Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?

Chegamos á ultima semana que tiñamos planificada no noso plan de rodaxe, por fin teríamos a nosa película rematada.
Lembra que podes ver nos recantos de  de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación sobre Charles Chaplin e o cine.

Asemade, ten en conta que tamén podes ver o traballo de preparación e rodaxe, duante as semanas anteriores, nas seguintes entradas:

20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"  

 

 

EQUIPO DE EFECTOS ESPECIAIS:
Con tódalas escenas da película xa rodadas, chegou o turno para que o equipo de "efectos especiais", transformase tódalas escenas ó branco e negro, como nas películas de Chaplin. Empregaron un programa informático seguindo os pasos que ía indicando o profe Óscar.

 

 

 

Tamén foron os encargados de ir colocando os diferentes fondos no croma verde, segundo o que se estaba a representar en cada escena. Ó principio precisaron axuda do mestre, pero tras un par de intentos eles sólos foron capaces de ir "creando" os diferentes lugares: unha igrexa, un restaurante, unha rúa, unha obra e ata o Polo Norte (xa o entenderedes cando vexades a película ;) )

 

 

 

EQUIPO DE MONTAXE: 


Xa coas diferentes escenas en branco e negro e cos efectos especiais creados, o equipo de montaxe foi o encargado de reordealas todas na orde en que indicaba o guion e o story-board, xa que todas "estaban mesturadas" ó seren rodadas noutra orde.

Novamente cun pouco de práctica, dimos feito o traballo empregando un programa informático.

 

 

 

EQUIPO DE SON E MÚSICA:
Tan só restaba poñerlle as diferentes músicas que xa estaban seleccionadas por parte do equipo de son e música. Novamente voltaron ó seu traballo para escoller que música lle correspondía mellor a cada escena.
 

 

 

 

PRIMEIRO VISIONADO CONXUNTO: TÍTULOS E CRÉDITOS
E por fin chegou o gran momento, tódolos integrantes do equipo de rodaxe, que participaran dun ou doutro xeito na película, asistiron á primeira proxección do "esquelete" da nosa película. Aproveitamos para, "entre todos e todas", engadir o título, créditos e textos que aparecerían na película.
Sorprendeunos tanto ver como aparecían lugares nos que non rodáramos, como o restaurante, que o equipo de efectos especiais tivo que explicarlles como conseguiramos que parecese de verdade, aínda que era "ficción".
Agora tan só nos queda preparar o "estreno" da nosa película, tanto para as nosas familias como para os nosos compañeiros e compañeiras do colexio... pero aínda nos queda moito por planificar antes da presentación oficial da mesma.
Como sempre irémosvolo contando en sucesivas entradas neste blog.

 

O TRAILER DA PELÍCULA: "O MAPACHE TOLO"
Moi pronto poderás ver a película tamén nesta web, pero ata entón deixámoste co trailer da mesma, para que vaias abrindo boca.  

Chegamos á ultima semana que tiñamos planificada no noso plan de rodaxe, por fin teríamos a nosa película rematada.
Lembra que podes ver nos recantos de  de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación sobre Charles Chaplin e o cine.

Asemade, ten en conta que tamén podes ver o traballo de preparación e rodaxe, duante as semanas anteriores, nas seguintes entradas:

20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"  

 

(2014-2015) Luces, cámara e acción! ... rodamos a nosa película

Como xa sabedes, nas aulas de Educación Infantil, estamos inmersos no proceso de creación dunha película. Esta semana segundo o indicado na nosa planificación, tería lugar a rodaxe das diferentes escenas do noso filme, neste caso de cor amarela.

 

Lembra que podes ver nos recantos de  de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación sobre Charles Chaplin e o cine.

Asemade, ten en conta que tamén podes ver cómo os diferentes equipos de rodaxe prepararon o traballo desta semana, nesta entrada que publicamos días atrás:

20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin" 

 

Primeiro día no estudio de rodaxe:

Con todo preparado polos diferentes equipos durante a semana anterior, chegou o momento de pisar por primeira vez o noso estudio de rodaxe.

