Proposta para cantar o Día de Rosalía (23 de febreiro). Xúntanse tamén dous audios da canción co ritmo 0,75 , nun deles case non se escoita a letra. Cambiar na roda daconfiguración.
A compañeira Marta, mestra do noso centro, integrante do grupo SUN IOU, deléitanos con esta fermosa canción tocando a gaita . Parabéns por este primeiro disco !!!
Este mércores 7 de febreiro , o alumnado de 1º e 5º asistiu ao concerto `O Entroido dos Animais´ organizado pola Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Artigo relacionado