Gallego

Cursos de verán 2013

Summary: 

Cursos de verán organizados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:
 
 http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/1036-cursos-de-verano-2013

cursos veran intef
cursos veran intef

Vídeo "Mostra do Ensino 2012"

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Gallego

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.

No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.

 

 

video mostra

Easy Notecards

Easy Notecards permítenos crear e compartir fichas de estudo. O manexo é moi sinxelo. Unha vez creada a conta pulsamos no botón "create notecards" e xa podemos cubrir un formulario dividido en dúas zonas:
1. Unha cabeceira onde poñemos o título e descrición do conxunto de fichas e, se imos resumir un libro, tamén podemos poñer o ISBN e o capítulo. Tamén se pode especificar o nivel educativo ao que están destinadas as fichas.
2. Para cada ficha cóbrense dúas casillas. Na esquerda escríbese o título e na dereita o resume dos datos. No título tamén se pode poñer unha imaxe.
Bótase de menos a existencia dun gadget que permita colocar as fichas no blog e a posibilidade de poñer vínculos. Tamén sería interesante compartir a edición das fichas.
O programa da a posibilidade de crear un test partindo das fichas. Só hai que pulsar no botón "take quiz" cando estamos vendo as fichas.
Gallego
baner easy

SpiderScribe

SpiderScribe é unha ferramenta que nos permite crear mapas mentais nos que se inclúen textos, imaxes, arquivos adxuntos e mapas.
Para crear un elemento basta arrastrar a icona do tipo desexado dende a parte esquerda. Para conectar dous nodos hai que trazar unha liña dende o centro da parte inferior do pai ata o fillo.
Pódese invitar a outras persoas a ver e modificar o mapa. Tamén se poden publicar na web.
A ferramenta é moi fácil de usar. É intuitiva e razoablemente rápida. Ideal para utilizar nas aulas.

Gallego
SpiderScribe

V1201050: O método científico e as competencias básicas

Gallego

Data de comezo: 4 de abril 2013

Data de finalización: 29 de maio 2013

Lugar de celebración: CPI Cova Terreña (Baiona)

Número de horas totales: 30

FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=228

Data: 

04/04/2013 - 29/05/2013

Sección: 

V1201050: O método científico e as competencias básicas

Summary: 

Amplíase o prazo de inscrición, a través de FPROFE, ao 25 de marzo 2013, no curso V1201050: O método científico e as competencias básicas.
Gallego

Data de comezo: 4 de abril 2013

Data de finalización: 29 de maio 2013

Lugar de celebración: CPI Cova Terreña (Baiona)

Número de horas totais: 30

FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=228

Cartel curso
Curso V1201050: O método científico e as competencias básicas

IV Edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV)

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 25 de marzo de 2013.
Gallego

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional poñen en marcha a 4ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV) dirixidos a 1808 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Durante sete días os participantes en CCV 2013 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de acercamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Enseñanza Secundaria. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Máis información con todos os detalles do programa na páxina web http://www.campuscientificos.es.

Imagen de la portada: CC-BY-NC-ND,  autor: http://www.flickr.com/photos/phunk/3606535949/

campus científicos

P1201056 O método científico e as competencias básicas

Summary: 

Preténdese presentar ao profesorado propostas de traballo que promovan o desenvolvemento das competencias básicas. Na última sesión do curso os asistentes presentarán aos seus compañeiros e compañeiras unha tarefa que deseñaron e desenvolveron na fase práctica.
Gallego

Data de inicio: 8 de marzo de 2013

Data de finalización: 10 de maio de 2013

Lugar de celebración: CFR de Pontevedra

Número de horas totais: 30h

Enlace á actividade en FPROFE

Enlace á Aula Virtual

Data: 

08/03/2013 - 10/05/2013

Sección: 

P1201056: O método científico e as competencias básicas

Summary: 

Preténdese presentar ao profesorado diferentes propostas de traballo, nas áreas de ciencias, tecnoloxía e matemáticas, que promovan o desenvolvemento das competencias básicas. Na fase práctica deseñarase e poñerase en práctica na aula unha experiencia que se presentará na derradeira sesión do curso.
Gallego

 

Data de comezo: 8 de marzo de 2013

Data de finalización: 10 de maio de 2013

Lugar de celebración: CFR de Pontevedra

Número de horas totais: 30h

Enlace a descrición da actividade en FPROFE : 

"O método científico e as competencias básicas"

Enlace á aula virtual do CFR de Pontevedra: "O método científico e as competencias básicas"

 

 

 

 

O método científico e as competencias básicas

Caderno intercultural

Nesta sección encontraredes bancos, galerías e coleccións de sons, fotografías, ilustracións, animacións, vídeos, iconas e símbolos de uso libre ou con licenzas Creative Commons para empregar nos vosos traballos e proxectos didácticos ou educativos.

Podedes acceder a través desta ligazón: CADERNO INTERCULTURAL
Gallego
cuaderno intercultural