 

Por alí foron pasando para a rodaxe de cada unha das tomas do noso guión e storyboard, os equipos de peluquería, maquillaxe, iluminación, cámara, actores e, por suposto, a directora, segundo o indicado no plan de rodaxe.

 

Neste primeiro día rodamos as escenas que logo terían efectos especiais, empregando unha tea verde de fondo que se chama "croma". O cámara vixiaba atentamente que o "encadre" fose o correcto e só se vise a cor verde dentro do plano.

 

Facía falta estar moi coordinados, de xeito que cada quen cumprise a súa función, para que a toma puidese rodarse sen problemas.

 

Sen esquecernos, por suposto, do encargado de iluminación.

 

Perruquería e maquillaxe:

Antes de rodar cada escena o equipo de maquillaxe, era o encargado e convertir ós diferentes actores, nas persoaxes da nosa película, segundo o indicado no guión.

 

E por suposto, o equipo de perruquería, facíalles un peiteado "a moda"... da época da película claro ;)

 

 

Rodando en exteriores:

Rodar en exteriores supoñía ter en conta o tempo que facía, xa que chovendo non era posible. Deste xeito en canto puidemos, o segundo día, adicámonos a rodar as escenas da nosa película que sucedían no exterior, nas localizacións que determinara, a semana anterior, o equipo de fotografía.

 

En tódolos casos, a directora foi a encargada de escribir na claqueta o número de escena, segundo o indicado no storyboard, e o número de toma, segundo as veces que tivésemos que repetir a mesma toma.

 

Resultounos gracioso que as diferentes escenas non se fosen grabando na orde en que aparecen no guión.

 

Xa se encargará o equipo de montaxe de ordealas logo. Deste xeito o segundo día grabamos a primeiro escena da película, cando xa levabamos grabadas moitas outras antes.

 

E por suposto... as veces facía falta tomarse un descansiño durante a rodaxe ;)

 

 

Rodando en interiores: "A casa de Chaplin"

Como xa comentamos na entrada anterior, o equipo  de fotografía, pensou que o mellor sitio para rodar as escenas que tiñan lugar na "casa de Chaplin" debería ser a sala de mestres e, aló levamos todo o equipo de rodaxe.

 

Non podemos aínda contarvos qué sucede pero, é unha das escenas fundamentais da película.

 

Últimas escenas, de novo no estudio de rodaxe:

Despóis de rodar máis de 20 escenas, con varias tomas cada unha, chegamos ó último día de rodaxe, onde tiñamos planificado grabar unha das escenas máis complexas, xa que requería da colaboración de varios axudantes e ata un "pertiguista" (eso sí fora do plano)

 

Deste xeito demos por rematada a semana de rodaxe, agora chegaríalles o turno ós equipos de montaxe, música e efectos especiais, para convertir estas escenas nunha película en branco e negro "como as de Chaplin".

 

Algunhas escenas da película: 

Aquí podes ver algunhas das escenas da película, que despois de pasar por mans do equipo de efectos especiais e montaxe, deixaranvos abraiados.

 

Na seguinte entrada xa vos contaremos como lle foi ó equipo de montaxe, efectos especiais e grafismo. Para eles, tal como indicaba o noso plan de rodaxe, comeza o seu traballo a vindeira semana.

 

(2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"

Despois de varias semanas investigando sobre Chaplin, a súa vida e obra, así como do proceso de creación dunha película; xa estábamos preparados para comezar a rodar a nosa propia película.

Lembra que podes ver nos recantos de  de Infantil 1 e Infantil 2, como levamos a cabo o proceso de traballo e investigación.

O primeiro que sabíamos que iamos necesitar era un EQUIPO DE RODAXE, así que nos distribuimos entre os diferentes equipos anontándo o noso nome nun panel.

 

E velaquí temos ó noso Equipo de rodaxe, cada un deles cunha función encomendada para a creación da película. Xa coñecíamos todos estes equipos como resultado da nosa investigación.

