Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2021-2022) Polo día internacional da muller (8M), descubrimos ás mulleres da nosa vida.

Para conmemorar o "Dia internacional da muller", pensamos en facer un mural no que estiveran presentes as "mulleres que hai nas nosas vidas".

Despois de escribir unha nota que levamos para casa, fomos recibido por e-mail as fotografías de todas elas, que fomos presentando os compañeiros e compañeiras.

   

Recortamos as fotografías...

       

... para ir completando o número "8" do noso mural, pegándoas no lugar que cada quen escollía, sempre dentro do número.

      

Para complear a letra M do noso mural (que se corresponde co mes de MARZO), como estabamos na semana da prensa, pegamos fotografías de mulleres que atopamos en noticias de xornais.

 

         

Unha foto de grupo co mural xa rematado, serviu como remate a esta homenaxe que quixemos facer ás "mulleres da nosa vida".

     

Agora, todas elas, comparten protagonismo e espazo coas "mulleres gañadoras do premio Nobel da paz", tal como xa vos contamos nesta entrada publicada anteriormente:  

01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas.

    

Así de xenial quedou o noso mural do 8M unha vez rematado, podes velo no seguinte vídeo:

   

  

(2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics"

Por fin chegou a semana do Entroido, tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online. Contábamos cunha semana para seguir as instrucións de "Serafín o procoespín", e para deseñar, planificar e crear o noso disfraz de Súper López.

    

"SERAFÍN, O PORCOESPÍN, MANDA..."

Cada día da semana, de luns a xoves, Serafín mandounos traer posto algo "diferente". Cada grupo foi o encargado de propoñer o que "Serafín" pediría traer ó día seguinte.

Nós fomos os primeiros, e escollemos o seguinte:

   

Cada día, agardamos a que Serafín tivera posto o seu cartel, proposto polo resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, tal como fixeramos nós. Anotámolo cada día, nunha nota para levar ás nosas casas, e así non esquecernos. 

 

   

Os de infantil escollimos "traer perruca e gafas". 

   

Primeiro e segundo "un gorro, guantes e mandil".

 

  

Terceiro e cuarto propuxo traer "algo raras" (que nos interpretamos como roupa dos nosos pais)

     

E, finalmente, desde quinto e sexto pediron que cada quen trouxese posto un disfraz.

 

     

Cada día fomos completando un rexistro, con fotografías do grupo disfrazados, e escribindo un pé de foto a cada unha.  

 

     

          

DESCUBRIMOS, DESEÑAMOS E CREAMOS O DISFRAZ DE "SÚPER LÓPEZ"

Este curso todo o colexio iría disfrazado de "cómics" e a nós correspondeunos "Súper López", que xa o tiñamos nunha das bibliotecas de aula.

Habitualmente, ata a COVID-19, organizabamos un obradoiro coas nosas familias, para que viñesen a divertirse connosco na aula, facendo os disfraces, seguindo os pasos e instrucións que creáramos. Como non foi aínda posible que viñesen, tivemos que facelo sen a súa axuda. Agaradamos poder retomar estes divertidos obradoiros en canto sexa posible.

Despois ver unha curtametraxe onde saía Súper López, comentamos como nos parecía que era este "superheroe" tan peculiar. Tamén falamos de como facer un disfraz que nos permitise convertinos nel.

Acordamos e escribimos as partes que tería que ter o noso disfraz. Pensamos tamén que material iamos precisar para cada unha delas.

 

Unha vez tivemos claro o proceso de creación, redactamos unhas instrucións dos pasos que había que seguir para crear o disfraz. 

Entre todos e todas pegamos fotografías dos pasos a seguir, enumerámolos e escribimos unhas instrucións precisas para cada un.

E así quedaron, unha vez rematadas, as instrucións.

Xunto co modelo do disfraz xa rematado. Estaba todo listo para poñernos mans á obra.

    

Fomos seguindo os pasos, das instrucións redactadas, para ir creando as diferentes partes do disfraz:

   

De cando en vez voltamos a ler as instrucións para non perdenos ningún paso. 

