Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2015-2016) Celebrámo-los aniversarios do mes de Xaneiro

Remataba o primeiro mes do novo ano, e chegaba o momento da primeira celebración de aniversarios. No mes de xaneiro cumpliran anos TIAGO e BRAIS, polo que eles foron os encargados de elexir a tarta do noso libro de recietas, que eles elaborarían, para convidar ós seus compañeiros e compañeiras.

 

Despois de traer os ingredientes das súas casas, chegou o momento de, seguindo as instruccións da receita, crear unha deliciosa tarta de galletas Oreo. O primeiro foi poñer unha primeira capa de galletas empapada en leite.

 

Coa axuda dos demais compañeiros fomos desmenuzando, mentras tanto, unha chea de galletas Oreo. Logo cun pouco de leite creamos unha masa que botamos sobre a capa de galletas (que xa tiña debaixo outra capa de natillas)

 

Cunha última capa de galletas empapadas en leite e, cubríndoa con chocolate, xa tiñamos a nosa tarta lista para metela no frigorífico.

 

O día da celebración dos aniversarios, os homenaxeados foron a buscar a tarta que xa estaba casi lista...

 

Cuns lacasitos para decorala xa estaba todo listo para comezar a gran celebración.

 

Despois de cantar "cumpreanos feliz" e "parabéns para ti" sopraron tantas candeas como anos cumprían.

 

Tamén a cantamos en inglés, xa que así o pediu un dos nosos comapeiros.

 

Os homenaxeados foron repartindo anacos de tarta entre os compañeiros e compañeiras. Estaba deliciosa!

 

Ó rematar botamos os platos de plástico na "basura de cor amarela" para poder reciclalos.

 

Con patacas fritidas en gusanitos rematamos a nosa primeira festa de aniversario desde ano 2016.

 

Por sorte aínda nos quedan moitos aniversarios por celebrar ó longo deste curso.

(2015-2016) Preparando a chegada do Nadal: festival, árbore e decoración dos corredoiros.

Coa chegada do Nadal, atopámonos preparando todo o necesario para levar a cabo certos rituais navideños como son a preparación das nosas actuacións de Nadal, a elaboración da árbore e a decoración do corredoiro de Infantil.

 

ELABORACIÓN DA ÁRBORE DE NADAL

Este curso, para elaborar a árbore de Nadal, rescatamos a estructura que utilizamos para os maios

 

Cada un de nós encargouse de traer á escola un trozo ou varios de papel verde con forma triangular e así fomos enchendo e cubrindo toda a base ata formar a nosa árbore

 

Unha vez cuberta toda

 

aproveitamos moitos adornos que a nosa compañeira Nayra e a súa familia quixeron compartir con nós pois decoraran a súa árbore e aínda lle sobraban moitos.

 ´

Ademáis, engadimos a estrela 

 e algúns adornos no fondo da árbore e así de alegre nos quedou!

 

 

DECORACIÓN DO CORREDOIRO DE INFANTIL

Nesta ocasión decidimos decorar o corredoiro con grandes bolas de cartón, que pintamos de dourado e vermello

 

e nas que pegamos a fotocopia das nosas caras ampliada

 

e cun gorriño de Papá Noel que nós mesmos fixemos con papel de periódico enrugado

 e que pintamos con témpera vermella algúns e outros co témpera verde.

 

Ademáis engadimos ó gorro un pouco de algodón. 

 

E así de graciosas e divertidas quedaron dándolle un toque moi navideño ó corredoiro.

 

 

PREPARAMOS O FESTIVAL DE NADAL

Este curso preparamos as seguintes actuacións:

*Os compañeir@s de 3 anos bailaron o tema "Xa me tardan estes magos" de Mamá Cabra.

Para a actuación necesitaban uns grandes reloxios de pulseira que os maiores lles axudaron a completar cos números e as agullas.

 

E aquí temos a algúns deles minutos antes da actuación moi nerviosos e emocionados pois esta era a súa primeira actuación no festival do cole.

 

*Os compañeiros de 4 anos bailaron a canción "Navidad Rock".

