Gallego

S1302001: Xornadas de Transporte e mantemento de vehículos 2013

Gallego

Data de comezo: 3/09/2013
Data de finalización: 5/09/2013
Lugar de realización: CIFP Politécnico de Santiago
Número de Horas totais: 18
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54386

Data: 

03/09/2013 - 05/09/2013

Sección: 

S1301016: Ensaios citoxenéticos para diagnóstico prenatal

Gallego

Data de comezo: 01/07/2013 
Data de finalización: 03/07/2013
Lugar de realización: Hospital Clínico Universitario de Santiago
Número de Horas totais: 20
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54389

Data: 

01/07/2013 - 03/07/2013

Sección: 

S1301015: A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio:manipulación de produtos químicos e biolóxicos

Gallego

Data de comezo:  26/06/2013

Data de finalización: 27/06/2013

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Número de horas totais: 14

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54388

Data: 

26/06/2013 - 27/06/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Cursos de verán 2013

Summary: 

Cursos de verán organizados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:
 
 http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/1036-cursos-de-verano-2013

cursos veran intef
cursos veran intef

S1301011: Emprego de vinilos autoadhesivos na automoción

Gallego

Data de comezo: 2 de Xullo

Data de finalización: 4 de Xullo

Lugar de Celebración: CIFP Politécnico de Santiago

Número de horas totais: 20

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54382

 

Data: 

02/07/2013 - 04/07/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Plan de Formación de profesorado de FP 2013-14

Summary: 

Acábase de publicar a Resolución pola que se aproba o Plan de Formación do profesorado de FP para o curso 2013-2014 e seus criterios de admisión.
Gallego
 

Resolución pola que se aproba o Plan de Formación do profesorado de FP para o curso 2013-2014 e seus criterios de admisión.As devanditas actividades están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo.

Inscrición 
A inscrición nas actividades realizarase unicamente mediante a aplicación web de xestión da formación do profesorado www.edu.xunta.gal/fprofe
O ámbito das actividades de formación é de carácter autonómico.

Criterios de selección 

Establécense  os criterios de selección para a admisión a cada actividade  segundo o punto 3 do artigo 7 da Orde do 14 de maio de 2013 (DOG do 22 de maio) pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.

A selección de participantes realizarase conforme os seguintes criterios de prioridade, pola orde en que figuran a seguir: 

A) Criterios específicos sinalados na convocatoria da actividade.

B) Distribución de prazas entre o profesorado do maior número posible de centros nos que se impartan as ensinanzas ás que vai destinada a actividade, dando preferencia a aqueles que remitiran a correspondente orde de prioridade establecida polos departamentos. Primando, entre eles, aos centros integrados de formación profesional.

  • Orde de prioridade establecida polos departamentos:

A xefatura do departamento remitiralle á unidade administrativa xestora da actividade (CFR correspondente ao seu ámbito xeográfico ou CAFI para o ámbito xeográfico de Santiago e actividades centralizadas) este acordo do departamento, no que se indique a orde de prioridade para a selección dos participantes en actividades de formación do profesorado, logo da correspondente reunión, tendo en conta a relación entre as necesidades de formación dos membros do departamento e os módulos e ciclos aos que vaia destinada a actividade.

A única finalidade de esta listaxe, é a de establecer unha orde priorizada de cara a selección de inscritos. En ningún caso terá os efectos de inscrición na actividade, polo que os interesados deberán formalizar a súa inscrición a través da aplicación FPROFE.

O prazo para presentar a orde de prioridade e o mesmo que o de inscrición.

C) Pertenza á especialidade do profesorado para a que se destina a actividade.

D) Distribución de prazas proporcional ao número de profesores e profesoras do departamento, en relación co total do profesorado da familia profesional.

E) Non ter participado na mesma actividade en anos anteriores.

F) Non estar participando nin ter confirmada a admisión noutra actividade, presencial nin de teleformación na Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA) que coincida, na súa totalidade ou en parte, coa actividade solicitada.

G) Ser funcionario/a de carreira.

H) Maior antigüidade como funcionario/a de carreira.

I) Ser funcionario/a en prácticas.

J) Maior antigüidade como funcionario/a  en prácticas.

K) Ser interino/a.

L) Maior antigüidade como interino/a.

Importante: O profesorado seleccionado para a actividade recibirá un correo electrónico na súa conta corporativa (_@edu.xunta.es) e necesariamente deberá confirmar dentro do prazo indicado a súa participación na actividade ou a súa renuncia, a través do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (http://www.edu.xunta.gal/fprofe). 

Se unha persoa admitida nunha actividade de formación, por calquera motivo, non puidera asistir, deberallo comunicar, coa maior rapidez posible, ao asesor ou á asesora que coordine a actividade, para non lles causar prexuízo a outras persoas en lista de reserva.

Plan de Formacion de FP

Vídeo "Mostra do Ensino 2012"

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Gallego

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.

No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.

 

 

video mostra

V1202002. Xornadas de Actualización Laboral 2013

Summary: 

O vindeiro día 28 de maio dará comezo as Xornadas de Actualización Laboral 2013 para profesorado de FP no CFR de Vigo.
Gallego

O vindeiro día 28 de maio dará comezo as Xornadas de Actualización Laboral 2013 para profesorado de FP no CFR de Vigo.

Data: 

28/05/2013 - 31/05/2013

Sección: 

P1201099 Foro de innovación tecnolóxica na automoción 2013

Gallego

Datas de celebración: venres 24 e sábado 25 de maio de 2013.

Lugar de celebración: Club naútico de Sanxenxo e IES de Vilalonga.

Duración da actividade: 12 horas

Enlace á actividade

Enlace á aula virtual

Sección: 

Áreas-CAFI: