Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2016-2017) Recibimos unha carta con pistas para a procura do guante!

A semana pasada recibimos unha carta en infantil, firmada por un trasno xoguetón que xa nalgunha ocasión nos ten escrito, O trasno Antón.

Él sabe que andamos na procura do guante de Avelino Riestra pero que non o damos atopado. E na carta nos da unha pista, pois él tivo ese guante, atopouno preto da igrexa do pobo e logo regaloullo a un amigo seu esquío que anda a xogar a veces na parte traseira do cole.

Así que comezamos buscando por alí...

...e despois dun rato, Alicia atopa entre as follas un sobre...

cunha foto do esquío.

A carta é do esquiu, nos conta nela que unha toupa lle roubou o guante, e marchou para o parque de infantil.

 

Así que alí nos diriximos!

Seguro que desta vai! pensamos todos..

   Alí aparece outro sobre, coa imaxen nel dunha toupa e  é ela a que nos escribe. Nos conta que un paxaro lle levou o guante e que sempre anda a xogar na zona verde da entrada ao cole.

Buscamos pois diante da escola no pequeno xardín...


Alí buscamos tamén, e despois de un bo rato, atopamos un sobre, coa imaxe dun paxaro.

Na carta nos conta que voando a por comida, levaba o guante con él e caeulle na rúa xusto ó ladiño do Mipa.

 

 

Decidimos ir preguntar no mipa, a ver si o viron por alí.

María a panadeira, nos conta que sí o atopou e que pensou que quizais sería da bibliotecaria o llo levou á biblioteca.

 Pois todos para a biblioteca...estamos emocionadísimos porque presentimos que xa case o temos!

  Antes de entrar, recordamos cómo temos que estar na biblio, igual de ben que o facemos na do noso cole.

 

Alí lle preguntamos á bibliotecaria e resulta que o guante non era dela e o ten gardado nun caixón, por si alguén pregunta por él.

E..por fin é noso!! E llo poderemos entregar ao noso amigo Avelino.

 

Finalmente, contentos de atopalo, quedamos un ratiño a ler contos, que os hai moi moi chulos.

 

E regresamos á escola co noso guante, que xa case é como un pequeno tesouro porque pertence a alguén que confiou en nós a su búsqueda e llo poderemos devolver.

(2016-2017) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro

Este mes de novembro só estaba de aniversario, nas dúas aulas de Infantil, a nosa compañeira MARIÑA; polo que ela  soa foi quen tivo que elexir, do noso libro de receitas, que tarta prepararía para convidar ós seus compañeiros e compañeiras.

Xa con tódolos ingredientes que precisaríamos púxose mans á obra.

 

Coa axuda de varios compañeiros e compañeiras, e seguindo as instruccións da receita foi creando as diferentes capas da tarta.

 

Entre sobaos e natillas deron "creado" unha tarta que tiña unha pinta estupenda.

 

Tan só faltaba metela no frigorífico e agardar ata o día seguinte, que sería cando celebraríamos o aniversario de Mariña.

 

Despois de cantarlle o "cumpreanos feliz" en varios idiomas, chegou o momento de soprar as candeas da tarta que, con tanto esforzo fixera o día anterior.

 

Coa axuda dos mestres foi repartindo a tarta entre os compañeiros e compañeiras das dúas aulas. Estaba boísima!!

 

Tanto que algúns ata quixeron repetir.

 

E para rematar a celebración, antes de irnos ó recreo, unha festa con gusanitos, patacas fritidas e zume de piña, que é o noso f

 

Tan só nos queda agardar outro mes para poder celebrar os aniversarios do mes de decembro. 

 

(2016-2017) Visítannos os compañeiro/as de 1º e 2º para unha degustación de froitos do outono

A semana pasada, os compañeiro/as de 1º e 2º  nos visitaron para participar nunha degustación de froitos do outono. 

Os días previos, nas dúas aula de infantil, probamos todos estes froitos, 

        

elaborando un rexistro nunha gráfica, anotando nel o froito que máis nos gustara.

Agora que coñecíamos e probáramos todos os froitos, queríamos invitar aos nosos compañeiros de primaria para que eles tamén os probara e de paso, pasar un ratiño de convivencia todos xuntos.

 

Antes de que chegaran os compañeiros de primaria, colaboramos preparando os froitos

pelando mandarinas

 

separando as noches das cáscaras

 

lavando as uvas e sacándoas dos racimos

 

incluso sacando os grans da granada, golpeándoa na parte externa cun pauciño de madeira.

