Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

A NOSA MASCOTA DORA MARCHA PARA O IES

 

 

 

A nosa mascota Dora Exploradora remata primaria. E, como todos os nosos alumnos/as seguirá adquirindo coñecementos alá no IES...Pero, antes de que marchara, fixémoslle unha boa despedida...

 

Concurso de relatos de medo

Este ano propuxemos inventar uns relatos de medo. Ainda que nos gustaron todos só escollemos un por curso para ler diante dos compañeir@s.

Estes foron os relatos gañadores do" certame de relatos de medo Pedro Antonio Cerviño"

Levaron un pequeno agasallo para animalos a seguir escribindo historias.

                                           
 
 
                    
 
 
 
  

(2017-2018)LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

 

 

BO VERÁN E BOAS LECTURAS A TODOS/AS

 

(2017-2018) Xa podes ver a nosa película: "3,2,1...Rodando libros", presentada esta tarde para as familias

Este curso, dende a Biblioteca escolar, estivemos a traballar a nivel de centro, nun proxecto de cine, que leva por título:"3,2,1...Rodando libros".

 

 

Como produto final,rodamos unha película entre todos os cursos, que proxectamos para as familias  o  MARTES 5 DE XUÑO ÁS 18:00H no SALÓN DE ACTOS do colexio.

 

 

 

A proxección para os alumnos/as será o día 21 de xuño en horario escolar.

Xa podes ver a película rematada de seguido.

 

(2017-2018) Descubrindo a María Victoria Moreno para celebrar as Letras galegas

Este curso celebramos a semana das Letras Galegas descubrindo a vida e a obra da autora homenaxeada, María Victoria Moreno.

 

Os compañeiros e compañeiras de Educación infantil crearon un mural cunha das ssúas poesías, que falaba dun can, posto que lle encantaban os animais e estaban moi presentes na súa obra. Engadiron no mural fotografías cos nomes das mascotas de cada un deles.

 

Descubriron tamen a María Victoria Moreno os compañeiros e compañerias de primaria, a través de diferentes actividades levadas a cabo na aula.

 

Ó día seguinte da celebración das Letras galegas, organizouse un acto de celebración na Biblioteca do centro.

 

Nesa celebración algúns compañeiros contáronnos, a través dunah presentación, diferenetes momentos da vía e obra de María  Victoria Moreno.

 

 

Tamén asisitimos á interpretación de varias composicións musicais da tradición galega.

 

Os representantes da ANPA entregaron os premios do concurso Literario que organizaron, xunto coa colaboración do Concello e da editorial Kalandraka.

 

(2017/2018) TALLER DE ELABORACIÓN DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS

 

Seguindo co noso proxecto " 1,2,3...Rodando libros" e, despois de traballar en distintos talleres as lecturas de  guións cinematográficos, damos un pasiño máis e, recibimos no cole, unhas orientacións (que nos viñeros moi ben) a cargo do FIC de Bueu (festival internacional de curtametraxe) sobre a elaboración de guións...

Por onde empezamos? que fai falta para escribir un guión?

que necesito saber?...Cantas preguntas, agora xa, con respostas...

Aí estamos todos/as atentos ás explicacións de Manuel...

 

Cantas cousas descubrimos!!!

Falounos do primeiro paso...ter unha idea. De escribir un argumento, dos personaxes, do escenario, dos planos, das fases...

Esto era a primeira parte, porque Manuel vai a volver para ensinarnos uns cortos súper chulos...E, agora, tócanos a nós poñernos mans á obra se queremos ir "RODANDO LIBROS"...

(2017/2018 ) SEMANA DO LIBRO " MESTRES LECTORES"

 

E, para rematar a semana de celebracións, agora son os mestres os encargados de facer as lecturas na " HORA DE LER"...

 

A PROFE ZAIRA...

 

A PROFE IRIA...

A PROFE ELI...

A PROFE SUSANA...

A PROFE NOELIA...

A PROFE YOLANDA...

APROFE CRIS...

A PROFE MARÍA...

O PROFE ÓSCAR...

A PROFE LOLI...

A PROFE MARTA...

 

O PROFE PAULO...

(2017/2018) SEMANA DO LIBRO " NENOS/AS LECTORES"

 

Esta Semana do Libro deu para moito...Seguimos coas actividades organizadas ploa Biblio, e, neste caso, tocoulles aos rapaces lerlle a outros rapaces. Así foi a HORA DE LER" do 26 de abril...

(2017/2018) SEMANA DO LIBRO "FAMILIAS LECTORAS"

 

 Seguindo coa celebración da Semana do Libro, dende a Biblioteca escolar intentamos implicar ás familias para que acudiran ao cole a lerlle aos cativos...

 Foi unha "hora de ler" distinta a de outros días...

E, polas súas cariñas, coidamos que lles gustou moito!!!

 GRAZAS FAMILIAS!!!!

 

 

 

(2017/2018) SEMANA DO LIBRO: "LECTURAS NA CARBALLEIRA"

 

 Comezamos a celebración da Semana do Libro co 4ª Edición das "LECTURAS NA CARBALLEIRA" 

Nesta fermosa praza organizamos desdes fai uns anos, un apadriñamento de  libros que non deixa indiferente a ninguén...

 

 Os rapaces do cole tiñan preparadas unhas lecturiñas de anacos de contos que foron levados ao cine. Pero  non remata aí a cousa porque despois os alí asistentes tiñan que adiviñar de que peli se trataba...

 

 

 

Pero non pensedes que solo leron os rapaces...

Temos que agradecerlle a Pili e a Eloy a súa excelente colaboración ese día...

 Bueno, e a todos os que se acercaron á Carballeira para vernos e escoitarnos.....

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.