Aquí os vemos ensaiando uns días antes

 

Tiveron que preparar os bastóns cos que bailarían ese día. Bastóns que fixemos con papel de xornal, e ironfish branco e vermello.

 

Aquí estamos xa listos para entrar a actuar

 

*Os compañeir@s de 5 anos prepararon unha obra de teatro, que era unha adaptación que o profe Óscar fixo do conto "A tartaruga que quería durmir". Neste caso titulábase "A tartaruga que quería durmir na noite de Nadal".

Para iso o primeiro foi contar o conto, que tamén puidemos ver na pizarra dixital, e repartir os papeis das distintas persoaxes, que na obra eran algúns diferentes ós do conto.

 Aquí estamos decidindo quén queremos ser na obra.

Ademáis dos ensaios diarios tamén tivemos que elaborar algúns elementos necesarios para a obra, como o decorado da habitación

 

e do exterior da casa

 o sol e a árbore.

 a roca que se atopaba fora da casa

 un coche que utilizaban a cebra e o león.

 

ademáis dos traxes de cebra, león, araña e mosca.

O día anterior ó festival dos pais tamén fixemos unha actuación para os nenos, que nos sirveu como un ensaio xeral. Cómo desfrutamos!

E chegou o día para as familias, que nerviosos estabamos todos e que ben nos desenvolvimos no escenario.

qué susto levamos, por un momento pensamos que a tartaruga nos ía botar auga de verdade!!

 

eses bailes de parellas, qué ben nos coordinamos!!

 

E os máis pequeniños de todo, perdendo ó medo a subir ó escenario, a pesar do abarrotado que estaba o salón de actos.

Podes ver as nosas tres actuacións de seguido, neste vídeo.

Lembra que como sempre se enviará nun DVD ás familias con tódalas celebracións do curso no mes de xuño. 

 

Agora só nos queda desexarvos un feliz ano 2016!!!

E vos contaremos máis noutras entradas, pois o mes de decembro deu para moito máis!!! 

(2015-2016) Celebrámo-los aniversarios do mes de decembro

Antes de rematar o ano 2015 celebrámo-los aniversarios de dous compañeiros que cumplían no mes de decembro.

O primeiro foi, como sempre, escoller unha tarta do noso libro de recietas.

 

Un día antes da celebración elaboramos a nosa tarta, os ingredientes que trouxeramos da casa e seguindo as instruccións da receita.

 

Os dous homenaxeados coa axuda doutros compañeiros e compañeiras, durante a elaboración da tarta.

 

O último día de curso os homenaxeados sopraron as candeas do tarta, segundo os anos que cada un cumplía.

 

E finalmente convidaron ós compañeiros e compañeiras a probar un anaco da fantástica tarta que elaboraran para eles.

 

Cunha festa de patacas fritidas, gusanitos e zume, rematou a última celebración de cumpreanos deste ano. 

(2015-2016) Celebramos os cumpreanos de outubro.

 O pasado xoves, 29, día en que celebramos a festa do Samaín e do magosto, tamén fixemos as celebracións dos cumpreanos deste mes.

Os homenaxeados serían nesta ocasión: Sabela, Álvaro e Lucas, que os tres cumprían 5 anos.

 

Coma sempre, a semana anterior, elixiron a receita de tarta que farían.

Como Sabela estaba enferma que tiveron que decidir Lucas e Álvaro.

E xa o mércores 28, puxéronse mans á obra na elaboración da tarta.

Antes de nada, botar o leite nun recipiente para poder mollar as galletas.

Unha vez colocada a primeira capa de galletas, había que cubrila con nata.

E a seguinte, con natilla de chocolate.

Ademáis, de xeito paralelo, outra compañeira en cargouse de elaborar a tarta sen gluten.

E listo! Todo para a nevera!

O día da celebración se decorarían co plátano e os lacasitos.

Unha vez colocadas as candeas...

a soprar!!!!!

 

Só quedaba repartir os anacos de tarta, e os gusaniños e patacas fritidas..