 

E preparando os pratos con todos os froitos, seguindo unha consigna falada previamente (3 ou 4 trozos de cada froito, 6 uvas de cada, un puñado de...).

 

E chegou o momento!!

Cando chegaron lles explicamos que cada equipo das nosas aulas se sentaría a degustar os froitos con dous nenos da súa clase e que cando remataran de probalos, debían rexistrar na gráfica do corredoiro cal lles gustara máis.

Aquí están sentados os compañeiros con cada un dos equipos, comezando a degustación

 

e a continuación pegando o seu cadradiño na froita preferida.

 

Días despois engadimos o número de cada unha das opcións para descubrir cal foi o gañador

 

A continuación participamos nunha proposta artística, que consistía en crear un mural do outono, colaborando todos os membros de cada equipo.

En ocasións tiñamos que deternos a falar e poñernos dacordo sobre o que íamos facer cada un, e noutras foi xurdindo todo dunha maneira doadae espontánea, desfrutando co simple feito de compartir espacio, materiais e conversa.

 

 

 

 

Unha vez rematadas as nosas obras colectivas, as colocamos no corredoiro para poder seguir compartindo cos compañeiros o momento da merenda.

 

Como era día de choiva, finalmente os nosos convidados tamén quixeron acompañarnos no xogo.

Foi moi, moi divertido!!!

Volvede pronto!

 

(2016-2017) Celebramos os cumpres de outubro


Nesta ocasión, para o mes de outubro, só tivemos un homenaxeado, Nicolás.
Él elixiu unha das receitas dos cumpreanos: tarta de sobados e natillas de vainilla e chocolate.
Cando chegou o día de elaborala, tamén escolleu dous axudantes para que lle botasen unha man. 
Unha vez colocada a primeira capa de sobados,  
 
había que engadir por riba natilla de vainilla.
E logo volta a engadir outra capa de sobados e natilla de chocolate.
 
A tarta quedou gardada no frigorífico do colexio, como sempre facemos, e ó día seguinte, despois de cantarlle o cumpreanos feliz a Nico e de que él soprara as  3 candeas
 
encargouse él mesmo de repartir cada prato co seu trozo de tarta, e a cuchara ou tenedor.
 
¡Que boa estaba! Como noutras ocasións, moitos quixemos repetir!
E por suposto aínda nos faltaban as patatiñas, os gusanitos e o zume!

(2016-2017) Así preparamos e celebramos o Magosto-Samaín

Por fin chegaba unha das festa máis esperadas no colexio "o Samaín e o Magosto", pero antes do gran día tiñamos que planificalo e facer unha serie de preparativos. Contámosche de seguido todo o que fomos facendo e como o celebramos.

 

DESCUBRIMOS E DESEÑAMOS UN MONSTRUO XAPONÉS: O USHI-ONI

Desde a Blioteca do centro Dora, a mascota, enviounos unha carta convidándonos a representar un monstruo doutro país inventando unha rima para o mesmo.

No noso caso descubrimos o monstruo xaponés, como os nosos compañeiros e compañeiras cos que intercambiamos correspondencia.

 

Descubrimos que o USHI-ONI era un monstruo vaca, que roubaba os peixes ós pescadores xaponeses. Así o deseñamos entre todos e todas, aportando diferentes ideas de como podería ser.

 

Os de 4 e 5 anos inventamos unha rima, que escribimos detras do noso USHI-ONI, para que todos puidesen lela na biblioteca.

 

Así quedou a nosa rima rematada:

O USHI-ONI É UN MONSTRUO VACA

SE TE ATOPAS CON EL 

SEGURO QUE TE FAS CACA 

 

Coa plastificadora deixamos o nos monstruo listo...

 

... para penduralo na biblioteca do colexio, decidindo entre todos e todas cal sería o mellor lugar para poñelo.

 

Por decisión maioritaria, tras unha votación, acordamos penduralo na entrada da biblioteca para que todos e todas puidesen velo en canto entrasen.

 

 

CONVERTIMOS O NOSO CORREDOR NUN "LUGAR TERRÓRIFICO": Pantasmas, morcegos e cabazas monstruoas.

O primeiro foi crear un cartel que avisase que estabamos en Samaín, e que ían atopar cousas de "medo", entre todos dictamos a palabra ó profe, quen a foi escribindo no encerado. Logo "pasámola" a unhas cartolinas negras, unha por cada letra.

 

Tan só quedaba colorealas para que quedasen "terroríficas"...

 

E colocándoas en orde, tiñamos listo o noso cartel de aviso... agora quen entrase no noso corredor estaba avisado que que podía pasar "moito medo".

