Skip to Content

2018-2019

Centros de investigación da USC

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Tecnoloxía de 4ºESO desprazouse o venres ata o campus Vida da USC para coñecer de primeira man a actividade de varios centros de investigación da universidade compostelá.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada.

Un polbo en Europa

Os días 20 e 21 de novembro de 2018 tivo lugar en Bruxelas un curso de formación para os coordinadores das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.

Foi o momento elixido para presentar en sociedade a nosa mascota, Caramiña, un polbo vestido con encaixe da Costa da Morte e unha chapa identificadora do noso Centro. Agora toca pasealo por Europa en todas as viaxes que fagan os nosos embaixadores.

Ler máis en La Voz, QPC, Diario Camariñán, El Correo Gallego

Alumnado de 3º ESO na English Week

Durante a semana do 11 ao 17 de novembro de 2018, 24 alumnos de 3º da ESO do noso Centro participaron no programa English Week, organizado pola Subdirección Xeral de Educación e Innovación.

O programa, que se desenvolve completamente en inglés e con monitores nativos, realízase nunhas instalacións ubicadas en Os Peares. Os nosos rapaces conviviron durante unha semana con outros estudantes de Vimianzo, Ferrol e Pontevedra.

  Ler máis na Voz, QPC, El Correo Gallego, Diario camariñán.

As Escolas embaixadoras empezan forte o curso 2018-19

O curso 2018-19 tamén comezou para os embaixadores júnior do Parlamento Europeo. Este ano son 16 alumnos de 3º da ESO que van ter moito traballo por diante. De momento, están gozando do Programa de inmersión lingüística nos Peares. Cando volvan, participarán nun debate cos eurodeputados galegos sobre o futuro de Europa. E para 2019 queda a parte dura do traballo: preparar para o Día de Europa un simulacro das eleccións europeas que terán lugar posteriormente o 26 de maio. No medio, está prevista a viaxe a Luxemburgo e Frankfurt e, para os embaixadores do ano pasado, a viaxe a Estrasburgo para participar no concurso Euroscola que gañaron o curso pasado.

 Máis información: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Que Pasa na Costa, Diario Camariñán

Almorzos saudables

Hoxe púxose en marcha unha novidosa experiencia gastronómica no noso IES. Baixo o lema “Repensa a túa despensa”, ofreceremos ao alumnado de 2º e 3º ESO (1º e 4º en próximos trimestres) distintas propostas de almorzos saudables, é dicir, equilibrados, completos e variados. Coñecerán a importancia de comezar o día cunha achega nutriticional adecuada ás actividades que desenvolven, desmitificarán crenzas obsoletas e poderán incorporar (esperemos!) o aprendido aos seus hábitos alimentarios.

Ás veces vexo mortos...

Na noite do Samaín ábrese a porta que une o mundo dos vivos e o dos mortos, deixando que as ánimas vaguen libremente entre nós. Pero xa nas vésperas, durante toda a tarde do martes e ata a medianoite, xuntouse un bo grupo de defuntos no instituto para celebrar o seu día con concursos, película, cea e contadas de medo. Alguén se acordou de pechar a porta entre mundos ó marchar?

Distribuir contido


by Dr. Radut