Levamos a cabo tamén "probas de campo", para verificar que a capa non escapaba se íamos correndo como tolos ;) 

LISTOS PARA O DESFILE: "UN ENTROIDO... DE COMIC"

Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado no calendario online, percorremos polo mapa virtual por onde tería lugar o mesmo, para non perdernos polo camiño, posto que seríamos os que iríamos diante de todo.

 

   

Creamos a nosa "pancarta" de Súper López, para que todos e todas os que viñeran a vernos, subesen quenes eramos.

 

    

Xa estaba todo listo para comezar o desfile... 

 

    

Fomos percorrendo as rúas do concelllo, xunto os demais compañeiros e compañeiras do colexio, nun desfile de Entroido "de cómic".

 

Paramos a saúdar os compañeiros e compañeiras da "Galiña azul", o antigo colexio dalgúns de nós, onde estaba algúns dos nosos irmáns e irmás agora e, onde se atopan algúns dos novos compañeiros e compañeiras do vindeiro curso.

   

Os "Súper López" foron saúdando ás familias e veciños que saían a vernos mentras desfilábamos. 

    

Por se te perdiches o desfile, podes ver o ben que o pasamos no seguinte vídeo.

    

E sí, por mor da COVID-19, tampouco houbo este ano festa degustando postres do Entroido... outra celebración que agardamos recuperar o vindeiro curso.

Podes atopar máis información sobre este desfile, a nivel de centro, na seguinte entrada:

(2021-2022) Celebramos un entroido “De cómic"    

(2021-2022) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro

No mes de febreiro, BRAIS, cumplía os 6 anos. Así que ó final do mes celebramos o seu aniversario, como facemos cada fin de mes.

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa do homenaxeado.

 

    

O día sinalado, no noso calendario online, soprou a candea co número de anos que cumpría.

 

Podes velo de seguido:

 

   

(2021-2022) Sementamos e coidamos leitugas no invernadoiro

Un curso máis comezamos a plantar no invernadoiro, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

Nesta ocasión, ós de infantil, correspondeunos plantar leitugas de tres tipos diferentes.

 

     

Entre todos e todas fomos plantándoas nos tres lugares que nos correspondían.

    

Cada día da semana imos a regalas e observamos como van medrando.

    

Para que todo o mundo soubese o que plantamos escribímolo nun cartel, que pendeuramos dentro.

  

Podes ver o que plantaron os compañeiros e compañeiras dos outros cursos na seguinte entrada do blog:

Outros traballos e recoñecementos (2021-2022) Plantacións no invernadoiro 2022

(2021-2022) - Queres saber como facer funcionar un reloxo con laranxas? Explicámoscho no vídeo do noso experimento do mes

Este mes exerimentaríamos con laranxas, parafusos, cables, moedas e un reloxo. Que se podería facer con todo este material?

Xuntámonos os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 e Infantil 2 e, a través do diáogo chegamos a conclusión de que seguramente as laranxas farían funcionar o reloxo. Seríamos capaces de conseguilo?

   

Primeiro verificamos que o reloxo funcionase, usando unha "pila" para encendelo cos seus cables conectados.

      

Experimentamos todos xuntos, e logo por parellas/equipos, para convertir as laranxas, os parafusos e as moedas nunha pila.

   

Todos e todas conseguimos que reloxo encedense, sempre e cando se puxeran os cables, parafusos e moedas no lugar e orde correcta. 

    

O equipo IRONMAN PRINCESA, de Infantil 2, sería o encargado de contar nun vídeo como facer este experimento, para o que primeiro tiveron que preparar o seu "panel dos materiais".

   

Usarían este panel durante a gravación do seu vídeo e, despois de acordar o que diría cada un, puxémonos mans á obra.

     

Así de fantástico quedou o vídeo unha vez rematado. Atréveste a repetir os pasos do experimento na túa casa?

     

Plasmamos os materiais e o resultado final obtido no experimento, no caderno de campo individual. Xa imos polo experimento número 3!

 

  

Lembra que podes acceder ós vídeos de tódolos experimentos que facemos na aula desde aquí.

   

(2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas.

