Skip to Content

Música

Tanxugueiras competirá en Benidorm para ir a Eurovisión

A formación galega actuará a canda outras 13 artistas a finais de xaneiro no Benidorm Fest, preselección do Estado español para o Festival de Eurovisión 2022.  Ver nova na prensa

 

Unidade Didáctica "Cantámola en Galego" e "Pequena Guía Musical en Galego "

                                                                                                                                  

 Dous grandes documentos que che servirán de guia e  onde poderás coñecer e escoitar algúns dos nosos artistas musicais galegos.  Os da Unidade Didáctica están en a Spofity. Na Guía Didáctica xa están dentro as ligazóns.

Artigo relacionado

Parabéns para ti! - Canción en galego para os aniversarios

1Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
 
A. Parabéns para ti
nesta data querida 
moitas felicidades 
 moitos anos de vida. 
 
2Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
 
B. Hoxe é día de festa 
cantan as nosas almas 
para ti que hoxe é o teu día
unha salva de palmas!".
 
3.  Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
 
4Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
 
5Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
 
6Parabéns para ti (bis)
desechámoste todos
parabéns para ti
parabéns para ti
parabéns para tiiiii
parabeeeenssssss paaraa tiiiiiiiiii
 

The Skeleton Dance

Premios aRit(t)mar 2021

O  festival  aRi[t]mar  fechou  esta cuarta feira (27-10-2021) en Compostela a súa sétima edición cunha gala na que a música e a poesía conviviron en harmonía, bañadas pola defensa da lusofonía, como é meta orixinal desta iniciativa. ARi[t]mar, é un  proxecto didáctico e cultural que naceu para divulgar a música e poesía galego-portuguesas contemporáneas. Ano a ano vai  asentándose na axenda cultural galego-portuguesa.

A "abrumadora vitoria feminina" foi  seguida  por  un  auditorio  ao máximo da súa capacidade (600 persoas). Nunha  noite  con  actuacións  en directo e detalles inesperados, o público puido ver a Guadi Galego e Cláudia Pascoal recoller os galardóns vencellados á música.  A primeira levouno á mellor  canción  en  galego  por  "Cólicos" (ver letra) mentres que a segunda era seleccionada como merecedora do recoñecemento internacional por "Quase Dança" (ver letra).  Escoitar un resumo dos finalistas.   Artigo relacionado.

Galicia

Galicia docemente

esta ollando ó mar:

¡ten vales e montañas

e terras para labrar ¡

 

Ten portos mariñeiros,

cidades, labregos

¡cargados de traballos

cargados de trafegos!

 

Galicia é unha nai

velliña e soñadora

¡na voz da gaita rise

na voz da gaita chora¡

 

Galicia é o que vemos,

a terra, o mar, o vento

¡Pero hai outra Galicia

que vai no sentimento!

 

Galicia somos nós

a xente e maila fala

¡se buscas a Galicia

en ti tes que atopala!

 

Manuel María Fernández Teixeiro

(Soños na gaiola)

"O Chimpín" - Uxía Lambona e a Banda Molona

Quérote máis!

O Xogo da Carrasquiña - Curso 2012-13

2020/21 - Día das Bibliotecas Escolares

Vídeo elaborado polo Equipo de Biblioteca do centro, na que se inclúen varias cancións do Libro-Disco "Lingua Guapa" .

Distribuir contido


by Dr. Radut