Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2019-2020) Chega o Samaín: así foi como o celebramos e participamos nos obradoiros

Tal como tiñamos anotado nos nosos calendarios online, estaba moi preto a data da celebración do Samaín, e aínda tiñamos moito que preparar para convertir o noso corredor nun lugar "terrorífico".

Queríamos construír unha cabaza xigante, pero ante tiñamos que medir canto papel precisaríamos.

  

Cun pouco de pintura laranxa, uns ollos vermellos, e uns sacos negros construímos unha cabaza xigante, na que podías entrar dentro, pola súa boca terrorífica.

 

Así de fantástica quedou, unha vez rematada.

 

Dentro da cabaza, no teito do corredor, penduramos unha chea de cabazas pequenas, que seguro que comera a xigante ;), feitas con globos e cinta negra.

 

 

Escribimos unha nota para pedir ás familias que nos axudaran a facer unha cabaza, para a exposición do colexio. 

 

 

Pouco a pouco fomos xuntando unha chea de cabazas terroríficas. 

 

Ata puxemos un cartel de "NON TOCAR" para a xente puidese miralas pero con moito coidado.

 

Creamos tamén a nosa propia cabaza terrorífica na clase, en realidade foron dúas. 

O primeiro foi deseñar como queríamos que fosen.

 

Traballando todos xuntos por quendas  demos creado uns calacús terroríficos.

 

 

E por fin chegou o día da celebración do Samaín... viñemos todos e todas disfrazados.

Ata o dinosario do corredor se converteu en vampiro ;)

 

Levamos as nosas cabazas ó lugar reservado na exposición, xunto coas que levaran os compañeiros e compañeiras dos outros cursos.

 

Así quedou a exposición de cabazas cando xuntamos as de todos os compañeiros e compañeiras do colexio.

 

 

Xunto ós restantes compañeiros e compañeiras do colexio, fomos pasando por diferentes obradoiros do Samaín.

Obradoiro de cociña terrorífica:

 

Obradoiro de manualidades: 

Onde fixemos unha pantasma arrepiante.

 

 

 

Tunel do terror e "contos de medo":

Aínda que o tunel non nos deu ningún medo, por certo ;)

 

 

Obradoiro do "fotomatón":

Onde cun chroma verde tomámonos fotografías con fondos terroríficos.

 

Podes ver de seguido tódalas fotografía que sacamos no fotomatón os de infantil.

FOTOGRAFÍAS DE INFANTIL (fai click nas imaxes para ver tódalas fotografías)

 

Tamén podes ver as fotografías de todo o centro na seguinte entrada:

30/10/19: (2019-2020) Xa dispoñibles as fotografías do Fotomatón dos obradoiros do Samaín. A ver se te atopas

 

Obradoiro de maquillaxe e votación das cabazas favoritas:

 

Mentras facían o reconto de votos, durante o recreo, trouxéronos a comida terrorífica, que fixeramos no primeiro obradoiro.

 

 

Xa á volta algúns recibimos un diploma de recordo...

 

 

E outras foron as cabazas máis votadas polos compañeiros e compañeiras. 

 

 

Velaquí as afortundas.

 

 

Antes de marchar, polo esforzo feito co noso traballo para facer unhas cabazas tan fantásticas, dérononos uns "ollos de chocolate"... estaba asquerosamente deliciosos. 

 

Moi pronto, no bloque de Dinamización do galego, nesta mesma web, poderedes atopar máis fotografías de todo o que fixeron os restantes cursos nos obradoiros do Samaín.

Pola nosa parte... pasámolo de medo. 

 

 

 

 

 

(2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza

Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:

11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias

Nas últimas semanas "descubrimos novos sabores" con zumes e cociñando "chulas de cabaza" coa chegada do Samaín.

 

ZUMES:

Con diferentes froitas e unha licuadora creamos os nosos propios zumes. 

 

Preparamos as diferentes froitas ata que as deixamos listas para meter na licuadora.

 

Cada quen foise encargando de mestruar as froitas para inventar novos "zumes". 

 

 

 

 

Estaban boísimos.

 

 

CHULAS DE CABAZA:

Coa chegada do Samaín cociñamos "chulas de cabaza", típicas de Galicia.

Despois de mesturar tódolos ingredientes seguindo a receita na batidora...

 

 

 

... xa estaba lista para meter no forno.

 

 

Despois de 30 minutos, que foi o que durou o recreo, xa estabamos listos para, con moldes monstruosos, crear as nosas chulas de cabaza, decoradas con boliñas de caramelo.

 

Estaban boísimas :)

 

Engadimos no noso "libro de sabores do mundo" estes dous novos platos que cociñamos, pero que de seguro non han de ser os últimos destes ano.