 
DIRECTORA                       EQUIPO  DE STORYBOARD

 

EQUIPO DE GUIONISTAS                  EQUIPO DE MAQUILLAXE

 

EQUIPO DE  MONTAXE                   EQUIPO  DE  PELUQUERÍA 

 

CÁMARA                                        ILUMINACIÓN

 

EQUIPO DE  MÚSICA E SON          EQUIPO DE  EFECTOS ESPECIAIS

 

EQUIPO  DE VESTIARIO                     EQUIPO  DE FOTOGRAFÍA

 

 
EQUIPO DE ACTORES

 

Para que quedase máis claro, pegamos a fotografía dos integrantes de cada un dos equipos no seu lugar.

 

Co equipo de rodaxe xa definido e as tarefas distribuidas, chegou o turno de crear un PLAN DE RODAXE, afortunadamente os productores da película (a profe Ángela e o profe Óscar) xa pensaran nelo e tiñan organizado o traballo por cores para o seguinte mes... cando rodaríamos a película.

Cada un dos equipos foi coloreando os lugares do plan de traballo onde lles tocaría "traballar".

 

E, por suposto, tamén escribiron o nome do equipo ou equipos que traballarían cada un dos días.

 

E así quedou rematado o nos plan de traballo que pegamos no corredor xusto enriba da tabla dos equipos de traballo.

 

Desde logo, temos moito traballo por diante, pero así organizado seguro que damos rodado a nosa película... Cada día podemos comprobar cando nos toca a cada un "colaborar" na creación da película.  (fai click para ampliar o plan de traballo)

 

DÍA 1 E 2:  "CREACIÓN DO GUIÓN"

Segundo o planficado as dúas primeiras xornadas estaban adicadas a crear o guión da nosa película. O equipo de guionistas contou coa axuda da directora da película paa dar as súa impresións.

 

Moitas foron as voltas que lle deron ata dar escrito o guión dunha comedia, como as de Chaplin.

 

Unha vez rematado o guión, o equipo de producción xuntou a todo o equipo de rodaxe para facer unha lectura conxunta do mesmo e facer as aportacións que considerasen.

 

Os guionistas estaban ó tanto da lectura da súa "obra" que finalmente encantoulles a tódolos membros do equipo. 

Bo traballo!!

 

Por se queres lelo, aquí tes en primicia mundial o guión da película "O MAPACHE TOLO". Descárgao facendo click aquí.

 

DIA 3 E 4: STORYBOARD, MÚSICA E FOTOGRAFÍA

NA terceira e cuarta xornada do noso plan de rodaxe chegou o turno do equipo de debuxantes que, partindo do guión, foron debuxando as diferentes escenas nun STORYBOARD, para poder logo facer a rodaxe en base ós debuxos. Afortunadamente contaron coa axuda de outro equipos xa que había que facer 18 escenas.

 

Así quedou o storyboard da nosa película, se fas click sobre a seguinte imaxe poderás ver o storyboard completo.

 

Tamén foi o turno do equipo de fotografía, que xunto a un dos productores, foi buscando e fotografando diferentes localizacións en exteriores e interiores para as diferentes escenas.

 

Tan só había que ir "lembrando o guión" e ir pensando onde se podería grabar cada unha das escenas. 

 

Xa coas imaxes impresas ,recortámolas e escribimos debaixo como se chamaba o lugar elexido polo equipo de fotografía e localizacións.

 

E así quedaron plasmadas as localizacións que empregaremos nas nosa película, incluída a sala de usos múltiples onde rodaremos as escenas que precisen efectos especiais, diante dunha tela verde que se chama croma.

 

Por último o equipo de música e son foi o encargado de buscar diferentes pistas de audio, para empregar nas diferentes escenas da película. Unha vez rodada e xunto co equipo de montaxe terán que voltar a participar para decidir onde colocar cada unha das músicas que escolleron.

 

 

DIA 5 E 6: VESTIARIO E ATREZZO

Os dous últimos días desta primeira semana de traballo dedicouna o equipo de vestiaro e atrezzo para, despois de escribir dúas listaxes do que íamos precisar na película, para ir buscando toda a roupa e obxectos que iamos precisar.

