Skip to Content

Música

Uxía Lambona e a Banda Molona - O Outono

Teño unha Rosa - Anxo Rey

Coros pola PAZ

 Se hai uns días fomos 1.000 en Madrid, por que non podemos unirnos 100.000 en toda Europa? O domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, vèn a cantar connosco pola paz. Esteas onde esteas, axúdanos a que a túa cidade se sume  a Coros pola Paz: un gran evento simultáneo en toda Europa. Un encontro de canto común e multitudinario pola paz.  Deixa  que a nosa voz e a nosa música sexan o máis poderoso instrumento para construír e pedir pola paz en Europa e no mundo. Dillo ao teu coro e aos teus amigos e #sumar a Coros pola Paz. Lembra: domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, na Praza da Ferraría a paz necesítate. Cancións que se interpretarán: VAI PENSIERO, Doa Nobis Pacem: DOA NOBIS PACEM VAI PENSEIRO.
HORARIO DE ENSAIOS: Venres 18 e 25 Marzo no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra 18:30 a 20:00. Sábado 19 de Marzo no Liceo Casino de Pontevedra de 18:30 a 20:00. SÁBADO 26 Ás 12:30 ENSAIO XERAL NO PAZO DÁ CULTURA.
A profe Reyes do cole que dirixe o coro Luís García Limeses, convida aos niñ@ s excantores a esta bonita ininiciativa.

A Rosalía (No Bico un Cantar)

Primeiro disco musical de Magdalena Gamalho

   A mestra e ex-compañeira  do CEP Campolongo durante o curso 2012-13,  Magdalena Gamallho (ver na orla), agora dedicada a música , sacou un disco espectacular que podes escoitar na lista de reprodución que ten en youtube e tamén es spofity.

O disco recolle dez cancións, seis da súa autoría, tres poemas musicados e unha versión de Teresa Torga de José Afonso.

Ler entrevista

Tanxugueiras - "Terra" | Benidorm Fest 2022 | Acada o 3º posto

Clasificáronse para a final e logo chegaron ao 3º posto. Aínda así acadaron o 1º posto da votación popular e da demoscópica.

Versión con linguaxe de signos feita por alumnado de primaria (CEIP Quiroga Palacios)

Exposición musical "Cantámola en Galego"

Este mes de xaneiro de 2022 temos no cole  a Exposición de Música  "Cantámola en Galego".   Esta tamén se pode ver en liña ou descargar dende a páxina do Concello de Pontevedra (https://snl.pontevedra.gal/descargas/). Dende a mesma páxina web tamén se poden escoitar unha selección de 292 cancións de diferentes estilos musicais: rock, pop, rap,  tradicional, infantil, de autor ... nunha lista de produción en  spofity.

Clicando na imaxe podes ver en Pdf toda exposición xunta coa unidade didáctica explicativa dos diferentes grupos e estilos que están agora mesmo creando e tocando en diferentes escenarios. Algúns deles están moi de moda,  como por exemplo,  Tanxugueiras, moi preto de participar en Benidorm na fase final por chegar a representar a España en Eurovisión.

Facer actividades H5P relacionadas coa música galega: - Escoller  artistas  - Emparella as imaxes  - Letra de "Terra" (Tanxugueiras)

Ver fotos na Galería de imaxes do cole.   Artigo relacionado: Pequena Guía de Música en Galego.a

Tanxugueiras competirá en Benidorm por representar a España en Eurovisión co tema TERRA

Despois de ser a  Palabra do Ano 2021 , o trío que conforman Tanxugueiras (Aida, Olaia e Sabela), están a espera de saber se van a representar a España en Eurovisión. Os días 26, 27 e 29 de xaneiro competirán no Festival de Benidor.   Tanxugueiras acada o 3º posto no Festival de Benidor.

Grande Amore - Mellor disco do ano 2021 da Web Supersónica

A web musical Hipersónica elixiu como mellor disco do 2021 en España o álbum do mariñao Nuno Pico, coñecido a nivel musical como Grande Amore.

 

Mangueiro "Olvídame"

Distribuir contido


by Dr. Radut