Skip to Content

Música

COMEZO DA TERCEIRA AVALIACIÓN

OLA A TOD@S.

Aquí estamos de volta, comezando unha terceira avaliación que vai ser completamente atípica, pero que esperemos poidamos levar a bo fin coa colaboración mutua.

Lembremos como nos imos organizar:

1º Cada luns teredes á vosa disposición na páxina web e no voso correo electrónico os materiais, que consistirán en:

- Unha presentación escrita cos contidos.

- Un vídeo no que vos explico eses contidos (só se hai contidos que aclarar ou repasar).

- Tarefas escritas (serei mesurada para que non vos agobiedes).

- Tarefas de tipo práctico.

* O ENLACE PARA FACER VIDEOCONFERENCIA RESERVÁMOLO PARA CONSULTAS INDIVIDUAIS. SE NON PODEDES ACCEDER, CHAMADE AO CENTRO PARA QUE EU VOS POIDA CHAMAR POR TELÉFONO.

 

 

A DATA DE ENTREGA SERÁ O ÚLTIMO DÍA DE CADA SEMANA (DOMINGO, VAIA, AÍNDA QUE NON É LECTIVO)

NON OBSTANTE SERÍA PREFERIBLE QUE FAGADES A TAREFA SEGUNDO VOLA ENTREGO, PARA QUE ME POIDADES FACER PREGUNTAS E POIDAMOS IR TRABALLANDO AO LONGO DA SEMANA.

 

MOI IMPORTANTE: SE NON ENTENDEDES ALGO, PREGUNTADE.

                            SE NON PODEDES ENTREGAR A TAREFA POR PROBLEMAS TÉCNICOS, AVISADE.

                            SE NON PODEDES CONECTARVOS A INTERNET AVISADE TAMÉN. LERMBRADE QUE SEGUIMOS TENDO FORMAS DE RESOLVER AS SITUACIÓNS.

                            É IMPRESCINDIBLE MANTER CONTACTO HABITUAL PARA QUE ISTO FUNCIONE.

CAMBIOS NO USO DA VIDEOCONFERENCIA

BO DÍA

COMO PUIDESTES COMPROBAR, NON SEMPRE TEÑO CONECTIVIDADE SUFICIENTE PARA PODER REALIZAR VIDEOCONFERENCIA, ESPECIALMENTE CANDO O NÚMERO DE PARTICIPANTES É ALTO. POLO TANTO FAREMOS OS SEGUINTES CAMBIOS PARA O SEU USO:

 

1º DEIXA DE TER APLICACIÓN O HORARIO QUE VOS INDIQUEI CON ANTERIORIDADE.

2º SE QUEREDES TER UNHA CONVERSA COMIGO, COMUNICÁDEMO POR MEDIO DO CORREO ELECTRÓNICO E ACORDAMOS UNHA HORA. 

egv.departamentomusica@gmail.com

 

GRAZAS!

 

 

A OSG NON SE RINDE E NÓS TAMPOUCO!

Comparto con vós este vídeo emocionante da Orquestra Sinfónica de Galicia, tocando unida, a pesar da distancia obrigada destes días.

Sé Nimrod, un rebelde, non te rindas

Resultado de imaxes para: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

 

GRAZAS, OSG, POLO AGASALLO DA VOSA MÚSICA!

ENLACE PARA VIODEOCHAT

Creei un enlace por medio do cal nos podemos conectar para conversar colectivamente. Non hai que descargar nada só abrir a unha hora determinada o enlace que vos vou dar.

NORMAS:

Temos que ser responsables e utilizar ben esa ferramenta. Para iso teremos que escoitar con atención e lograr facer quendas, se non será imposible entender nada.

É unha ferramenta para traballar, non un xogo, aínda que podemos facer algunha broma pero sen perder o obxectivo.

O programa serve para facer vídeochat. Sen embargo, para que poidamos estar conectadas varias persoas, é preciso pausar o vídeo. Cando encendades o enlace, veredes que na parte de abaixo hai tres iconos. O que está á dereita do símbolo do teléfono é unha cámara de vídeo. Ao comezo da conexión teremos que premer aí para que o símbolo da cámara apareza tachado.

Hoxe probeino con 4º e funcionou ben. Espero que cos demais grupos tamén sexa así.

O enlace é o seguinte:  https://meet.jit.si/pedradaguiamusica

Horarios:

2º A mércores ás 11:30 e venres ás 13:00

2º B luns ás 11:30 e mércores ás 13:30

3ºA Martes ás 13:00 e Xoves ás 11:30

3º B e C Martes ás 11:30 e Venres ás 11:30

4º MÚSICA luns ás 13:00 e mércores ás 13:00

4º IAEE martes ás 13:30 e xoves ás 13:00 

 

Mandarei un aviso antes da conexión, por se vos esquecedes.

POR SE O TEMPO PASA DEMASIADO LENTO...

BAILE DE NORÓ (PARA QUEN NON TEÑA MANEIRA DE UTILIZAR INSTRUMENTOS)

Para tod@s aquel@s que non tedes maneira de practicar con instrumentos nin de descargar a aplicación de emulación de teclado ou xilófono, propóñovos esta canción. Practicade a entonación e a letra das dúas primeiras estrofas e do refrán e poñédelle acompañamento de percusión, utilizando materiais e obxectos que teñades por casa (cotidiáfonos): unha botella de cristal percutida, unha caixa de cartón, culleres de madeira... Botádelle imaxinación.

 

O baile de Noró. Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

 

Letra:

O baile de Noró

Axudádeme a cantare (bis)

axúdeme quen quixere

axudádeme a cantare

se non vou enrouquecere (bis)

Ai a la la, ai la la la.

 

Esa bailadora que bonita é

debuxando voltas na punta do pé

Na punta do pé, na punta do pé

esa bailadora que bonita é.

 

Bailade nenas, bailade

que o voso bailar me alegra

se o voso bailar non fora

non estaba nesta terra.

 

Logo cantas, logo bailas (bis)

logo tes o pé lixeiro

logo me fas arrimare

as miñas mans ao pandeiro (bis)

Ai a la la, ai la la la.

 

Esa bailadora que bonita é

debuxando voltas na punta do pé

Na punta do pé, na punta do pé

esa bailadora que bonita é.

 

Bailade nenas, bailade

que o voso bailar me alegra

se o voso bailar non fora

non estaba nesta terra.

 

Cantares e máis cantares (bis)

cantares hei de cantare

teño a hucha nova chea

e un costal por desatare (bis)

Ai a la la, ai la la la.

 

Esa bailadora que bonita é

debuxando voltas na punta do pé

Na punta do pé, na punta do pé

esa bailadora que bonita é.

 

Bailade nenas, bailade

que o voso bailar me alegra

se o voso bailar non fora

non estaba nesta terra.

 

Esta vai por despedida (bis)

hoxe aquí non canto outra

as señoras que ma oian

de hoxe un ano me oian noutra (bis)

Ai a la la, ai la la la.

 

Esa bailadora que bonita é

debuxando voltas na punta do pé

Na punta do pé, na punta do pé

esa bailadora que bonita é.

 

Bailade nenas, bailade

que o voso bailar me alegra

se o voso bailar non fora

non estaba nesta terra.

Distribuir contido


by Dr. Radut