Qué ganas tiñamos de probalo todo!!!

 

 

(2015-2016) Celebrámo-lo Samaín e o Magosto no colexio

Xa estaba todo preparado para celebrar a festa do Samaín e o magosto.

Subimos á biblioteca do colexio onde nos ían contar historias de medo

 

Alí estaban tódolos compañeiros e compañeiras do colexio.

 

Escoitamos algunhas historias terroríficas...

 

Algúns compañeiros e compañeiras foron presentando os monstruos que deseñaran. 

 

Ata ÁLVARO nos contou como fixera o seu monstruo "come papeis".

 

Xa na sala de usos múltiples, onde estaba a exposición de cabazas, foron entregando os premios e diplomas ás cabazas favoritas.

A do noso compañeiro LOIS foi unha das máis votadas, quen recibiu un regalo fantástico.

 

Un libro de "O GRÚFALO"

 

ROI e LARA tamén recibiron diplomas as cabazas máis divertidas.

 

Rematada a entrega de premios ás cabazas, xa na aula, puidemos comer as castañas do magosto.

 

 

 

(2015-2016) Gravamos o noso vídeo de presentación para o colexio de Bos Aires. Queres velo?

A semana pasada gravamos a nosa parte do video de presentación. para os nenos e nenas do CEIP Pedro Antonio Cerviño de Bos Aires, Arxentina.

Podes velo de seguido:

Nuns días poderás ver nesta mesma web o vídeo completo coa presentación levada a cabo por tódolos nenos do colexio.

(2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de setembro

Coa chegada do novo curso chegou tamén a primeira celebración dos cumpreanos do mes.

Como no curso pasado, o último venres de cada mes celebramos o aniversario dos compañeiros e compañeiras que cumpriron anos ó longo do mesmo, facendo unha tarta o xoves para poder comela nunha festa ó día seguinte.

Nesta ocasión LOIS, ÚRSULA e LARA, os homenaxeados, escolleron facer trufas de chocolate, do noso libro de receitas.

 

 

 

Seguindo os pasos da receita, e empregando os ingredientes que trouxeran da súa casa, tal como indicaba na súa nota, deron feito trufas para todos.

 

Xa estaban listas para meter no figorífico ata o día seguinte.

 

Cando chegou o venres, e tras cantar o "cumpreanos feliz" e "parabéns para ti", sopraon as candeas URSULA E LARA que cumplían 3 anos.

 

E por suposto, tamén LOIS que cumplira 4.

 

Encatáronnos as trufas de chocolate, tanto que algúns quixeron repetir.

 

Con zume, patacas fritidas e gusanitos que tamén trouxeran os homenaxeados, reamatamos a celebración cunha festa.

Eso si, xa non tivemos que tomar a merenda:)

 

Agora tan só nos queda agardar un mes para celebrar os cumpreanos do mes de OUTUBRO.  Contarémo-los días no calendario ata que chegue ese día. Podes seguilo nos nosos calendarios online, desde aquí.

(2014-2015) Algunhas actividades nos últimos días de curso: pompas de xabón, banda de música, graduación dos de sexto..

Nos últimos días de clases participamos nalgunhas actividades para despedir este curso, como o xogo de pistas que facemos todos os anos, e algunha máis que agora vos contamos.

O xoves 18, xuntámonos os compañeiros das dúas aulas para  facer pompas de xabón.

Despois de falar nas aulas de esta actividade e do que precisaríamos para facer pompas

organizámonos por equipos, dous equipos cooperativos dos que temos na clase establecidos, por cada pack de material:

-unha gabeta.

-dous aramios con forma circular tamaño grande.

-unha botella baleira de auga de litro e medio que teríamos que encher dúas veces.

-un bote de fairy grande, do que precisaríamos a metade.

-un bote de gomina.

 

Con todo o material e escoitadas as consignas e pasos a seguir para facer a mezcla que nos permitiría facer as pompas,

fomos comezando,

decidindo quen iría a pola auga, quen botaría o fairy, a gomina, é dicir, organizándoos entre nós para participar todos.

Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso.