Aquí podes ver a listaxe de vestiario e obxectos de atrezzo que escribiu o equipo.

 

E así rematou esta primeira semana de traballo, antes de comezar a rodaxe... que como podes ver no plan de traballo está a piques de comezar... pero iso xa volo contaremos na seguinte entrada.

(2014-2015) E ti?... xa te fixeches unha foto como Chaplin no noso fotomatón?

Como xa che fomos contando en entradas anteriores de Infantil 1 e Infantil 2, estivemos a investigar sobre Charles Chaplin para poder rodar a nosa película. Entre as cousas que fixemos montamos o noso "fotomatón", no corredor de Infantil, xunto ós nosos murais de investigación, para que os compañeiros e compañeiras do colexio puidesen facerse unha fotografía convertidos en "Chaplin".

 

Para usar o fotomatón, tal como indicaba nas instruccións, había que buscar a un compañeiro que nos pintase o bigote.

 

E que ademais se encargase de facerlle a fotografía, metendo a cabeza no oco que quedaba na "silueta" de Chaplin... Quedábamos todos moi simpáticos.

 

Fomos pegando tódalas fotografías do noso fotomatón, en branco en negro, no mural que puxemos ó lado do fotomatón.

 

Pouco a pocuo, nos recreos, os compañeiros e comapañeiras maiores foron facendo as súas fotografías no fotomatón, que fomos imprimindo e pegando na exposición.

Fai click na seguinte imaxe para ver tódalas fotografías tomadas no fotomatón... de seguro que coñeces a alguén.

 

E ti?... Aínda non te fixeches unha foto como Chaplin no noso fotomatón?... lembra que podes facela no recreo no corredor de infantil.

(2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de marzo

O pasado xoves 26, os compañeiros que este mes estaban de cumpreanos, Cecilia, Roi e Lara, os tres de Infantil 1, xuntáronse para facer a súa tarta de cumpreanos, tarta que a semana anterior elixiran.

Despois de lavar moi ben as mans, puxéronse a cociñar!

     

Primeiro mollar as galletas en leite e cubrir a primeira capa.

    

A continuación engadir unha capa con natilla de vainilla.

        

mentres algúns axudantes que se ofreceran voluntarios, machucaban a galleta oreo e a mezclaban con leite para facer unha pasta con elas.

       

Os axudantes ían cambiando e botaban unha man cando era preciso.

   

  

A tarta, coma sempre quedou gardada na neveira para comela ben fresquiña ao día seguinte. Agora só faltaba decorala cos lacasitos (que o facemos no mesmo día da festa para que non abranden) e que comece a festa!!

     

Ao día seguinte, coa tarta xa decorada, e despois de cantarlles o "cumpreanos feliz" os nosos compañeiros sopraron as 4 candeas e comezaron a repartir tarta.

 

    

E por suposto non faltaron as patacas fritidas, os gusaniños e o zume.

Menudo comezo de vacacións!!Rindo

 

(2014-2015) Celebramos os cumpreanos de febreiro

O pasado xoves 26 celebramos os cumpreanos do mes de febreiro.

Os compañeiros homenaxeados foron Xián, Alberto e Joaquín, que cumprían 6 anos, e Daniela, que cumpría 5.

Eles elixiron a tarta que farían para celebralo: tarta de galletas e natillas de vainilla, cuberta de chocolate, mazá e lacasitos.

 

Tamén decoraron a súa coroa de cumpreanos, tarefa á que sempre se ofrecen algúns compañeiros.

               

 

Unha vez que tivemos todos os ingredientes na clase, puxéronse mans á obra,

elaborando tamén unha tarta con ingredientes sen gluten para unha compañeira.

E ó día seguinte...por fin a soprar as candeas despois de escoitar o xa tradicional "cumpreanos feliz".

 

A tarta estaba boísima e moitos quixemos repetir..

  

E logo..as patatiñas, os  gusaniños e o zume!

Agora toca esperar á próxima celebración, xusto antes das vacacións!!

