Skip to Content

Actividades

Cantamos no mundo! Unha viaxe sonora pola Lusofonía

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas 2020, propoñémosvos unha viaxe da man das músicas de raíz lusófona. Seguindo os pasos de Ricardo Carvalho Calero, visitaremos lugares, xentes, culturas coas que temos ese vencello lingüístico.

O homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero, conta cunha biografía apaixoante que acompañou os principais acontecementos do S.XX, vividos desde o Galeguismo político e cultural.

No ámbito literario destacou por ser un auténtico polígrafo, cultivando a poesía, o teatro, o ensaio, a narrativa (recomendámosvos a lectura de Scórpio, novela intrigante cun certo carácter autobiográfico, que en breve estará na nosa biblioteca)  O autor elaborou tamén a Historia da Literatura Galega, unha aportación central para establecer o noso canon literario. 
Xa no plano lingüístico, sen dúbida, destacou por plantexar unha aproximación ortográfica co portugués, dotando ao galego dun maior valor comunicativo a nivel internacional, integrándoo na Lusofonía. Esta proposta respecto da grafía da lingua é denominada Reintegracionismo.

Convidámosvos a entrar neste mapa sonoro que estivemos a elaborar co alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. A tod@s @s que participastes, foi un pracer traballar con vós e descubrir as artistadas que sodes quen de facer. Obrigadas!!

 

Departamentos de Música e de Xeografía e Historia. Biblioteca Escolar IES Plurilingüe Pedra da Aguia

#CarvalhoCalero2020 #LetrasGalegas2020 #CarvalhoCaleroCamariñas

Materiais ensaios - Unha sombra de min

Este curso para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, estamos preparando un tema musical que realizaremos todo o centro o día 25 de novembro. O tema elixido é Unha sombra de min, da cantantautora galega Ses. 

A canción está algo variada respecto da versión orixinal, co fin de que sexa máis sinxela. Queda aquí a letra e no adxunto o audio da base instrumental, para que poidades practicala na aula e en casa.

 

 

Unha sombra de min. Ses 

Hoxe esquecín o meu mal
hoxe non teño rival
hoxe só pido que quede moita, moita,
moita pista por gastar
E teño o corpo a tremer
e o pulso a todo correr
e o corazón só bombea melodías
que a cabeza fan perder
Hoxe vai ter que espera-a-ar
o que me queira ver morrer

  

En torno a min, en torno a min
Non me interesan as promesas
nen contigo nen sen ti
E agora teño claro que o tren que collín
Non me podía levar a peor lugar
Pero agora baixei e nunca máis serei
Unha sombra de min.

  

Hoxe deixei de sufrir
E non paro de sorrir
Vivo feliz e contenta e a tormenta
que veña se ten que vir
Pero non quero chorar
Nin previr nin lamentar
Nin nada de todo iso que un sorriso
non me queira provocar
Hoxe vai ter que perde-e-er
o que aposte polo rival

  

En torno a min, en torno a min
Non me interesan as promesas
nen contigo nen sen ti
E agora teño claro que o tren que collín
Non me podía levar a peor lugar
Pero agora baixei e nunca máis serei
Unha sombra de min.

  

E teño o corpo a tremer
E o pulso a todo correr
E os pés en revolución
Sen a menor solución
E As pernas queren marchar
E non as podo frear
E o corazón bate a mil
E non son quen de finxir
Que hoxe prefiro pensa-a-ar
Que o mundo xira en torno a min

  

En torno a min, en torno a min
Non me interesan as promesas
nen contigo nen sen ti
E agora teño claro que o tren que collín
Non me podía levar a peor lugar
Pero agora baixei e nunca máis serei
Unha sombra de min.
 

Pero agora baixei e nunca máis serei
Unha sombra de min.

Música en directo

O Trío Sebestik (guitarra clásica, violonchelo e piano) veunos dar o pasado venres unha entretida clase de música. A través da interpretación de pequenos fragmentos de coñecidas pezas, intercalados con explicacións e anécdotas, aprendemos sobre a historia da música europea, as diferentes épocas e estilos, os seus compositores...

Engaiolados coas interpretacións deste trío, saímos do concerto con gañas de escoitar música clásica máis a miúdo... como quedaría poñela de fondo nos corredores?

Distribuir contido


by Dr. Radut