecturiñas...

E, tamén houbo escenificacións en conta da intolerancia, a violencia, .....

 

 

Os rapaces e infantil tiveron un recordo para as mulleres que gañaron o "NOBEL"..

 

Osrapaces de 4º tamén lle cantaron á Paz...

E co profe de música rematamos a celebración poñéndonos todos nun círculo e cantando...

 

Conmemoramos o día da paz

Dende a biblioteca escolar achegámoslle aos nen@s unha escolma de libros que promoven o respeto, a empatía e a solidaridade, libros que promoven valores e axudan a xestionar as emoción. Porque os libros tamén son imprescindibles para promover a Paz.

       

 

         

Tódolos títulos que tratan de desenvolver unha conciencia de respeto e aceptación polos demais foron colocados nun estante ó que animamos a achegarse a todo o alumnado.

       

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.