 

(2014-2015) Participamos nas actividades do Salón do libro e visitamos ó lobo ORBIL

Como xa vos fomos contando noutras entradas dos blogues de infantil, estivemos nas últimas semanas preparando o noso traballo para o "Salón do Libro" (podes consultalo aquí de nos recantos de infantil 1 e 2).

O día 27 de febreiro chegou o gran día, por fin iríamos visitar ó lobo ORBIL e a participar nas actividades do Salón do libro 2015, co título "Da Ciencia á ficción".

 

No autobús os compañeiros de infantil 2 foron seguindo mapa que elaboraran na aula, identificando os diferentes lugares que tiñan anotado nel.

 

Cando chegamos ó Pazo da Cultura de Pontevedra, xunto ós compañeiros de outros cursos de primaria do centro, descubrimos que seríamos os primeiros en participar este ano nas actividades do Salón do libro.

 

Cando entramos xa nos estaba agardando dentro o noso amigo "o lobo ORBIL", o que como cada ano nos abrazamos todo o que puidemos.

Non sei se o sabedes, pero ORBIL son as letras de LIBRO do revés... vaia nome tan curioso que lle puxeron, non si?

 

Xa dentro Tareixa foi a encargada de contarnos varios contos de "ciencia ficción" dentro dun "planeta un pouco raro". Descubrimos a historia dos medos de Alicia, o conto da mosca, a terra que partira polo medio e moito máis.

 

Tamén descubrimos a ORBIL dentro dunha nave espacial de camiño a un planeta, cun extraterrestre que non tiña cara de estar moi contento coa visita.

 

Despois da merenda, vistamos a exposición e as diferentes salas... entrando por unha "porta estelar".

 

O primeiro foi localizar a nosa máquina do tempo.

 

E comprobar que alí estaba o noso libro "ciencia ou ficción"... agardamos que lles guste a tódolos visitantes. 

 

Se visitades o salón do libro, non deixedes ver os traballos de tódolos centros participantes... que son fantásticos.

                  

E por suposto non vos esquezades de entrar na nosa "máquina do tempo" e botarlle unha ollada ó noso libro reloxo que hai  nela.

 

Montamos nunha nave espacial que podía viaxar á velocidade da luz, os profes puxéronse a conducilas e foron como tolos de rápido ;), menos mal que antes puxeramos os cintos de seguridade.

 

A sala do caleidoscopio pareceunos moi sorpendente... xa que a cor das paredes cambiaba grazas ás cores que tiña o cubo pendurado do teito.

 

Metímonos nas "caixas" tranportadoras que dentro tiñan diferentes texturas.

 

Visitamos a zona dos contos "interactivos", tan só había que tocar un botón e sucedían cousas "curiosas" nos diferentes contos clásicos que había dentro.

 

Tivemos tempo de facernos unha foto "no espacio" na sala dos clones... todo grazas a un grande espello na parede.

 

Antes de marchar aproveitamos para botar unha ollada ós libros que sobre "ciencia e ficción" había na biblioteca do salón.

 

E como aínda nos sobraba algo de tempo fomos a xogar a un parque cheo de columpios de madeira.

 

Foi un gran día... agora tan só nos toca agardar outro ano para poder voltar a visitar ó lobo ORBIL co colexio, pero aínda podemos ir polas tardes coas nosas familias ó salón do libro, onde seguro que o atopamos e podemos voltar a disfrutar de todo o que hai nel.

 

Podes ver máis imaxes desta visita, dos nosos compañeiros e compañeiras de outros cursos na galería fotográfica da web.

Lembra que podes visitar o salón do libro ata o 28 de marzo, no Pazo da cultura de Pontevedra. Horarios e máis información na web oficial www.salondolibro.org ou ben no programa oficial que podes descargar directamente dese aquí

(2014-2015) O noso libro "Ciencia ou ficción?" xa está na máquina do tempo de camiño ó Salón do libro

Lembra que podes ver todo o traballo previo sobre esta tarefa nas diferentes entradas nos recantos de infantil 1 e infantil 2.