 

Penduramos do teito as pantasmas e morcegos que fixeramos con follas e caixas de ovos. Podes ver o proceso de creación dos mesmos nas entradas respectivas (do mes de outubro) publicadas nos blogues de infantil 1 e 2.

 

Pouco a pouco fomos traendo tódalas cabazas de infantil, que logo estarían no concurso-exposición do colexio... encantábanos miralas cada vez que entrábamos ou saíamos da aula... e ós compañeiros e compañeiras de outras aulas viñeron a ver "que fantásticas eran".

 

Así quedou o noso corredor rematado... moi terrorífico todo ;)

 

 

E CHEGOU O GRAN DÍA: BENVIDOS Á FESTA DO MAGOSTO-SAMAÍN.

O día da festa do Magosto-Samaín, viñemos todos con disfraces terroríficos... e os profes tamén!!. 

Metimos os nosos medos no "come medos" que había no corredor e no que tódolos compañeiros do colexio, foron introducindo os seus medos escritos en pequenas pantasmas de cores.

 

Participamos na votación da nosa cabaza favorita, alí estaban xunto ás nosas as dos demais compañeiros e compañeiras.

 

A decisión non era fácil posto que había moito onde escoller.

Tomada a decisión escribimos o número das nosas cabazas favoritas nun papel, e metémolo na caixa de votos.

Mentras agradábamos o reconto de votos e ata o recreo bailamos cancións de samaín unha das aulas...

... e visionamos curtametraxes de medo na outra. Cada quen escolleu autónomamente en cada momento que prefería facer.

 

A hora do recreo, disfrazados de monstruos terroríficos tiña pinta de ser fantástica.

 

E así foi... pasámolo "de medo".

 

Ata algún profe difrazado se acercou ó noso patio a ver o "medo que dábamos".

 

ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS ÁS CABAZAS FAVORITAS NA BIBLIOTECA:

Despois do recreo chegou o momento de subir á Biblioteca e descubrir cal era o resultado do concurso-exposición de cabazas.

 

Alí, nunha biblioteca que tamén se voltara terrorífica, estamos todos e todas agardando o resultado final.

 

En Infantil 1 quen levou o agasallo pola súa cabaza foi Nayra.

 

Mentras que en Infantil 1 foi a cabaza de María.

 

Ademais tamén levaron diplomas honoríficos as cabazas de  Carlota, Mariña, Lucas G e Lara F.

 

PARTICIPAMOS NOS XOGOS DO MAGOSTO NO PAVILÓN.

Nesta xornada tan completa, unha vez rematada a celebración do Samaín comezamos a celebración do Magosto participando en diferentes xogos no pavillón, xunto con compañeiros e compañeiras de outros cursos do colexio.

 

Cada grupo estivo "acompañado" e guiado por un compañeiro ou compañeira de sexto curso, que o fixeron xenial. 

Xogamos a "levar unha castaña cunha culler na boca".

A encestar aros nun cono.

A derribar os bolos.

Nunha carreira de sacos.

A encestar castañas na boca do "come castañas"

 

E nunha competición de tirar da corda... na que parcipamos todos.

 

COMENDO AS CATAÑAS ASADAS DO MAGOSTO:

Rematados os xogos, os compañeiros e compañeiras maiores foron os encargados de repartir as castañas.

 

Metémolas no noso fantástico cesto-morcego para poder comelas tranquilamente.

 

Velaquí  podes vernos degustando as castañas asadas do Magosto, as mesmas que foramos traendo de casa e que tivéramos nas nosas aulas.

 

Foi unha festa fantástica... agora tan só nos queda agardar a que chegue a do vindeiro curso que agardamos sexa igual de terrorífica.

 

(2016-2017) Creamos un vídeo saudando ós nosos amigos do colexio de Xapón. Queres velo?

Durante o curso pasado, puxémonos en contacto con varios colexios de todo mundo enviándolles unha carta dos que recibimos, fai unhas semanas, a primeira carta de resposta. Se non te lembras podes velo nas seguintes entradas:

(2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo

(2016-2017) Recibimos a primeira carta de resposta do colexio de Xapón  

 

Para respostarlles pensamos que o mellor sería grabar un vídeo saudándoos e dándolles as grazas polo traballo tan fantástico que nos enviaron.

O primeiro foi pensar  e debatir sobre en que idioma habería que grabar o vídeo para que o puidesen entender. Que idioma falarán en Xapón?. Despois dun anaco chegamos á conclusión de que seguramente o XAPONÉS  asi que coa axuda do ordenador puidemos descubrir (e escoitar) como se di "HOLA" e "ADEUS" nese idioma. 