    

Despois de mezclar todo comezamos a probar a facer as pombas.

Nun principio saíron algunhas enormes, e a medida que foi pasando o tempo, xa non saían polo que experimentando probamos a engadir máis auga ou máis fairy e gomina para dar coa "fórmula máxica"...aínda que custou.

A próxima vez que as fagamos de seguro que daremos con ela!

Por outra banda, o pasado venres 19 de xuño participamos nunha serie de actividades como despedida do curso que remata.

Desfrutamos dunha serie de actuacións levadas a cabo polos compañeiros máis maiores, algunhas delas musicais e de expresión corpora ldirixidas por Merce, a mestra de música.

e outras nas que os protagonistas foron os compañeiros de sexto, que se graduaron e estarán no instituto o próximo curso. Recibiron uns agasallos como recordo do seu paso polo cole e finalmente vimos un power point diferentes momentos vividos por eles na escola.

Despois de dita celebración, en infantil celebramos os cumpreanos cunha estupenda festa, da que vos contamos nunha entrada anterior.

E despois dun tempiño de recreo e lecer, a banda de música de Campo Lameiro deleitounos con algunhas cancións e actividades moi divertidas.

Xa como remate final e despois duns bailes, volvimos á aula para recoller as nosas cousas, o material e traballos realizados neste trimestre e para despedirnos entre nós e dos profes, pois pasará un verán ata que nos volvamos a ver.

Os compañeir@s que pasan para primeiro o próximo curso, levamos a nosa "orla" particular, unha foto cos mestres Ángela e Óscar, nun marco moi divertido para que nos quede de recordo.

Feliz verán a todos nenos e nenas! e para os que pasan para primeiro, Jéssica, Xián, Noa, Iván, Joaquín, Hugo, Iker, Alberto e Diego, vos botaremos moito en falta o próximo curso así que xa podedes vir polas nosas aulas moito!!

(2014-2015) Celebramos os cumpreanos do mes de xuño e do verán

O pasado 19 de xuño, último día de clases, fixemos a celebración dos cumpreanos, tanto dos nen@s que cumprían en xuño como dos que cumprirán no verán, pois algúns deles, en setembro xa non estarán en infantil.

Os homenaxeados foron:

Carlota, Nayra e Nani, que cumpriron 4 anos; David e Laura, que cumpriron 5 e Iván e Diego, que cumpriron 6.

Como sempre facemos, os nosos compañeiros buscaron no libro de receitas e decidiron cal farían.

A receita elixida foron as trufas de chocolate de diferentes formas.

Así, despois de levar a nota a casa, fomos xuntando todos os ingredientes necesarios e o día anterior, elaboramos as trufas.

Primeiro desfixemos as madalenas, engadindo despois cacao, azúcar e leite para mezclalo todo moi ben.

De xeito paralelo, Laura e Nayra fixeron as trufas sen gluten.

E por fin o día da festa!!

Nayra, Nani e Carlota sopraron as 4 candeas.

 

Laura e David as 5 candeas.

 

E Diego e Iván as 6 candeas. Eles cumpren no verán pero en setembro xa estarán en primeiro.

Qué boas estaban e fixemos tantas desta vez que puidemos repetir e e algún que outro ata tripitir!!

Despois das trufas tomamos as patatiñas e gusaniños ademáis do zume,

E aínda nos agardaba algo moi especial, os xeados que gañáramos no xogo de pistas do día anterior.

Co fresquiño que estaba e o día de calor que tivemos, estábamos encantados.

Felicidades de novo rapaces!!

 

(2014-2015) Atopamos uns tesouros seguindo as pistas dun mapa

Como en cursos anteriores, nun dos últimos días de curso fixemos unha búsqueda do tesouro.

Nesta ocasión tiñamos que seguir as instruccións dun mapa percorrendo diferentes lugares do colexio, orientándonos e idenficando as diferentes iconas e dependencia, ata atopar a última pista.