(2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de outubro facendo unha tarta

Como cada mes, nas aulas de Educación Infantil, celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos no mesmo.

Neste curso aínda non tivéramos ningún, pero como en outubro estaba de cumpreanos CARLOTA, chegou o momento de facer a primeira celebración do curso.

A homenaxeada escolleu a tarta que quería facer, para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, do noso libro receitas.

 

 

Seguindo os pasos da mesma, foron elaborando a fantástica tarta coa que convidaría a todos os seus compañeiros e compañeiras.

 

 

Uns últimos retoques, coa axuda dos compañeiros e compañeiras da clase, e xa estaba lista para meter no frigorífico ata o día da celebración.

 

Cuns lacasitos para decorala, xa estaba lista para comezar a celebración.

 

Despois de escoitar como lle cantaba o "cumpreanos feliz" soprou as candea co número de anos que cumplía.

 

Repartíuna entre os compañeiros e compañeiros das dúas aulas. Encantoulle a todos... Estaba boísima!!!

 

Ademais os compañeiros e compañeiras da súa aula agasallárona cunha camiseta "personalizada".

Agora temos que agardar a que pase un mes para celebrar novamente unha festa de aniversario. 

 

(2019-2020) Comezamos a traballar cos nosos robots: mira todo o que pode facer o Beebot

Como viñemos facendo en anos anteirores, este curso continuamos a traballar cos nosos "robots educativos" na aula. Todo isto foi o que fixemos con eles ó longo destas últimas semanas.

O primeiro foi "presentarlles" tódolos robots que temos nas aulas de Infantil, ós novos compañeiros e compañeiras, quenes puideron coñecer como se chamaban e explorar como eran libremente.

 

 

Nestas primeiras sesións de robótica, descubrimos xunto cos novos compañeiros e compañeiras todo o que podía facer un deles "o BEEBOT".

Recorreu camiños máis ou menos complicados, ata chegar ó seu destino, programando os seus movementos previamente. 

 

Tamén xogamos a programalo para que "tirase torres moi altas", para o que tivemos que calcular tanto tiña que avanzar para poder tirala abaixo. 

 

 

Logramos que pasase por debaixo dun "tunel" sen destruilo.

 

 

Percorreu labirintos complicadísimos, grazas ó ben que "codificamos" os movementos na nosa programación, calculando as cantidades, movementos e xiros precisos.

 

Ata logramos que o beebot percorrese un longuísimo camiño, desde unha parede da aula ata a outra.

 

 

Para elo, entre todos e todas, por quendas, fomos tirando o dado e movendo o Beebot a cantidade que saíse. Eso si lembrándose de borrar "a programación que tiña antes" antes.

 

Cando chegou ata o final, fixemos que percorrese o camiño "marcha atrás", pasando por debaixo das nosas pernas. 

 

Nas vindeiras semanas continuaremos a traballar co Beebot, o Probot, os Ozobots e o M-Bot... outros robots que xa iredes coñecendo por todo o que vos vaimos contando neste blogue.

 

 

(2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias

Este curso, continuaremos a cociñar unha vez á semana nas aulas de infantil. Neste ocasión tentaremos cociñar receitas de comida de "platos de todo o mundo".

Comezamos co "arroz 3 delicias" de China.

 

Fomos empregando as cantidades de cada ingrediente que facían falla, para ter as "3 delicias"

 

 

Sen esquecernos, por suposto, do arroz que había que medir en "vasos" ó igual que a auga.

 

 

Unha vez cociñado, cada que foi "preparando" o prato ó seu gusto, engandindo "as delicias que quería" ;)  

 

Estaba boísimo!!!

 

 

 

 

 

Anotaremos este plato no noso dosier de "sabores do mundo", que iremos completando ó longo do curso. Nel ademais de localizar nun mapa a orixe do plato, engadiremos outros aspectos culturais da zona. 

 

 

 

(2019-2020) Participamos nas actividades do Día europeo da arte ruprestre no parque arqueolóxico de Campo Lameiro

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, que está moi preto do noso colexio, convidounos a participar o pasado 10 de outubro nas actividades do "Día europeo da arte rupestre".

Despois dunha curta viaxe en autobús, chegamos xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio ó PAAR.

 

Alí recibiunos Juan, quen sería o guía da visita dos de infantil. 

 

Comezamos a visita mirando un "petroglifo falso", que fixeran fai uns anos para poder tocar, era o único que se podía tocar posto que non era de verdade.

 

 

Logo vistamos outros petroglifos moi interesantes, como o do "CERVO" do que descubrimos moitas curiosidades.

 

Logo camiñamos ata atopar unha reconstrución dun poboado prehistórico. Alí aprendimos moitas cousas de como vivían. 