Despois de que tódolos compañeiros e compañeiras do colexio fixeran o seu deseño de como podería ser a máquina do tempo, e de que xa comezasen a elabora parte da mesma, chegou o noso turno de participar na confección da mesma. O primeiro foi ir a buscar "as pezas" que estaban na sala de mestres/as.

Iamos colaborar ámbalas dúas aulas xuntos neste traballo.

 

Seguindo o deseño debuxado pegamos as franxas "diagonais" de ironfix dourado.

 

Mentras outra parte dos compañeiros se encargaron de ir elaborando a portada do noso libro "ciencia ou ficción", que como ía estar na máquina do tempo tería forma de reloxo. Buscamos os números en revistas, folletos e outros materiais.

 

Para ir completando, entre todos e todas, a esfera completa do reloxo.

 

Tan só faltaba pegarlle as dúas agullas do reloxo, unha longo e outra curta.

 

E por suposto escribirlle os título do noso libro, formado de historias "científicas e de ficción" (podes ver o proceso en entradas anteriores da web) e os autores do mesmo "infantil"

 

E así de fantástico quedou o noso libro rematado, listo para pegalo na máquina do tempo e que todos e todas poida lelo na exposición do "Salón dol libro".

Podes ver online o noso libro rematado facendo click na imaxe da portada de seguido.

 

Antes de pegalo na máquina do tempo cheogu o momento de botarlle unha última ollada ó noso traballo.

 

Por fin a máquina do tempo estaba rematada, coa aportación dos restantes compañeiros participantes do colexio, e alí puidemos pegar o noso libro "ciencia ou ficción?", xunto ós demais libros feitos por outros cursos.

 

Por suposto, antes de que o levasen cara o salón do libro, e de que o lobo ORBIL puidese utilizala, decidimos facer cada un de nos "unha viaxe no tempo" empregando a máquina.

Algúns quieron ir ata a época dos dinosaurios, dos petroglifos ou ó futuro... a imaxinación ppermitiunos viaxar a calquera momento premendo os diferentes botóns.

 

Agora tan só nos queda agardar ata o venres 27, cando visitaremos o do salón do libro para participar nas diferentes actividades e, por suposto, ver o noso traballo xunto co dos outros colexios.

Máis información sobre o Salón do libro en: www.salondolibro.org 

 

Participamos no Entroido e no Meco- elaboramos o noso disfraz.

O pasado 13 de febreiro celebramos o Entroido no cole.

Durante esa semana preparamos os nosos disfraces, e  tamén particamos nas xa tradicionais ordes do "Meco".

 

O MECO MANDA...

Os nenos e nenas de infantil fomos os primeiros en decidir, qué orde daría o Meco sobre cómo vir vestidos.

Despois de reunirnos as dúas aulas e dar ideas, decidimos o que deberíamos traer postos todos e todas o luns seguinte:

      

(ROUPA VERMELLA, O NARIZ PINTADO DE VERMELLO E UNHA BUFANDA ATADA Á CINTURA)

E así foi, aquí podedes vernos a todos moi moi vermellos!

   

Cada día nos reuníamos en torno ao meco para ler a seguinte orde e de paso fotografiarnos todos xuntos.E ademáis anotábamos cal era a seguinte orde,para levar a casa e informar ás familias.

   

 

A orde para o martes era vir con calcetíns diferentes por fóra da roupa.

  

A do mércores, un bigote pintado e unha gorra do revés.

   

E a do xoves, vir de ricos.

Cada día, facíamos un rexistro pegando a fotografía e escribindo as palabras clave da orde.

 

ELABORAMOS O NOSO DISFRAZ DE CIENTÍFICO

Como este trimestre estamos levando a cabo semanalmente diversos experimentos,  e participaremos no Salón do Libro Infantil de Pontevedra, que ten como temática "Da ciencia á ficción", a idea de disfrazarnos de científicos foi collendo forza e pasamos a elaborar os traxes.