  

Pero para grabar todo o vídeo tardaríamos moito en facelo deste xeito así que pensamos que, como a carta que nos enviaron estaba en inglés, seguro que tamén o entendían. Como nós xa sabíamos dicir algunhas cousas en inglés e co resto podería axudarnos a nosa "teacher" LOLI, escribimos unha lista de todo que lles queríamos dicir no vídeo, para poder pedirlle logo a profe que nos axudara a dicilo en inglés. 

 

Cando soubemos como dicilo todo, fomos grabándonos para ir dicindo tódoalas cousas que queríamos contarlles... incluído un saúdo e despedida en xaponés, no que participamos todos e todas, que por certo se escriben cunhas letras moi diferentes ás que nos coñecemos.

Velaquí tes o video-saúdo que fixemos. 

Nos vindeiros días escribiremos un e-mail ó colexio de Xapón para dicirlles onde poden ver o noso vídeo-saúdo, e que poidan velo os nosos novos amigos e amigas do "Kitty International School".

 

 

 

 

 

(2016-2017) Reencontrámonos cos nosos robots nos intercambios

Neste curso, nunha das sesión de intercambio entre as dúas aulas, nas que se traballa por unha banda cos compañeiros e compañeiras de 3 anos e por outra cos de 4 e 5, levaremos a cabo experiencias cos nosos robots educativos.

Durante estes primeiros intercambios e traballos con robótica fixemos todo isto:

Os compañeiros de 3 anos nunha primeira sesión na que coñecimos o beebot, cada un manipulouno nunha primeira toma de contacto, marcando nas distintas teclas (adiante, atrás, esquerda, dereita, go-comezo) para observar cómo se desplazaba.

Tamén montamos camiños coas pezas de madeira, polos que pasaría o beebot.

E tiñamos que decidir cántas veces precisaríamos premer na tecra adiante para que chegase ao final.

As veces acertábamos e outras nos pasábamos ou nos quedábamos curtos, pero o que máis nos gustaba era poñerlle obstáculos e ver cómo os ía arrastrando e continuaba co camiño.

Acabamos compricando a experiencia seguindo a construcción para un lado, co cal o beebot tiña que xirar para non chocar...pero algún de nós preferiu non darlle á tecra de xirar porque era máis divertido velo chocar contra a barreira. Era imparable este robot...! 

 

PROBOT, BEEBOT E OZOBOTS (4 e 5 anos)

Os compañeiros e compañeiras de máis idade exploraron na primeira sesión de intercambio os diferentes robots que temos na aula, e descubriron que moi pronto chegará un novo chamado "Eiro".

Descubrimos que o probot podía "debuxar" liñas seguindo o camiño que lle indicásemos.

 

Que os Ozobots podía seguir os camiño das diferentes liñas e "responder" ós diferentes códigos de cores que se lles indicase.

 

E, por suposto, axudamos ó Beebot a facer diferentes percorridos.

 

Noutra das sesións decididmos facer unha "carreira entre o beebot e o probot"... Cal gañaría? 

Anotamos na pizarra canto queríamos que andivese o beebot e canto o probot, puxemos un número maior no probot porque todos queríamos que gañase.

 

Programamos tanto o beebot como probot coas cantidades que anotáramos.

 

E cando dixemos "xa" pulsamos á vez os dous botóns para que comezasen a "andar".

 

Pero non todo saiu como agardábamos, porque o beebot gañou, aínda que non chegou á meta... E iso que tiña "menos número" que o probot!!! que tería sucedido?

 

Iniciamos un diálogo no que cada que aportou a súa teoría, que fomos intentando probar. Ó final descubirmos que os "cadrados polos que andaba o beebot" (cadrados de 15 cm) era moito máis grandes que os "cadrados polos que andaba o probot" (1 centímetro)... por iso o beebot chegaba tan lonxe cun número tan baixo.

Acordamos que a solución sería poñer un número moito máis grande ó probot... e alguén propuxo poñer o número 1000.

 

E finalmente conseguimos que o probot "cruzase a meta"  pero tivemos que paralo porque seguía camiñando.... comprobamos co metro que ata a meta había só "200" e que co 1000 pasaría da clase de Ángela.

 

Seguiremos a experimentar con estes e outros robots nas vindeiras semanas, e como sempre irémolo contando nestas entradas. 

 

PARA FAMILIAS E MESTRES:

Se queres descubrir máis sobre os robots que empregamos na nosa aula, podes visitar esta web, no apartado de robótica:

http://www.oscarabilleira.com

 

 

 

(2016-2017) Celebramos os primeiros cumpreanos do curso!