Este curso, para celebrar o Día da Paz e da non violencia, nas aulas de Infantil investigamos ós gañadores do premio Nobel da Paz.

Dialogamos sobre o tema e descubrimos o que eran eses premios, e a quen llos deran ó longo dos anos.

       

Observamos que eran case todos homes e moi poucas mulleres. Así pois decidimos investigar sobre elas, para coñecer porque lle deran o premio.

         

Plasmamos en paneis, feitos por cada un dos equipos, todo o que descubríramos de cada unha da gañadoras.

 

     

Cada panel incluía unha fotografía, o ano do premio, o motivo de seren premiadas, o país de orixe e a súa localización nun mapa. Finalmente tamén incluímos un código QR co vídeo gravado, como xa vos contaremos de seguido.

 

      

Colgamos os paneis, xa rematados no corredor, que quedaron así de fantásticos. 

   

Se queres ver os nosos paneis máis polo miudo podes facelo de seguido: 

      

Creamos tamén un mapa xigante, no que sinalamos a orixe de cada unha das mulleres gañadoras.

   

Elaboramos unha gráfica estatística, facendo dúas columnas coas fotografías dos gañadores do premio Nobel, divididos en homes e mulleres.

   

Cando contamos os que había en cada unha delas observamos que había moitísimos máis homes que mulleres gañadoras, o cal non nos pareceu moi "xusto".

          

Tamén creamos tamén medallas do premio Nobel, coas caras das gañadoras, para colgar no corredor.

     

Así quedaron xunto cos demais traballos expostos.

      

Con todos os datos que indicamos nos diferentes paneis, gravamos diferentes vídeos, nos que falabamos de cada unha delas.

Para que puidesen verse rápidamente engadimos códigos QR nos diferentes paneis.

       

Probamos que funcionaban o código coa táblet. 

         

Así quedaron tódolos vídeos unha vez rematados, os mesmos que aparecen cando se escanean co código QR de cada panel.

       

Así quedou o noso corredor, unha vez rematada a nosa investigación. Agora xa poden descubrir todos e todas, ás mulleres gañadoras do premio Nobel da Paz.   

 

         

 

Días antes da celebración do "Día da Paz e a non violencia", colaboramos con todo o colexio no pintado do muro "solidario"

    

Tamén interpretamos unha canción xunto cos compañeiros e compañeiras de primaria.

     

     

Podes ver no seguinte vídeo como participamos no acto de celebración.

      

Descubre todo o que fixemos, como centro, para celebrar o "Día da paz e da non vioelncia", na seguinte ligazón:

(2021-2022) Celebramos o Día da Paz e a non violencia 2022. Queres ver o que fixemos?

   

 

(2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

Co comezo do ano, no mes de xaneiro, as nosas compañeiras ELSA e VALERIA, estaban de anivesario. Como sempre celebraríamolo a última semana do mes.

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Preparamos as súas camisetas de agasallo e a coroa para as homenaxeadas.

   

O día sinalado no calendario online ámbalas dúas sopraron as candeas coa súa idade.

   

Por suposto despois de cantarlle as correspondentes cancións en castelán e galego.

 

  

(2021-2022) Chegou o Nadal a infantil: así o celebramos e participamos no festival do colexio. Queres ver a nosa actuación?

Coa chegada do Nadal comezamos a preparar unha das celebracións que máis nos gustan. Decoramos o corredor, creamos unha árbore de Nadal, organizamos a nosa participación no Festival do colexio... e moito máis.

De seguido poderás coñecer, máis polo miudo, todo o que sucedeu nas aulas de Infantil ó longo destas semanas previas ó Nadal.

    

DECORAMOS O CORREDOR:

Decoramos o corredor con adobíos feitos por equipos, que tiveron que poñerse dacordo para decidir tanto cal querían facer, como pintalos xuntos e decoralos.

 

     

Dentro de cada un dos adornos xigantes incluímos unha foto de cada equipo, convertidos en Santa Claus. Así de ben quedaron todos e todas:

   

Con tódolos adornos rematados fomos decorando o corredor:

 

   

Tamén colgamos as cadenetas que fixeramos coa profe Zaira, facendo series de macarróns pintados de cores.