Despois de ver algunhas fotografías na pizarra dixital de disfraces de científicos e falar do que poderíamos levar posto, materiais que necesitaríamos,... comezamos a elaboración.

Recortamos a bolsa branca que faría de bata, pegándolle tiras de iron fix negro, para marcar os bordes

               

         

e debuxamos, os maiores, cunha plantilla dun círculo, os botóns que necesitaríamos para cada equipo, tendo en conta que cada neno necesitaba dous. Para logo recortalos e pegalos na bolsa e colocarlle dous ou catro gomets que imitarían os buratos dos botóns.

Pintamos as gafas (feitas con rolos de papel hixiénico) e as carpetas que levaríamos con témpera negra.

   

Ó rematar, para organizarnos e non mezclar o material, cada quen tiña a súa folla de xornal co seu nome, onde collera previamente o cartón, e debía deixalas no mesmo sitio, xunto coas gafas.

  

Alí tamén colocábamos a nosa paxariña, que os profes fixeron e que nós decoramos con gomets, coa única condición de que debían ser circulares e todos da mesma cor.

   

Cando a carpeta secou fomos escollendo unha folla de fórmulas para pegar polo outro lado

    

Tamén escollemos un icono relacionado coa ciencia para pegar na pinza suxeita papeis que levaaríamos na carpeta.

             

 

E chegou o día do "desfile", que inicialmente ía realizarse polo pobo, pero debido á choiva, tivo que facerse no pavillón.

Así de guapos estábamos tod@s!

 

   

Alí estaban as familias, o resto de compañeir@s e uns robots moi especiales (que eran as profes Marga e Loli disfrazadas) que animaron o percorrido.

   

   

Ó rematar de desfilar voltamos ás aulas de infantil a degustar os postres tan ricos que trouxéramos.

 Esperamos que o ano próximo non esté tan pasado por auga como este entroido e poidamos desfilar polo pobo.....aínda que para iso falta todavía un ano!

(2014-2015) Descubrimos a Malala polo Día da Paz e non Violencia

Na última semana de xaneiro, entre as palabras do noso muro coa M, xurdiu o nome de MALALA, os profes contáronnos que era unha nena que loitaba por que tódalas nenas puidesen ir ó colexio e que lle dispararan por iso.

Decidimos coñecer algo máis sobre ela, de cara á nosa participación na celebración do día da Paz, o 30 de xaneiro, que xa tiñamos marcado no noso calendario.

No recanto de infantil, no apartado de vídeos, atopamos varios sobre Malala, que fomos visionando e escoitando, para sacar as ideas máis importantes.

Entre os datos que alí descubrimos falaba dun libro que escribira, que o profes trouxeron á clase.

 

Nel aparecían tamén fotografías de Malala ó longo da súa vida, incluso a da súa estancia no hospital.

 

Para contarllo a todos e todas, fomos plasmando estas ideas, xunto á fotografías nunha árbore que fixemos no corredor, inspirada na que se podía ver nunha das láminas sobre árbores, organizándonos por parellas.

         

 

Tamén estampamos cos selos das letras: "DÍA DA PAZ" o none da Malala.

 

Así quedou a árbore da vida de Malala xa rematado, agora tódolos nosos compañeiros e compañeiras poderán descubrir tantas cousas como as que xa sabemos nós.

 

Tamén fixemos unhas Malalas que convertir en títeres, e pola parte de atrás puxemos unha das frases máis coñecidas dela. 

"Un libro, unha pluma e un mestre poden cambiar o  mundo"

 

Tamén participamos na proposta do equipo de convivencia do centro, de decorar unha camiseta co símbolo da paz. No noso caso fixémolas nas aula con témpera especial para tela.

Así de chulas nos quedaron.

 

O día 30 de xaneiro, cando celebramos o día da paz no centro, estivemos bailando a canción que nos ensinou a profe Merce e que soaría na celebración, na sala de usos múltiples.

 

Coas nosas camisetas da paz e cos monicreques de Malala que fixeramos, asistimos a celebración do día Paz e non Violencia, xunto ós demais compañeiros e compañeiras do centro.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.