Podes descargar os mapas, pegatinas e todo o material para este xogo de pistas  NESTA CARPETA COMPARTIDA en google drive

Organizámonos en tres equipos, idenficados polas seguintes cores e figuras de Keith Haring (que estiveramos investigando nas últimas semanas, e do que podes atopar máis información en entradas anteriores dos blogues de infantil 1 e 2).

 

Como nos gusta chamalo: "O LOBO DJ" ;) 

 

EQUIPO VERMELLO:

A profe Loli foi a acompañante do equipo vermello quenes deron completado o todo mapa sen problemas.

 

Para elo tiveron que ir seguindo o mapa buscando as pegatinas da súa cor, nos diferentes lugares que nel se indicaba.

 

Cada pegatina había que pegala no lugar do mapa que correspondía.

 

Eso si, todos e todas as integrantes do equipo tiñan que pegar alomenos unha das pegatinas, para o que había que poñerse dacordo.

 

Para atopar algunhas houbo que debatir sobre "onde nos atopabamos no mapa e cara onde había que ir".

 

Traballando todos xuntos, atoparon a súa parte da pista final e chegaron á última etapa do mapa, as aulas de infantil.

 

 

EQUIPO AZUL:

O equipo azul tamén deu conta do reto, nesta ocasión acompañado polo profe Óscar.

 

Foron recorrendo as diferentes dependencias do colexio seguindo o mapa, e buscando as pegatinas da súa cor.

 

Algunhas ata estaban debaixo de árbores.

 

E outras debaixo de columpios, moi ben escondidiñas ;)

 

Antes de comezar, o equipo acordara unha orde para que todos e todas puidesen pegar unha pegatina, tal como indicaban as normas do xogo.

 

E así foron dando con tódalas pegatinas e a súa parte da pista final, coa que voltaron ás aulas de infantil xunto cos outros dous equipos, a medida que ían rematando.

 

 

EQUIPO AMARELO:

O equipo amarelo, que estivo capitaneado pola profe Ángela, tamén atopou tódalas pegatinas dos diferentes lugares que indicaba o mapa.

 

Acordaron unha orde para que todos fosen pegando as pegatinas, alomenos unha cada un.

 

E deron atopado tódalas pegatinas moi axiña, interpretando e debatindo sobre o que significaba cada icona do mapa, e cara onde había que dirixirse.

 

Cando atopaban o sobre coa súa cor, tan só tiñan que sacar a pegatina de dentro e pegala no lugar correspondente.

 

Algunhas delas estaban pegadas ata nas árbores.

 

Outras atopábanse máis doadamente en diferentes lugares dentro e fora do edificio do colexio.

  

 

Ó igual que os outros dous equipos, na última das etapas atoparon un anaco da pista final e, con ela la man, encamiñáronse ás aulas de Educación Infantil, tal como estaba escrito no sobre. 

 

DESCUBRIMOS ONDE ESTABAN OS TESOUROS LENDO A PISTA:

Cada un dos equipos foi pegando o seu anaco de pista na cor correspondente e agora, xa todas xuntas, si podíamos lela e descubrir onde se atopaban os tesouros.

Todos xuntos descubrimos que non se trataba dun premio, senón de dous!!, e que un deles estaba debaixo da escaleira.

 

Cando abrimos o paquete descubrimos que dentro tiña un pequeno monicreque para cada un de nós.

 

Erán diferentes animais: porcos, vacas, ourizos cachos.... había todo.

 

O segundo premio, atopábase no conxelador da sala de profes.

Eran xeados!!. Pero como aínda non estaban ben conxelados, tivemos que agardar ata o día seguinte, cando celebraríamos os útimos cumpreanos do curso (que vos contaremos noutra entrada), para poder comelos.

 

Estaban deliciosos ;) e puidemos rematalos no patio.

 

Tan só quedaba un día de colexio antes das vacacións, pero aínda restaban outras grandes sorpresas nas que participar: celebrar os cumpreanos do mes de xuño e o verán, facer pompas de xabón e participar nos actos de despedida de curso organizados no centro.

Moi pronto poderedes lelas nas respectivas entradas do recanto de infantil, non as perdades!.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.