Este xoves pasado tivo lugar a festa de cumpreanos dos compañeiros e compañeiras que cumprían anos neste mes: Lois (5 anos), Úrsula e Lara P. (4 anos) e Lucía R. (3 anos).

Uns días antes, despois de elixir a receita que farían, levaron a nota para casa pedindo os ingredientes e o mércores xa o tiñan todo para comezar.

 Desfixeron moi ben os sobados..e despois de mezclar con cacao e azucre, tocaba facer as trufas con distintas formas.

 

 

E... listas para gardar no frigorífico para que estiveran ben fresquiñas para o día seguinte!

 

Despois de cantar o cumpreanos feliz en distintas versións, pois primeiro soprou as candeas Lucía

 

Despois as sopraron Lara e Úrsula

 

e por último Lois

 

os homenaxeados repartiron as trufas entre os compañeiros e compañeiras.

 

Ademáis, ese día tivemos unha sorpresa. Un compañeiro de infantil 2, Sergio, agasallounos cunha empanada riquísima que fixo coa súa nai para todos os nenos e nenas de Infantil.

 Cómo nos gustou! Estaba boísima.

E por último as patatiñas e os gusanitos, e por suposto os zumes!

 

Temos que mirar no noso libro dos cumpreanos se no mes de outubro tamén temos celebración! 

(2016-2017) Recibimos a primeira carta de resposta do colexio de Xapón

Durante o curso pasado, puxémonos en contacto con varios colexios de todo mundo enviándolles unha carta. Se non te lembras podes velo na seguinte entrada:

(2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo

 

 

Pois ben, ó longo do verán recibiuse no colexio a resposta dos nosos novos amigos do colexio "Kitty international School" de Tokio, en Xapón, pero como estabamos de vacacións non puidemos descubrilo ata que comezamos o curso.

Os profes léronnos o que poñía nela, que estaba nun idioma moi raro.  Xurdiron varias terías de que idioma podería ser: xapón, chinés... pero cando voltamos a ler de novo unha nota descubrimos que salía a palabra "HELLO" e outras que si sabíamos o que significaban... porque ESTABA ESCRITO EN INGLÉS!!! como o que nós falamos coa profe Loli.

 

Na carta os nosos novos amigos e amigas presentábanse cunha foto, tal como fixeramos nós na nosa, e algúns dos nomes non os escoitaramos nunca, porque claro estaban en xaponés. Tamén se presentaban todos os seus profes e nos enviaron unhas fantásticas manualidades con papel feitas por eles.

 

Penduramos todas as cartas que nos enviaron na parte reservada do mural para "Xapón", ó lado da que nos enviaramos hai meses en tres idiomas. Así que se queres ver o contido da carta que nos enviaron e todo o que alí pon, tan só tes que pasarte polo corredor de infantil para poder lela. Seguro que podes entender o que está escrito e inglés :)

 

Agora tan só nos queda pensar como respostarlle ós nosos amigos de Xapón... a ver que se nos ocorre.

 

Estes son tódolos colexios ós que enviaramos as nosas cartas.

 

Para docentes: A Unidade Didáctica Integrada, que planifica esta tarefa pode ser consultada na súa totalidade como UDI pública na aplicación prográmame de www.recursoseducativos.net.

(2015-2016) Celebramos os cumpreanos do verán facendo pizzas

O último día de clases o tiñamos reservado no calendario para celebrar os cumpres do verán.

E esta vez o faríamos con pizzas, traendo os ingredientes necesarios para montalas, ademáis de con unha tarta para soprar as candeas, que se encargou de facer na casa Ángela pois ela tamén estaba de cumpreanos.

Nos organizamos por equipos cooperativos

para ir botando a salsa de tomate

o queixo e o xamón cocido, ademáis de aceitunas.

e...así nun momento xa as tiñamos todas listas para meter no microondas!  

       

 

Mentres as pizzas se ían cociñando, lle cantamos o cumpreanos ós nenos homenaxeados e sopraron as candeas..a profe tamén estaba de cumpre, pero con tato trasiego se lle pasou soprar...

Laura soprou 6 candeas

e Nayra, Nani e Carlota sopraron 5.

Só quedaba comezar o banquete con tanta cousa rica!!!

 

 

tamén tiñamos gusaniños, patacas fritidas e zume!

E  por último...nos faltaba un dos premios da búsqueda do tesouro, un xeado ben fresquiño que nos tomamos saíndo para o recreo.

 

Como despedida do curso non estivo nada mal!!

Bo verán a todos e todas!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.