 

Antes de continuar, unha pardiña para tomar a merenda.

 

 

Continuamos participando nun obradoiro de pintura prehistórica, para o que tivemos que crear a nosa propia pintura.

 

 

Mesturándoa con auga quedou lista para poder usala.

 

Tamén fixemos o noso propio debuxo da visita que estaba a punto de rematar.

 C

 

Cunha foto de grupo como despedida rematamos a visita.

 

Podes atopar máis fotografías desde saída na galería fotográfica, directamente desde aquí.

 

 

(2019-2020) Participamos no Día europeo do deporte escolar

Un curso máis, o centro participou no Día Europeo do Deporte Escolar. Todos os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, tamén estivemos presentes na celebración participando nos xogos.

Cada unha das aulas creou o seu #hastag fomentando o deporte, ó igual que fixeran os restantes compañeiros/as de primaria.

 

Participamos tamén na elaboración da pancarta que estaría presente no pavilón.

 

 

Xa no pavillón participamos, xunto ós compañeiros e compañeiras, en diferentes deportes.

 

 

Tamén os profes participaron nun emocionante partido de baloncesto contra os pais e nais, que quieron estar presentes nesta celebración.

 

Para rematar a xornada de celebración entregáronse uns diplomas tanto a algún de nós como ás familias participantes.

 

Moi pronto terás outras imaxes da celebración dos compañeiros e compañeiras participantes en primaria, na correspondente entrada que se publique nesta mesma web. 

 

(2018-2019) Presentamos o noso telexornal ante as familias e compañeiros. Queres velo?

Como xa vos contamos en entradas anteriores, estamos a preparar un telexornal onde contamos as novas máis relevantes que tiveron lugar ó longo deste curso.

Podes ver os pasos previos nas seguintes entradas:

11/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Entrevistamos a Susa Herrera para o telexornal que estamos creando en infantil

25/05/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Continuamos a crear as novas que formarán parte do noso telexornal

13/06/19: [Infantil xuntos] (2018-2019) Así rematamos o noso Telexornal. Xa está listo e poderás velo dentro dunha semana.

 

O noso telexornal estaba xa listo para presentalo a ante os compañeiros e as familias, no último día do curso.

 

Sabela encargouse de presentalo ante un auditorio cheo de espectadores. Como non había moito tempo tivemos que amosar unha versión reducida do mesmo. Podes ver a versión completa a continuación.

 

Podes ver o telexornal, na súa integridade, de seguido:

 

 

Rematada a presentación recibimos un forte aprauso polo traballo realizado.

 

 

Grazas a tódolos profes e compañeiros que quixeron participar neste Telexornal.

(2018-2019) Buscamos un tesouro escondido seguindo un mapa

Como cada ano, cando remata o curso, participamos no xogo de pistas. Temos que seguir un mapa e percorrer todo o colexio para ir atopando as diferentes pistas, que nos permitirán ó final descubrir un tesouro agochado.

Nesta ocasión habería tres equipos, a través dun sorteo decidimos quen estaría en cada un deles cos profes ÓSCAR, CRISTINA e LOLI. 

Nesta ocasión cada un dos equipos tería o nome dun animal en perigo de extinción.

 

Así quedaron conformados os equipos:

OSO AMARELO.

 

 

PINGÜÍN AZUL

 

ELEFANTE VERMELLO

 

Percorrimos diferentes lugares do colexio, tanto dentro como fora do mesmo, para ir atopando as pegatinas da nosa cor e poder ir pegándoas no mapa. 

 

Na última etapa do percorrido cada equipo atopou un sílaba "FO  LI  OS", de xeito que ata que chegasen tódolos equipos non sería posible descubrir onde estaba agochado o cofre co tesouro.

 

Dentro estaba chego de "selos de estampar" con diferentes cores.

 

(2018-2019 Celebramos os aniversarios de xuño e do verán

Chegou o momento de celebrar os últimos aniversarios do curso. Nesta ocasión celebraríamos os de xuño e os de aqueles compañeiros e compañeiras que o farían ó longo do verán.

Antes de nada había que escoller a tarta que querían facer de entre as dispoñibles no libro de receitas.

 

 

E preparar as camisetas de agasallo para cada un deles. 

 

Seguindo as instrucións da receita, e cos ingredientes que troxeramos un día antes, fomos elaborando a nosa tarta.

 

O último día do curso por turnos fomos soprando as candeas dos anos que cumpriremos, dentro dalgunhas semanas.

 

A tarta estaba boísima, tanto que algúns ata quixeron repetir.

 

A festa rematou cuns gusnitos, patacas fritidas e zume de piña.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.