V1302009: Primeiros auxilios en educación
Enviado por sinfonia40 a Mér, 30/10/2013 - 20:40Summary:
O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Summary:
O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto “COMBASGalicia” para o curso 2013-2014 amplíase ata o día 11 de novembro de 2013.
Destinatarios:
Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.
Documentación necesaria
As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo, e constará da seguinte documentación:
- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.
- Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III
- Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.
File:
Summary:
Sección:
Summary:
Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:
Summary:
Summary:
Esta listaxe creouse coa finalidade de pór en contacto a divulgadores cos centros de ensino e facilitar así a busca de conferenciantes e actividades á medida de cada centro.
Nesta listaxe pódese atopar:
Summary:
Esta publicación, na que se abordan temas tratados nos cursos de verán sobre competencias e retos educativos na Educación Secundaria, ten como finalidade ofrecer ao profesorado desta etapa suxestións e propostas para a aula desde un enfoque competencial. Froito da súa propia experiencia, como docentes e investigadores, os autores que colaboran nos distintos capítulos que integran o libro parten da base de que as propostas metodolóxicas innovadoras estimulan a aprendizaxe e favorecen o dominio do coñecemento comprensivo. Achega, ademais, elementos de traballo que invitan a repensar unha nova forma de educar máis acorde coa escola do século XXI.
Artigos:
Summary:
Este certame pretende estimular e recoñecer a produción de material divulgativo dirixido ao público xeral, e aos estudantes de educación secundaria e universitarios en particular, sobre os principios, avances científicos e tecnolóxicos e os beneficios da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear.
Investigadores de organismos públicos e privados, estudantes de doutorado e grao, profesores de educación secundaria, profesionais da divulgación científica e periodistas. A participación pode ser individual ou en grupo, podendo optar a unha ou varias modalidades.
Poderán presentarse traballos ata o luns, 30 de setembro de 2013 a través da aplicación web creada a tal efecto na intranet do CPAN.
Curso: P1301041. Propostas de aula para indagar sobre a meteoroloxía
Centro de formación e recursos: Pontevedra
Temporalización: 28/01, 31/01, 07/02, 11/02, 14/02, 18/02, 21/02 e 11/03 de 2014
Data límite de inscrición: 12/12/2013
Lugar: CFR de Pontevedra, aula 1º andar
Prazas: 20
Obxectivos
1.Empregar a meteoroloxía como centro de interese nas áreas do ámbito científico-tecnolóxico.
2.Promover experiencias de aula que lle permitan ao alumnado a adquisición das competencias básicas mediante a aprendizaxe baseada en proxectos dende a meteoroloxía.
3.Fomentar o traballo colaborativo entre docentes de diferentes especialidades.
Contidos
1.Aprendizaxe baseada en proxectos.
2.A meteoroloxía como centro de interese desde as matemáticas, a bioloxía, a física e química e a tecnoloxía.
3.Ferramentas e indicadores de avaliación de competencias básicas.
4.Ferramentas e novas tecnoloxías na meteoroloxía.
5.Fase non presencial
5.1. Deseño e planificación dunha actividade para levar á aula e valoración da experiencia.
Sección:
Áreas-CAFI:
Summary:
Curso: P1301041. Propostas de aula para indagar sobre a meteoroloxía
Centro de formación e recursos: Pontevedra
Temporalización: 2º trimestre, Curso académico 2013/2014
Data límite de inscrición: 12/12/2013
Lugar: Pontevedra