 

         

Cun cartel de "BO NADAL", que tivemos que poñer ordenando as letras na orde correcta, quedou rematada esta parte da decoración.  

        

ASÍ FIXEMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL:

Elaboramos os adornos para a árbore xigante que puxemos no corredor: unhas bolas con estrelas brillantes.

    

Así quedou unha vez rematado. Ata tiña luces e todo!

    

Ensaiamos e preparamos as nosas ACTUACIÓNS PARA O FESTIVAL DE NADAL:

No Festival de Nadal on-line que se organizaría no colexio, iamos participar cunha obra de teatro. 

Puxémonos mans á obra para preparar todo o material, vestiario e atrezzo que iamos precisar.

 

   

Repartimos os papeis, e fixemos varios ensaios ata que todo estivo listo para a gravación:

   

Gravamos a nosa obra de teatro, para incluíla no Festival de Nadal online, xunto coas actuacións dos restantes compañeiros e compañeiras do colexio. 

    

    

Uns úlitmos retoques de montaxe e edición e xa estaba todo listo. 

     

O último día do trimestre, antes das vacacións de Nadal visualizamos Festival de Nadal completo, incluída a nosa obra "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza na noite de Nadal" (incluído o baile das cacas) ;)

      

Xa podes ver as nosas actuacións no Festival de Nadal online, que un curso máis, por mor da COVID-19 non puido contar coa presenza física das familias. Podes ver as nosas actuacións ó comezo do mesmo:

       

   

CREAMOS E ENVÍAMOS POSTAIS ÁS NOSAS CASAS:

Creamos unhas postais de Nadal, con forma de árbore, para enviar ás nosas casas por correo. Seguro que cando cheguen serán unha sorpresa para as nosas familias.

  

Coas postais xa dentro dos sobres, e cos nosos enderezos escritos neles, estaba todo listo para levalas ó buzón de correos. Eso si non podíamos esquecernos de pegarlle os selos.

     

Fomos camiñando ata o buzón que estaba preto do colexio, para metelas dentro.

   

Tamén escribimos as nosas cartas a Santa Claus, os Reis Magos e/ou ó apalpador.

     

Ó longo das semanas participamos no "calendario de Advento" organizado pola Biblioteca do centro. Respostamos á preguntas para ver ver si eramos un dos afortunados que levaba un premio.

 

     

O alumnado e profesorado de Educación infantil, queremos desexarvos:

FELICES FESTAS E UN MELLOR 2022

  

(2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de decembro

Antes de rematar o trimestre, no mes de decembro, celebramos os aniversarios dos compañeiros que cumplían anos antes de acabar o ano. Nesta ocasión DANI e ENZO.

Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.

Como sempre preparámoslle unha camiseta de agasallo feita por todos e todas.

    

O día da celebración, o último día de colexio antes das vacacións de Nadal, DANI non puido vir ó colexio polo que só ENZO sorpou a candea cos seus anos, despois de que lle cantaramos entre todos e todas a canción de "cumpleaños feliz".

  

(2021-2022) Falamos con Santa Claus por vídeo-conferencia

O pasado 13 de decembro, organizada pola Biblioteca pública do Concello de Campo Lameiro e o CEMIT, participamos nunha vídeo-conferencia con Santa Claus.

       

Cando chegamos estaba Cruz, a encargada da biblioteca, agardándonos, para ensinarnos como tiñan decorada a Biblioteca polo Nadal; mentras agardábamos a conexión con Santa Claus.

           

Despois de agardar un anaco, por fin comezou a vídeo-conferencia con Papá Noel.

 

      

Cada quen puido falar con el e pedirlle o que quería, usando o micrófono.

 

     

Cando rematamos, despois de despedirnos de Santa Claus,  visitamos os adornos que había alí ó lado, preto da Casa do Concello.

 

      

Había un pequeno pobo de Nadal en miniatura. Cruz contounos todo o que alí había. Ata un buzón para deixar as cartas.

      

Antes de marchar fixemos unha fotografía todos xuntos e xuntas, dentro do regalo xigante que atopamos diante do edificio do Concelllo. 

     

          

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.