Skip to Content

Adiós ríos, Adiós fontes, cantada polo grupo Astarot

 Proposta para cantar o Día de Rosalía (23 de febreiro).  Xúntanse tamén dous audios da canción co ritmo 0,75 , nun deles case non se escoita a letra. Cambiar na roda daconfiguración.

Tod@s:Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

: Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

:prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

: muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

: amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

: ¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

: Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!

 : Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

: Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

: Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

: ¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

: Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

Tod@s:Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos

 Nota: No vídeo aparece a data do 24 de febreiro porque foi mudada no ano 2023

Artigo relacionado

AnexoTamaño
Adiós Ríos 0.75-Coa-letra-alta.mp33.99 MB
Adios-Rios-Letra-baixa-e-0-75.mp33.99 MB
Rosalia de Castro _ Astarot.mp419.35 MB


page | by Dr. Radut