Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR

 

Dentro das actividades programadas dentro PLAN DIRECTOR, e despois da sesesión que nos ofreceron cos pais/nais, agora a Garda Civil visita ao alumnado do cole para ofrecernos información e formación sobre a violencia de xénero e o acoso escolar.

 

Resolvéronnos moitas dúbidas...

 E,  a partir de aquí, xa sabemos un pouco máis desta temática que, por desgracia está tan a orde do día...

Neste senso, educar no respecto á diversidade forma parte da formación integral do noso alumnado. Ligado todo a valores como a igualdade, a pluralidade, a diferenza e o respecto.

(2018/2019) Escola de Familias: Charla sobre violencia de xénero e acoso escolar

 

 

O pasado 26 de abril , e dentro do Plan Director, acudiron ao centro dous membros da Garda civil encargados da charla para  Escola de Familias sobre violencia de xénero e acoso escolar.

 

MOITAS GRAZAS AOS PAIS/NAIS QUE PARTICPARON !!!!!

2018-2019 A farmacéutica de Campo Lameiro fálanos das plantas aromáticas e mediciñais

Dentro do proxecto da biblioteca sobre plantas aromáticas e mediciñais, tivemos unha visita que nos aclarou moitas dúbidas, e que nos sorprendeu gratamente...

 

Clara e  Clara explicáronnos os usos, as propiedades, os distintos nomes que teñen...

Ata resolveron algunha que outra preguntiña que tiñamos por aí...

E, despois a tocar, a ulir, a observar....

 

 

A menta tivo moito éxito!!!!  E resultaba un olor claramente recoñecible....

 

O romeu tamén tivo o seu momento de gloria, e sabíades que se pode facer alcol de romero??? Pois sí!!!  Boísimo para a caída do pelo, para os músculos, para as varices..

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!!!

2018-2019 MAMÁS LECTORAS

 

O día 8 de marzo dúas mamás traballadoras, lectoras e moi moi colaboradoras, acercáronse ao cole para lerlle aos rapaces...

Aquí tendes a Olga, mamá de Alberto e Joaquín...

Os pequenos non perdían detalle....

Aquí está Isabel mamá de Nahuel e Ariadna...

Despois das lecturas fixemos todos/as unhas reflexións ...sobre a igualdade, a discriminación, a inclusión...

 

Moitas grazas por participar connosco!!!!!!

(2018-2019) Poemas e flores no día de Rosalía

 

Todos e todas, mestres e mestras, alumnos e alumnas traballamos na confección das flores que íamos a regalar á xente do pobo para commemorar o Día de ROSALÍA

Flores e máis poemiñas que fixeron polas aulas para repartir..

E alá fomos...Ao Concello ( onde nos regalaron un comic dos Bolechas),

Á oficina de Abanca....

Ás perruquerías, ás cafeterías, ás tendas.....

 Agora en Campo Lameiro xa coñecen un pouquiño máis da obra de Rosalía

 

(2018-2019) Apadriñamentos lectores

Todos os luns, na hora de LER, nos reunimos padriños/madriñas e afillados/as para ler un rato xuntos...

Buscamos un rinconciño agradable, cada quen, o lugar que máis lle guste, e alá vamos!!!!  A meternos na vida e na pel de tantos e tantos protagonistas que se atopan agochados nos libros....

 

2018-2019 - PRIMEIROS PASOS ...NA COMPOSTAXE

Dentro do proxecto da Biblio " Sementando aromas" e coa colaboración da Deputación e o Concello, damos os primeiros pasos na compostaxe co programa "REVITALIZA"

Os compañeiros e compañeiras de infantil participaron nun obradoiro de compostaxe, no que descubriron cousas moi interesantes ó respecto.

 

Pola súa banda, os rapaces de infantil, 1º e 2º estiveron facendo xogos para ir entrando en materia...

 

Os compañerios e compañeiras de 3º,4º,5º e 6º asistiron primeiro a unhas charlas informativas antes de poñer en marcha o composteiro no patio do colexio.

Escoitaron atentos como se construía....

E comezamos.....

 

Bueno...Non parece moi difícil...

 

Tamén os compañeiros de infantil, 1º e 2º participaron na posta en marcha do composteiro.

 

Listo....

E agora a buscar paus pequeniños para meterlle dentro e osixene a nosa mezcla...

 

 

Pois xa estaría listo...Algún rapaz trouxo restos orgánicos e xa estreamos o noso composteiro!!!!!

 

 

Agora xa podemos botar nel os restos orgánicos das nosas merendas. Os de infantil tamén veñen cada día a depositar os restos orgánicos das súas merendas no composteiro

2018-2019 Nadal na Biblio

E chegou o Nadal!!!

 

Construímos un calendario de Adviento con preguntiñas para que cada neno/a, anotara nunha papeleta a resposta correcta, e a introducira no buzón tan chulo situado na entrada da biblio... O premio????  Unha sorpresa fabulosa escondida detrás de cada día do calendario....

 

Tamén decoramos con carteis...

E mesmo fixemos unha árbore de nadal cuns libriños...

As recomendacións lectoras para nadal circularon por todo o pobo...repartimos na gardería, na panadería, na farmacia...

 

Quedaron así de chulas...

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

Celebramos o día das Bibliotecas escolares con diferentes tipos de lecturas...

 

 

Cariñas espectantes na procura dos máis terroríficos...

 

 

 

 

 

ELEXIMOS UNHA NOVA MASCOTA

 

 Este é o resultado do concurso de mascotas que se fixo no colexio... E,de entre todas, (que estaban súper chulas) as que máis gustaron foron dúas: a mascota de Javi Gil, e a de Guillermo de 5º..

Esta é a que creou Javi

E esta é a de Guille

Bufffffffffff   Que difícil decidir verdade???? 

Ao final, o gañador foi.......

 

Pero para Guille tamén había un regaliño...

 

E este é o resultado final da nosa nova mascota: O PORCOESPÍN SERAFÍN, A TODOS OS LIBROS LLE PON FIN.

 

Grazas a todos por participar!!!!!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.